Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Carixa
06/09/2026
10:00 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
Regulamento da proba Trail da Carixa 2026
O evento estará formado por unha proba Trail individual de 22 km, Trail por relevos de 13
+ 9 km, Trail por parellas 22 km, Trail cadete de 9 km, Andaina de 9 km e Pequetrail de 0.5 a 3
km; rexidas polo seguinte regulamento:
1. As carreiras Trail e Andaina celebraranse o día 6 de setembro de 2026 con
saída e chegada dende a praia fluvial de A Carixa, no Concello de Vila de Cruces
2. Contará con un total de 600 prazas que se repartirán do seguinte xeito entre as
diferentes modalidades:
• Trail individual 22 Km 200 prazas.
• Trail por parellas 22 km 100 prazas
• Trail por relevos 13 + 9 Km 100 prazas.
• Trail cadete 9 Km 50 prazas.
• Andaina 13 km 50 prazas.
• Pequetrail: 100 prazas.
3. Ás probas sobre a distancia de 22 km e un desnivel positivo de 1130 terán xunto
ca Andaina terán a saída as 10:00 horas; mentres que as que o farán sobre un
percorrido de 9 k con un desnivel positivo de 460 m (Trail Cadete) terán a saída
as 11:30 sobre.
4. A carreira Trail individual sobre un percorrido de 22 km poderase facer baixo a
modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser mixtos.
5. A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na
zona de saída e meta entre as 8:00 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais
será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa
distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda
responsabilidade á organización.
6. O Pequetrail: celebrarase o día anterior sábado 5 a partir das 11:00;
• terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
i. esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 500 m,
ii. corzos (de 7 a 9 anos) con un percorrido de 1000 m
iii. xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
• Para a celebración de esta proba precisarase un mínimo de 5 inscritos
en cada categoría.
• Os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no local de
reparto de dorsáis.
• Haberá premios para todos os participantes.
7. Trail Cadete 9 K: sairá as 11:30;
• So poderán participar as persoas debidamente inscritas con idades de
15,16 e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia.
• Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e feminino.
8. Trail 13 + 9 K por relevos: sairá as 10:00;
• So poderán participar as persoas debidamente inscritas con 18 anos de
idade ou mais.
• Os equipos estarán compostos por dúas persoas, nunha única categoría
absoluta, podendo ser estes masculino, feminino ou mixto.
• O primeiro relevista fará o percorrido do primeiro tramo 13 k e o segundo
de 9 k no segundo tramo.
• Haberá premio para os tres primeiros clasificados da categoría
masculina, feminina e mixta.
9. Trail 22 k por parellas: sairá as 10:00;
• So poderán participar as persoas debidamente inscritas con 18 anos de
idade ou mais.
• Os equipos estarán compostos por dúas persoas, nunha única categoría
absoluta, podendo ser estes masculino, feminino ou mixto.
• Ámbolos dous compoñentes da parella deberán correr xuntos e a
separación máxima non poderá ser superior a un minuto a o paso por os
diferentes controis que a organización dispoña a longo do percorrido.
• Haberá premio para os tres primeiros clasificados da categoría
masculina, feminina e mixta.
10. CATEGORÍAS: os participantes estarán divididos nas categorías e sub categorías
seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Absoluta.
• Categoría Cadete: 15,16, e 17 anos, é dicir que non
cumpra os 18 anos o ano de referencia.
• Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non
cumpra os 21 anos o ano de referencia.
• Categoría Absoluta: a partir dos 21 anos cumpridos o
ano de referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B
• Sub categoría Veterana A:
o Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir que
non cumpra os 50 anos o ano de referencia.
• Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina de 50 a 59 é dicir que non
cumpra os 60 anos o ano de referencia.
• Sub categoría Veterana C:
o Masculina e feminina a partir dos 60 anos
cumpridos no ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e
sub categorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da
competición.
11. INSCRICIÓNS: Serán a través da páxina ccnorte.com estarán abertas dende o
día 08 de maio ata o 01 de setembro.
O custo das diferentes probas será o seguinte:
1º Trail individual 22 k................. 22 €
A partir do 15 de agosto 25 €
2º Trail por parellas 22 k............. 44 €
A partir do 15 de agosto 50 €
3º Trail por relevos 13 + 9 k........ 38 €
A partir do 15 de agosto 42 €
4º Andaina.................................. 18 €
A partir do 15 de agosto 20 €
5º Trail cadete 9 k......................... 0 €
6º Pequetrail ................................ 0 €
Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de
responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos e cantos obsequios ou
regalos consiga a organización..
Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá
posibilidade de anulación. Pasado o día da proba, non se terán en conta as
reclamacións de bolsas do corredor non recollidas (sin unha comunicación ou
xustificación expresa), nin regalo, trofeo ou obsequio algún
12. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de
plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis
establecidos.
13. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control
máis próximo e facer entrega do dorsal.
14. AVITUALLAMENTOS: A proba contaría con un total de 5 avituallamentos os
cales quedarían distribuídos da seguinte mineira:
1. Fontao km 5 (Líquido).
2. Carboeiro de Francia km 10 (Sólido e líquido)
3. Praia fluvial da Carixa 14 (líquido e sólido).
4. Mirador da Catarata do Toxa km 18 (líquido).
5. Praia fluvial da Carixa 22 (líquido e sólido).
A fin de ser meticulosos no respecto co medio ambiente e baixo a premisa de
reducir a o máximo os residuos que se poidan xerar, nos avituallamentos non se
dispensarán vasos a os participantes.
15. TEMPOS DE CORTE: Co fin de cumprir cos horarios establecidos pola
organización para o evento fixarase un tempo de corte en dous dos puntos do
recorrido para a proba de Trail individual e por relevos:
• Primeiro paso pola Praia Fluvial da Carixa km 13 ás 12:15.
16. PREMIOS:
• TRAIL Individual 22 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas
categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de cada
categoría, atendendo as categorías propias da carreira.
• TRAIL por relevos 13 + 9 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral
masculina, feminina e mixta.
• TRAIL por parellas 22 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral
masculina, feminina e mixta.
• TRAIL Cadete 9 k:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación nas
categorías masculina e feminina.
• ANDAINA:
Será de carácter non competitiva, e non haberá premios.
• EQUIPO MÁIS NUMEROSO:
A organización premiará con un agasallo especial ao equipo máis numeroso que
participe nas diferentes probas do Trail. Debidamente xustificado na plataforma
de inscripcións.
17. A aceptación do presente regulamento, implica obrigatoriamente que o
participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa
participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada
a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede
tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria que a
organización considere oportuno executar.
18. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente
regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a
contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou
desatenda as indicacións da organización.
19. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da
proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
20. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen
axuda así como a informar de calquera incidente nos controles de paso.
21. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as
participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos
cruzamentos coas estradas.
22. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes,
seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
23. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia,
así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran
á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo
o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da
Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de
Montaña e Escalada (FEDME).
24. 23. En caso de non comparecencia de algún dos integrantes do podium, durante
a celebración da entrega de premios, perderase a posibilidade de reclamar dito
trofeo/agasallo, e a organización gárdase a posibilidade de poder chamar o
seguinte corredor en entrar en liña de mete segundo o listaxe proporcionado polo
cronometraxe.
[
Go Back
]