Calendario
Ver carrera

Monte Comado

19/07/2026 11:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
1/2 KM VERTICAL - TRAIL INFANTIL MONTE COMADO 2026
__________________________________________
1- EDICIÓN:
• 1/2 Vertical: Duodécima
2- ORGANIZA:
Asociación cultural e deportiva Praias de Comado e Concello de Barreiros
COLABORAN:
Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia
Agrupación Protección Civil de Barreiros
2-CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
Vertical:
- Senior: Persoas nacidas dende 2010 a 1987, ambos anos incluídos.
- Veterana/o: Persoas nacidas dende 1986 a 1971, ambos anos incluídos.
. Veterana/o +:Persoas nacidas antes de 1971.
Trail infantil:
- Iniciación: Persoas nacidas nos anos 2019 e posteriores - Categoría non competitiva
- Sub-10: Persoas nacidas nos anos 2018 a 2017
- Sub-12: Persoas nacidas nos anos 2016 a 2015
- Sub-14: Persoas nacidas nos anos 2014 a 2013
- Sub-16: Persoas nacidas nos anos 2012 a 2011
3-LUGAR E DATA
Domingo 19 de xullo: 1/2 km Vertical + Trail infantil
1/2 km Vertical:
➢ Saída dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante - Barreiros - Lugo) ás 11:30h. Existirá servizo
de portamochilas da saída ata a meta. Recoméndase mandar unha mochila con roupa para abrigarse ao
remate da carreira, xa que a diferenza de temperatura pode ser notable.
Os corredores retornarán á saída polos seus propios medios, organizaranse grupos para a baixada e
estará sinalizada.
➢ A meta estará situada no cumio do Monte Comado en Reinante-Barreiros-Lugo.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora antes na zona de saída ( praia de Arealonga),
ata media hora antes da saída.
Trail infantil:
➢ As carreiras infantís terán lugar no entorno de A Roda ( subindo dende as escolas de Reinante), a partir
das 10:30h. O traslado ata a zona de carreira será por conta das persoas interesadas.
Distancias:
- Iniciación: Persoas nacidas nos anos 2019 e posteriores. 40 m
- Sub-10: Persoas nacidas nos anos 2018 a 2017. 220 m
- Sub-12: Persoas nacidas nos anos 2016 a 2015. 410 m
- Sub-14: Persoas nacidas nos anos 2014 a 2013. 630 m
- Sub-16: Persoas nacidas nos anos 2012 a 2011. 1530 m
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora antes na zona de saída (entorno de A Roda,
subindo dende as escolas de Reinante).
Peche de control:
Vertical: 13:00 horas en meta.
4-PERCORRIDO
1/2km Vertical:
➢ Saída dende a mesma praia de Arealonga, a nivel de mar, en Santiago de Reinante.
➢ Percorreranse varias estradas e camiños da localidade de Reinante, atravesando a rasa costeira ata
chegar á Estrada Nacional 634, a cal se atravesará (con control da Guardia Civil de Tráfico) á altura do
PK 563,700. Posteriormente, xa nas faldas do monte Comado, o percorrido continuará por un camiño de
montaña cara o cumio do mesmo.
➢ Distancia total: 3.800m. aproximadamente, salvando un desnivel de 490m. positivos.
Segmento vertical:
Haberá unha clasificación dun novo segmento, O km do medio km, que sería o último km da proba.
5-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que o desexen e por razón de idade teñan cabida nas categorías que se
establecen. Limitado a 200 persoas na categoría absoluta.
6- CRONOMETRAXE
Adultos e menores con chip a través da empresa Championchipnorte. https://ccnorte.com/
7- PREMIOS
Haberá premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como masculina,
excepto as categorías non competitivas.
Haberá tamén podio absoluto feminino e masculino.
Asemesmo haberá un premio especial ós primeiros do novo segmento O km do medio km Vertical,
para optar a premio terían que estar clasificados entre os 15 primeiros, tanto masculino como
feminina.
Entrega de premios Vertical e trail infantil: 13:30 h na zona das escolas de Reinante
8-INSCRICIÓN
➢ Esta carreira está incluida no circuito maiskmbarreiros 2026
Proba do circuito : ½ km vertical 19 de xullo
➢ A inscrición realizarase a través das páxinas:

https://maiskmsbarreiros.gal/
https://ccnorte.com/
➢ Prazo: estará aberto ata o 16 de xullo de 2026 ás 23:59h.
➢ Coste da participación:
Vertical:
- 6 € ata o 14/06/2026
- 10 € dende 15/06/2026 ata o 16/07/2026.
- 15 € o día da proba. (só se quedan dorsais)
Os que son propietarios de chip amarelo terán que competir con él o día da proba.
Trail infantil: De balde. Ata o 16/07/2025.
Os que son propietarios de chip amarelo terán que competir con él o día da proba.
➢ Dorsal: Cada persoa participante disporá dun dorsal con número para a súa identificación.
➢ Aceptación das bases: a inscrición en calquera das probas anteriores supón a aceptación deste
regulamento por parte das persoas participantes, así como a publicación tanto do nome e apelidos como
da súa imaxe, ben nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e internet, ou en calquera
outro medio que a organización estime oportuno para a publicidade desta proba. O descoñecemento
deste regulamento non exime do seu cumprimento.
9- SINALIZACIÓN
O percorrido estará debidamente balizado. Do mesmo xeito, en diferentes puntos haberá persoal de axuda así
como persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tanto a disposición das persoas participantes
como exercendo tarefas de control de seguridade no percorrido. Aínda tendo en conta a sinalización,
recoméndase que as persoas participantes extremen as precaucións, especialmente en pistas asfaltadas, ante a
posibilidade de que algún vehículo faga caso omiso dos controis da proba.
10-DEPORTIVIDADE
Toda persoa participante debe prestar axuda a outra participante e/ou voluntaria accidentada e comunicalo no
punto de control máis próximo ou a calquera outra persoa da organización. Igualmente, deberán acatarse as
normas establecidas pola organización e as recomendacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
11-OUTROS
➢ A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou económicos, tanto dos
participantes como dos acompañantes, derivados da participación nesta proba.
➢ A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha actitude antideportiva
ou que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
➢ A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil
e servizos de protección civil.
➢ Servizo de duchas no pavillón deportivo do Concello de Barreiros en San Cosme de Barrerios.

[ Go Back ]