Calendario
Ver carrera

O Pino

20/09/2026 10:00 - 11:20

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control
da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA IDADE
MENORES
Sub 6 Nados/as en 2021 e anteriores
Sub 8 Nados/as en 2019- 2020
Sub 10 Nados/as en 2017 - 2018
Sub 12 Nados/as en 2015 - 2016
Sub 14 Nados/as en 2013- 2014
Sub 16 Nados/as en 2011 – 2012
Sub 18 Nados/as en 2009 - 2010
ADULTOS
Sub 20 Nados/as en 2007 - 2008
Sub 23 Nados/as en 2004 - 2005 - 2006
Senior Nados/as en 2003 ata 1992
Master 1 Nados/as en 1986 ata 1991
Master 2 Nados/as en 1976 ata 1985
Master 3 Nados/as en 1966 ata 1975
Master 4 Nados/as a partir do ano 1965 e
anteriores
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER (M/F) 8000 m aprox. 2 Voltas Grandes
11:00 h SUB 16 e SUB 18 (M/F) 2800 m aprox. 1 Volta Mediana
11:30 h SUB 14 (M/F) 2000 m aprox. 2 Voltas circuito Sub 14
11:45 h SUB 12 (M/F) 1000 m aprox. 1 Volta circuito Sub 12
11:55 h SUB 10 (M/F) 1000 m aprox. 1 Volta circuito Sub 10
12:05 h SUB 8 (M/F) 505 m aprox. 1 Volta pequena + 1 Mini
12:10 h SUB 6 (M/F) 340 m aprox. 1 Volta pequena
12:45 h ENTREGA DE TROFEOS PRAZA DE FORCAREI
A SECRETARÍA E A SAIDA DE TODAS AS PROBAS SERÁ NA PRAZA DE FORCAREI
4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (de sub 6 a sub 18).
Poderán realizarse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, cubrindo os datos
solicitados nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.
› CATEGORIAS DE ADULTOS (de sub 20 a máster).
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. O prezo da
inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal
efecto.
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono
981 511 002 ou 981 291 783 en horario: 10:00 - 14:00 horas de luns a venres.
› INSCRICIÓNS
Admitiranse inscricións ata o mércores 16 de setembro de 2026 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN
INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na PRAZA DE
FORCAREI localizada preto da casa do Concello con prazo límite 30’ antes do inicio de cada
proba.
5. PREMIOS
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes de cada categoría establecida no
presente regulamento agás na categoría sub 6 que non haberá clasificación nin premios.
› Trofeo para a primeira e o primeiro atleta local empadroada/o no Concello das categorías escolares
(de Sub 8 a Sub 18).
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (Sub 20, Sub 23,
Senior e Máster).
› Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen
axudas externas.
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes clasificadas/os empadroados no
Concello do Pino da proba absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros clubs federados femininos e masculinos clasificados na proba absoluta na
súa clasificación final.
› Trofeo para o club e a entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Agasallo técnico, bebida e avituallamento sólido para todas/os as/os participantes na proba de todas
as categorías.
› Medallas para todos os participantes de todas as categorías escolares (de Sub 6 a Sub 12).
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS CORRESPONDENTES ÓS ATLETAS LOCAIS
6. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da competición non
máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente
regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos para probas en ruta da FGA e RFEA en vigor.
7. Haberá servizo de duchas no Polideportivo Municipal de Reboredo e no Campo de Fútbol Municipal.

[ Go Back ]