Calendario
Ver carrera

Ares

08/08/2026 12:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción Regulamento
XXXIV Milla Urbana
Concello de Ares:
• A proba denomínase XXXIV Milla Urbana Concello de Ares. E unha proba
oficial da FGA, con distancia non homologada.
• A proba pertenece ao XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.
• Terá lugar o sábado 8 de agosto, dende as 11 horas na Praza da Igrexa e ao
longo do paseo marítimo de Ares. O recorrido e totalmente cha e disponse nun
circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as
distancias de cada unha das categorías que son as que seguen.
• Haberá categorías tanto masculinas como femininas.
• Ata prebenxamíns, incluídos entregarase unha medalla a cada participante e non
existirá clasificación oficial nesas probas correndo todos os participantes co
dorsal número 01.
• Dende benxamíns ata veteráns 4, haberá pódium das probas, con entrega de
medallas aos/ás 1, 2, e 3 clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos
como en femininos.
• Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao
corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.
• As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de
Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do domingo 2 de agosto. Os dorsais
poderán retirarse o xoves 6 e o venres 7 de agosto de 9 a 13 horas na Alianza
Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes do comezo de
cada proba. Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día. O custe da
inscrición é de 3€ a partir da categoría Xunior incluída e ata Master 4. E de balde
no resto das categorías.
• As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo
particular, sin ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos
seguros da proba. A FGA non farase responsable dos danos que estas persoas
poidan causar ou causarse.
• As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente
ao xuíz árbitro, non máis de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os
resultados.
• Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais, competir co dorsal doutras persoas.
• Os atletas con licenza pola FGA, deberán competir ca camiseta oficial do seu
Club.
• Os atletas con licenza federativa, terán que aterse ao Regulamento de Disciplina
Deportiva vixente.
• No restante seguirase a normativa de aplicación no XII Circuíto de Carreiras da
Deputación da Coruña, tanto no tocante ao réxime disciplinario como a o de
premios
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o
regulamento por instancias superiores.
• SERVIZOS: Persoal sanitario, ambulancia, zona hidratación. A proba conta cun
seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os
participantes.
ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
(METROS)
HORARIO
ESTIMADO
*
Prebiberóns 2023 50 ( liña recta ata a
meta)
11.05
Biberóns 2021-22 100 ( liña recta ata a
meta)
11.07
Prebenxamíns 2019-20 250 ( xiro 125m) 11.10
Benxamíns/ sub10 2017-18 500 ( xiro 250m) 11.20
Alevíns/ sub12 2015-16 800 ( xiro 400m) 11.30
Infantís/sub14 2013-14 1000 ( xiro 500m) 11.40
Cadetes/sub16 2011-12 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuvenís/sub18 2009-10 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuniors/sub20 2007-08 1600 ( xiro 800m) 12.00
Promesa/sub23 2004-06 1600 ( xiro 800m) 12.00
Seniors 1992-2003 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 1 1986-1991 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 2 1976-1985 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 3 1966-1975 1600 ( xiro 800m) 12.20
Máster 4 Antes do 1966 1600 ( xiro 800m) 12.30
*O horario definitivo de saída de cada carreira publicarase na web do concello de Ares, así como na info da
proba no portal Carreiras Galegas, unha vez se peche o prazo de inscrición.

[ Go Back ]