Calendario
Ver carrera

Mañón

17/10/2026 10:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA E META de todas as probas:
As probas terán saída e meta desde o Pavillón de Deportes da Praia de Esteiro,
O Barqueiro.Mañón:https://maps.app.goo.gl/MdD1JKko6KHkmsqp7
Artigo 2. Horarios e distancias.
O IV Trail Concello de Mañón 2026 terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
10:00 h Longa 21 km 1200 m + 2003 e anteriores ABSOLUTA 150
10:00 h Curta 15 km 800 m + 2006 e anteriores ABSOLUTA 150
10:20h Minitrail 7km 500 m + 2012 e anteriores
ABSOLUTA E
PROMOCIÓN 15010:25h Sub 14 800 m 2013 e 2014
10:40h Sub 10 e Sub 12 400 m 2017 – 2018 e
2015 - 2016
10:45h Sub 8 50 m 2019 e 2020
10:45h Pequerrechos 50 m 2021 en adiante
Tódolos deportistas deberán pasar por cámara de chamadas ata 10 minutos antes da saída.
ANDAINA (Sábado 24 de Outubro): Proba non competitiva 15 km.saída: 9:30h no Polideportivo de
Esteiro.O Barqueiro.Mañón.https://maps.app.goo.gl/MdD1JKko6KHkmsqp7
Artigo 3. Límite de prazas.
Establécese un límite de prazas máximo de 500 persoas atendendo á capacidade máxima
seguindo os criterios de protección do medio natural.
Non se admitirán inscricións fóra de prazo.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL LONGO 21 km:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO Nados entre 2003 e 1992
MASTER 1 MASC / FMNO Nados/as entre 1991 e 1986
MASTER 2 MASC / FMNO Nados/as entre 1985 e 1976
MASTER 3 MASC / FMNO Nados/as entre 1975 e 1966
MASTER 4 MASC / FMNO Nados/as antes do ano 1966
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL CURTO 15 km:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 23 MASC / FMNO Nados 2004-2005-2006
SENIOR MASC / FMNO De 2003 a 1987
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1986 e 1971
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1970 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA O MINITRAIL 7 km:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2007 – 2008
SUB 18 2009 – 2010
SUB 16 2011 – 2012
SENIOR 2006 e anteriores
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS MENORES RESTO DE CATEGORÍAS
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 14 2013 - 2014
SUB 12 2015 - 2016
SUB 10 2017 -2018
SUB 8 2019 - 2020
PEQUERRECHOS 2021 – en adiante
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
O Trail Concello de Mañón forma parte da Serie Prata da FGA obtendo os participantes de
estas distancias puntos para o seu ranking:
- Trail Longo (21km): Ranking Absoluto e Masters
- Trail Curto (15km): Ranking Sub23
- MiniTrail (7km): Ranking Sub20, Sub18 e Sub16
Artigo 4.2. Para a clasificación e puntuación do Circuíto de Carreiras da Deputación computarán
unicamente as seguintes categorías:
• Trail Longo (21 km): Sénior, Máster 1, Máster 2, Máster 3 e Máster 4, nas categorías masculina e feminina.
• Mini Trail (7 km): Sub 23, Sub 20, Sub 18 e Sub 16.
• Probas de menores: Sub 14, Sub 12 e Sub 10.
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL
RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo
seguro da súa correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro
(licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA:
A partir do martes 1 de xullo a organización fará públicos tódolos tracks oficiais de
competición:
PROBA DISTANCIA DESNIVEL
POSITIVO HORA SAÍDA TEMPO
MÁXIMO
TRAIL LONGO 21 km 1200 m. 10:00h 4h.
TRAIL CURTO 15 km 900 m. 10:00h 3h30min.
MINITRAIL 7 km 500 m. 10:20h 1h30min.

6.1 Os abastecementos serán sostibles segundo a normativa oficial, a asistencia externa non estará
permitida e os participantes deberán respectar as zonas de residuos presentes nos mesmos.
A organización publicará na web oficial de inscricións os puntos kilométricos e disposición dos
abastecementos
Perfil Trail Longo
Perfil Trail Curto
perfil Minitrail 7 km
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com. As inscricións
a campionato realizaranse desde a intranet federativa nos prazos que recolla a circular da
competición. Para ter dereito ós servizos de carreira, postcarreira, sorteos, e otros premios e
obsequios da organización é requisito estar inscrito/a no evento popular.
APERTURA DE INSCRICIONS:
PECHE DE INSCRICIONS: Sábado 10 de Outubro do 2026 ás 23:59 h.
PREZOS DA INSCRICION:
 TRAIL LONGO 21 km: 18 € (15 € antes do 10 de Setembro)
 TRAIL CURTO 15 km: 18 € (15 € antes do 10 de Setembro)
 MINITRAIL 7 km: 18 € (15 € antes do 10 de Setembro)
 MENORES SUB 14, SUB 12, SUB 10, SUB 8 e PEQURRECHOS 0 €
 ANDAINA(SÁBADO 24 DE OUTUBRO)15 € (12 € antes do 10 de Setembro)
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse na saída/meta:Polideportivo da praia de Esteiro,O
Barqueiro.Mañón
Trail:
 Sábado 17 de Outubro: a partir das 08:30 horas e 15 minutos antes do comenzo de cada
proba.
Andaina
 Sábado 24 de Outubro:A partir das 9h e 15 minutos da proba.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:Bolsa do corredor e medallas para os 3
primeiros cllasificados de cada categoría
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios nas instalacións
habilitadas no Pavillón. Calquera ampliación ou modificación do servizo será comunicada
coa suficiente antelación.
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Non está permitida a asistencia externa nin abandonar os mesmos con residuos orgánicos
ou inorgánicos.
Estarán indicados pola organización nos seguintes puntos kilométricos de cada distancia:---
---------------------
ARTIGO 12.- MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido na cámara de chamadas.O uso de
auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descalificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais do
regulamento do Ranking Galego de Trailrunning.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal (todas as distancias)
Manta térmica (21km)
Teléfono móvil operativo(15km e 21km)
Sistema de hidratación (15 e 21km)
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Curtaventos ou chaqueta impermeable
Tubular ou gorra.
Sistema de hidratación mínimo 250ml (só proba longa)
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material
obrigatorio definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da
meteoroloxía prevista ou ampliarse a capacidade mínima dos sistemas de hidratación.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumplir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental garantiza un uso responsable do
medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta distribución de calquera
residuo ou material empregado para a realización do evento.

[ Go Back ]