Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Monterroso
05/09/2026
19:00 - 20:30
[
Go Back
]
Descripción
Artigo 1: Organización:
O Concello de Monterroso y GDR 05 organiza a V Carreira popular Concello de
Monterroso.
A proba terá lugar o vindeiro sábado 05 de setembro de 2026, con saída e meta na rúa
Benigno Vázquez e discorrerá pola contorna da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 2: Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización.
A PREVISION MAXIMA SERA DE 300 PARTICIPANTES
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2020 e posteriores) 18:20 h 100m
PROMOCIÓN (2017-2019) 18:30 h 400m
SUB 12 (2015-2016) 18:30 h 400m
SUB 14 (2013-2014) 18:40 h 800m
SUB 16 (2011-2012) 18:40 h 800m
SUB 18 (2009-2010) 18:40 h 800m
ANDAINA Todas as idades 18:50 h 3.500m
SENIOR 1992-2008 19:00 h 10.000m
VETERÁN A 1976-1991 19:00 h 10.000m
VETERÁN B 1975 e anteriores 19:00 h 10.000m
Artigo 3: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70' despois da saída da mesma.
A inscrición na proba é persoal e intransferible
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización
e os seus colaboradores, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización.
A proba estará controlada por persoal da organización, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non respectar as indicacións dadas pola organización.
Non realizar todo o circuíto da carreira.
Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
Falsificar datos persoais.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase a través do enlace que se poderán atopar nas web https://ccnorte.com/
Os dereitos de inscrición para todas las carreiras serán gratuítos.
A inscrición pecharase o MARTES 1 de setembro ás 23:59 horas.
➤ Non se admitirán inscricións fora de prazo.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán
sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirarse nos días previos a carreira. A data, horario e lugar
comunicarase a través das redes sociais do Concello de Monterroso. O día da proba poderán
recollerse tamén na zona habilitada pola organización ata 45' antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
A entrega de premios será na zona de meta o rematar as probas.
Os premios non son acumulativos
Carreira absoluta PREMIOS
CLASIFICACION FEMININA MASCULINA
1°
2°
3°
150+Trofeo
100+Trofeo
50+Trofeo
150+Trofeo
100+Trofeo
50 +Trofeo
Otras categorias PREMIOS
(Promoción-Sub12-Sub14-Sub16-Sub18)
CLASIFICACION FEMININA
1° Trofeo
2° Trofeo
3° Trofeo
PREMIOS
(Senior-Veteran A-Veteran В)
CLASIFICACION FEMININA
10 Trofeo
2° Trofeo
3° Trofeo
MASCULINA
Trofeo
Trofeo
Trofeo
MASCULINA
Trofeo
Trofeo
Trofeo
Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá
premiacións para esta categoría nin se farán clasificacións.
Na categoría de PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14, SUB 16 e SUB18 darase un agasallo
a todos os participantes.
Trofeo ao e primeiro/a clasificado/a locais da carreira absoluta. Considérase atleta
local o que estea empadroado no concello de Monterroso
Agasallo ao participante máis veterán masculino e feminino
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Baños en zona próxima a saída-chegada.
2. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
3. Vestiarios en zona próxima a meta.
4. Gardarroupa
5. Avituallamento na zona de saída da proba e no km 5 da carreira.
6. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros
sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Andaina
O circuíto da andaina está parcialmente aberto o tráfico polo que os participantes están
obrigados a cumprir estrictamente as normas do código de circulación vixente (Lei de Seguridade
Vial).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
[
Go Back
]