Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Arteixo
01/11/2026
9:00 - 14:45
[
Go Back
]
Descripción
1. TIPO DE PROBAS
O XII Trail Concello de Arteixo ofrece tres modalidades competitivas adaptadas a diferentes niveis de
experiencia:
Modalidade Distancia Desnivel + Hora saída Dificultade
Trail Longo 28 km ~1.900 m 09:00 h Alta / Alta
Trail Curto 16 km ~970 m 10:00 h Media / Media
Trail Mini 11,5 km ~530 m 10:15 h Media-Baixa
⚠ Non haberá vasos de plástico nos avituallamentos. Cada participante deberá portar un vaso portátil ou
sistema de hidratación propio.
1.1 Trail Longo – 28 km
Desnivel acumulado: ±3.800 m (≈1.900 m positivos) · Dificultade física e técnica: alta
Avituallamentos (líquido + sólido):
Km 6,3 – Val de Loureda
Km 13,8 – Boedo
Km 18,3 – Val de Loureda (volta)
Na meta
Material obrigatorio:
Teléfono móbil con batería suficiente
Sistema de hidratación de polo menos 500 cc
Roupa e calzado adecuados á meteoroloxía
Manta térmica de emerxencia
Silbato
⚠ O material obrigatorio poderá ampliarse en función das condicións climatolóxicas do día.
Puntos de corte:
Punt
o
Lugar Tempo límite dende saída Opcións
A Km 4,2 – Desvío Trailiño 1 h 00 min Retirada ou continuar por
percorrido Trailiño
B
Km 6,3 – Avit. 1 – Val de
Loureda 1 h 20 min Retirada ou continuar polo
percorrido Curto
C Km 13,8 – Avit. 2 – Boedo 2 h 55 min Retirada de dorsal
D
Km 18,3 – Avit. 3 – Val de
Loureda (volta) 3 h 50 min Retirada de dorsal
MET
A
Chegada – Meta 5 h 45 min Tempo máximo de carreira
XII Trail Concello de Arteixo 2026 · Páxina 2 de 8
1.2 Trail Curto – 16 km
Desnivel acumulado: ±1.940 m (≈970 m positivos) · Dificultade física e técnica: media
Avituallamentos (líquido + sólido):
Km 6,3 – Val de Loureda
Km 11,5 – Foxo
Na meta
Material obrigatorio:
Teléfono móbil con batería suficiente
Sistema de hidratación
Roupa e calzado adecuados á meteoroloxía
Manta térmica de emerxencia
Silbato
⚠ O material obrigatorio poderá ampliarse en función das condicións climatolóxicas do día.
Puntos de corte:
Punt
o
Lugar Tempo límite dende saída Opcións
A Km 4,2 – Desvío Trailiño 55 min – 1 h 00 min Retirada ou continuar por
percorrido Trailiño
B
Km 6,3 – Avit. 1 – Val de
Loureda 1 h 25 min – 1 h 30 min Retirada de dorsal
MET
A
Chegada – Meta 3 h 30 min Tempo máximo de carreira
1.3 Trail Mini – 11,5 km
Desnivel acumulado: ±1.060 m (≈530 m positivos) · Dificultade física e técnica: media-baixa
Tempo máximo de carreira: 2 h 30 min
Avituallamento (líquido + sólido):
Km 7
Na meta
Material obrigatorio:
Teléfono móbil con batería suficiente
Sistema de hidratación
Roupa e calzado adecuados á meteoroloxía
Manta térmica de emerxencia
Silbato
⚠ O material obrigatorio poderá ampliarse en función das condicións climatolóxicas do día.
XII Trail Concello de Arteixo 2026 · Páxina 3 de 8
1.4 Tramo Especial Cronometrado Marathon Running Shop. Ascenso Santa
Leocadia
O Trail Longo e o Trail Curto inclúen un tramo especial cronometrado patrocinado por Marathon Running
Shop. No Trail Longo sitúase entre o Km 18,3 e o Km 19,3 (aprox. 1 km); no Trail Curto, entre o Km 6,3 e o
Km 7,3 (1 km).
Outorgarase un premio ao corredor e á corredora con mellor tempo neste tramo.
