Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Rinlo -Ribadeo
22/08/2026
21:45 - 23:15
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO DA PROBA
- A carreira está organizada polo Club Atletismo Ribadeo.
- Poderán participar na proba absoluta todas aqueles/as que o desexen sempre que teñan 16 anos o
máis.
- Establecese un límite de 700 participantes na suma de tóda-las categorías.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda.
A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañad@s.
- Será obrigatorio o uso do dorsal que deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel, collido polas 4 esquinas, con calquer medio
de suxeción. O dorsal será de uso exclusivo polo seu propietario/a e totalmente intransferible. Os
corredores/as que o fagan sen dorsal ou sen o dorsal que lles corresponda pola inscrición farano
baixo a súa responsabilidade e serán descualificados/as.
A Organización reservase o dereito a tomar as medidas oportunas, de conformidade con a lexislación
que resulte aplicable neste senso e iniciaranse as accións civiles, penales ou administrativas que
corresponda, para esixir a responsabilidade do infractor/a.
Todos/as os corredores que comentan irregularidades con respecto ao REGULAMENTO da proba,
serán identificados/as como “ corredores infractores”, apuntados, identificados e expulsados polo
persoal de seguridade ( voluntarios/as) no exercicio das súas facultades atribuidas para tal efecto,
obtendo dos mesmos, os datos de identificación, fotografías, etc., que serán utilizados con o fín de
emprender accións legais que correspondan, mesmo no caso de que se teña coñecemento das
infracións con posterioridade á celebración da proba deportiva.
- O circuíto será controlado pero non pechado ó tráfico polo que se prega aos participantes tomar as
debidas precaucións.
- En todas as probas, dende benxamín a absoluta, será obrigatorio a utilización do chip de
cronometraxe fornecido pola organización e de frontal-linterna para as probas que se requira.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome como da
súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación
leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- Na carreira absoluta será obrigatorio o uso de frontal de luz, propio ou o entregado pola
Organización, que o atleta dederá escolher entre o fronta ( sen pilas) ou outro agasallo no intre da
inscrición e aconsellable o uso de reflectores. A non observancia desta norma implicará a
descualificación d@s infractores/as.
- Na carreira Infantil e Cadete será obrigatorio o uso de frontal propio ou o entregado pola
Organización.
- A entrada en meta pecharase ás 23:00. Todo atleta que non entrase en meta a esa hora deberá
abandonar o circuíto e se decide continuar farao baixo a súa responsabilidade.
- Nas probas de menores será obrigatorio cubrir o modelo de autorización polos titores legais dos
mesmos.
- Disporase de servizo de autobús para desprazar aos atletas dende a Vila de Ribadeo (Meta) ate a
Vila de Rinlo (Saída), debendo ter que anotarse, todo o que desexe utilizalo, no momento da
inscrición. A derradeira viaxe do bús estará estrictamente reservada para as categorias Infantil e
Cadete. Os horarios e punto de partida publicarase na páxina de facebook do club
(www.facebook.com/clubatletismoribadeo) e cumplirase estrictamente o horario publicado.
- Calquera outra información de interese, posibles modificacións, etc., publicarase na páxina de
facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
contemplada ou non neste regulamento.
CARREIRAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 20:00 no entorno do Parque de San Francisco e a Casa do Concello.
(zona do Cantón), agás as categorías Infantil e Cadete, sendo a súa saída no Faro de Illa Pancha, ás
21.30h.
As categorías, distancias e horarios son os seguintes:
Categoría de Pitufos: 2021 e posteriores 60 metros 20:00
Categoría de Prebenxamín: 2019/2020 150 metros 20:05
Categoría de Benxamín: 2018/2017 300 metros 20:15
Categoría de Alevín: 2016/2015 600 metros 20:25
Categoría Infantil: 2014/2013 2.500 metros 21:30
Categoría Cadete: 2012/2011 2.500 metros 21:30
HAI QUE ESTAR OBRIGATORIAMENTE NA LIÑA DE SAÍDA DE CADA PROBA 10 MIN. ANTES.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputarase as 21:45 e a saída será na Vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da Vila de
Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23:00 e un percorrido dúns 9 kms. (Aprox.).
As categorías, tanto no apartado masculino como feminino, son as seguintes:
Xuvenil: 2010/2008
Junior: 2007/2004
Senior: 2003/1992
Veteranos/as A: 1991/1982
Veteranos/as B: 1981/1972
Veteranos/as C: 1971/1962
Veteranos/as D: 1961 e anteriores.
Handbike: 2010 e anteriores
HAI QUE ESTAR OBRIGATORIAMENTE NA LIÑA DE SAÍDA 10 MIN. ANTES.
INSCRICIÓN:
Categoría de menores: as inscripcións faranse na seguinte web www.championchipnorte.com .
A categoría de Pitufo e Prebenxamín a inscrición será de balde.
As categorias Benxamín e Alevín terán un custe de 3 € dende o inicio da inscrición ate o 28 de Xuño
do 2026. Do 29 de Xuño ate o 31 de xulho, será de 5€. Do 01 de Agosto ao 19 de Agosto 2025, ás
23:59h., será de 8€.
As categorias Infantil e Cadete terán un custe de 5€ dende o inicio da inscrición ate o 28 de Xuño de
2026 e dende o 29 de Xunho ate o 19 de agosto do 2026, ás 23:59h., será de 8€. En éstas
categorias será obrigatorio o uso de frontal de luz e terán dereito ao frontal entregado pola
Organización.
IMPORTANTE: Os corredores/as que aluguen o CHIP terán 1€ de aluguer.
Baixo ningumha circunstancia se farán inscricións fora de prazo.
Carreira Absoluta: As inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com .
A inscrición na Carreira Absoluta terá un custe de 10,00 € dende o inicio da inscrición ate o 28 de
Xuño do 2026. Do 29 de Xuño ate o 31 de xulho do 2026, será de 15€ . Do 01 de Agosto até o 19 de
Agosto 2026, ás 23:59h., será de 20,00€.
IMPORTANTE: Os corredores/as que aluguen o CHIP terán 1€ de aluguer
Baixo ningumha circunstancia se farán inscricións fora de prazo.
TODAS AS INSCRICIÓNS PECHARANSE O DÍA 19 DE AGOSTO DE 2026 ÁS 23:59 h.
PREMIOS:
Categoría de menores.
Na categoría de Pitufos e Prebenxamín recibirán umha medalla todo-los participantes.
Na categoría de Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete recibirán medalla ou trofeo os tres primeiros de
cada categoría tanto en femenino como en masculino.
Carreira Absoluta.
Terán premios (trofeo ou medalla):
- Os tres primeir@s absolutos tanto masculino como femenino.
- Os tres primeir@s de cada categoría tanto masculino como femenino.
- Os tres Primeir@s Ribadenses (terán que levar como mínimo 5 anos censados no concello de
Ribadeo). Será obrigatorio aportar DNI e certificado de empadroamento onde se acredite tal
circunstancia á hora de recibir o premio. En caso contrario non se terá dereito ao Premio.
- As tres Primeiras Ribadenses (terán que levar como mínimo 5 anos censada no concello de
Ribadeo). Será obrigatorio aportar DNI e certificado de empadroamento onde se acredite tal
circunstancia á hora de recibir o premio. En caso contrario non se terá dereito ao Premio.
- Tres primeiros equipos de clubs rexistrados como tal, no rexistro de “ entidades deportivas”, que
estarán formados como mínimo por cinco atletas, tendo que ser dous atletas de distinto sexo (
equipo mixto ). Para a clasificación contarán os tres mellores tempos obtidos.
- IMPORTANTE: Tódolos agasallos cedidos polos patrocinadores serán para as categorías que
decidan a Organización atendendo aos intereses dos propios patrocinadores.
PERCORRIDO
A carreira absoluta terá un percorrido duns 9 kms. aproximadamente. A saída terá lugar no Porto da
Vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno á costa ata a Vila de Ribadeo, pasando antes pola Illa
Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola Avenida Calvo Sotelo, Rúa Rodríguez Murias e Vilafranca
do Bierzo, rematando diante da Casa do Concello.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na tenda de deportes DOCOBO
( ATMÓSFERA SPORT), situada na rúa Virxen do Camiño, 6, en horario de 10:00h.- 13:00h. e de
16:00h.- 19:00h.
Baixo ningumha circunstancia se entregarán DORSAIS fora dos horarios mencionados.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA.
As duchas serán nos pavillóns deportivos do Concello de Ribadeo, do que se dará toda a información
no facebook do club.
Na carreira absoluta agasallarase aos inscritos/as cumha camiseta conmemorativa da carreira e un
frontal de luz( sen pilas ) ou outro agasllo a escoller no intre da inscrición xunto a umha bolsa do
corredor/a con diversos agasallos. Para as Categorias Pitufos, Prebenxamín, Benxamín e Alevín
recibirán a bolsa do corredor/a con diversos agasallos. As categorias Infantil e Cadete recibirán a
bolsa do corredor/a con diversos agasallos máis o frontal de luz.
Haberá avituallamento líquido na metade do recorrido da proba Absoluta. Todos @s atletas que
rematen a proba terán avituallamento líquido e sólido.
Haberá agasalhos dos Patrocinadores na Premiación das diferentes categorias da proba absoluta.
O agasalho da camiseta oficial e frontal ( sen pilas) ou outro agasalhado escollido dentro das dúas
opcións, entregaranse até final de existencias e non se garantizan para os/as inscritos/as que o fagan
despois do 31 de Xullo de 2026.
A VIII CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO 2026 conta con un Seguro de Accidentes e de
Responsabilidade Civil.
MOI IMPORTANTE: NON SE ADMITEN TROCOS DE TALLA E NON SE ENTREGARÁN DORSAIS
FORA DOS PRAZOS DE INSCRICIÓN PUBLICADOS.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS.
Os resultados da carreira estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com .
Ao tratarse dunha proba deportiva popular sen ánimo de lucro a organización non se fará
responsable dos danos físicos, morais e de calquera índole que poidan sufrir os seus
participantes e os seus acompañante e non admitirán reclamacións.
TODO CORREDOR/A DEBE COÑOCER, RESPETAR E CUMPRIR O REGULAMENTO DA
PROBA, COMO ASÍ MESMO AS NORMAS DE CIRCULACIÓN Á HORA DE CRUCES OU
TRÁNSITO POR ESTRADA.
A INSCRICIÓN IMPLICA A ACEPTACIÓN DE ESTE REGULAMENTO.
[
Go Back
]