2. PROGRAMA
Domingo, 1 de novembro de 2026
Hora Actividade
08:15 Apertura da dirección de carreira e inicio da entrega de dorsais (Praza cuberta das
festas)
08:40 Apertura da cámara de chamadas e control de material – Trail Longo
09:00 SAÍDA – Trail Longo
09:30 Apertura da cámara de chamadas e control de material – Trail Curto
10:00 SAÍDA – Trail Curto
10:05 Apertura da cámara de chamadas – Trail Mini
10:15 SAÍDA – Trail Mini
11:05 Chegada prevista dos primeiros corredores
13:45 Apertura de recollida de comida
14:30 Entrega de trofeos
14:45 Peche de meta
3. PARTICIPACIÓN E DECLARACIÓN DE SAÚDE
3.1 Como participante, son consciente de que este tipo de actividades, ao desenvolverse no medio natural
en lugares de difícil control e acceso, comportan riscos adicionais. Asisto voluntariamente e por iniciativa
propia, asumindo íntegramente os riscos e consecuencias derivados da miña participación.
3.2 Declaro que dispoño de capacidade física, destreza técnica e recursos de supervivencia suficientes
para garantir a miña seguridade nas condicións en que se desenvolve a proba. Comprométome a portar o
material obrigatorio exixido pola organización durante toda a proba, a cumprir as normas e protocolos de
seguridade establecidos e a seguir as instrucións dos responsables da organización.
3.3 Participo voluntariamente e baixo a miña exclusiva responsabilidade. En consecuencia, exonero de
calquera responsabilidade á organización, colaboradores e patrocinadores por calquera dano físico ou
material, e renuncia expresamente a presentar denuncia ou demanda contra eles.
3.4 Comprométome a respectar as seguintes pautas de seguridade e coidado do medio ambiente:
Transitar con prudencia por pistas e estradas abertas ao tráfico.
XII Trail Concello de Arteixo 2026 · Páxina 4 de 8
Non circular fóra do percorrido sinalizado para a proba.
Non deteriorar os recursos naturais, xeolóxicos, culturais nin a paisaxe.
Non verter nin abandonar obxectos ou residuos fóra dos lugares habilitados para a súa recollida.
⚠ A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do
presente Regulamento.
3.5 O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva, pintura, carteis
indicadores ou outros elementos de sinalización. É responsabilidade de cada participante localizar a
sinalización e seguila. Es recomendable llevar el track de la prueba en el telefono o reloj
3.6 Aínda que o percorrido discorre case integramente por pistas forestais e sendeiros, nalgúns tramos
pode cruzar ou transitar brevemente por estradas. Estes tramos non estarán cortados ao tráfico rodado,
polo que os participantes deberán respectar as normas de circulación e as indicacións da organización.
3.7 A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido e, incluso,
suspender a proba se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan. En caso de suspensión por aviso
climatolóxico ou por outras causas alleas á organización, devolverase unha parte proporcional da
inscrición axustada ao momento da cancelación.
4. INSCRICIÓN E DORSAIS
4.1 Requisitos de participación:
Trail Longo: idade mínima de 18 anos cumpridos o día da proba.
Trail Curto: idade mínima de 16 anos cumpridos, con autorización asinada polo pai/nai ou titor legal.
Trail Mini: aberto a maiores de 16 anos. Os menores de 16 anos deberán contactar previamente
coa organización.
O límite de prazas é de 100 para o Trail Longo, 250 para o Trail Curto, 100 para o Trail Mini e 25 para a
categoría Cadete. Unha vez esgotadas as prazas, non se admitirán máis inscricións. A organización
resérvase o dereito de cancelar a proba se o número de participantes non garante a súa viabilidade
económica.
4.2 Prezos e prazos de inscrición:
As inscricións están abertas desde o 14 de xullo a través de ccnorte.com, cubrindo o formulario habilitado
e realizando o pagamento correspondente.
Modalidade Ata o 6 de outubro Ata o 26 de outubro
Trail Longo (máx. 100
participantes) 29 € 35 €
Trail Curto (máx. 200
participantes) 24 € 30 €
Trail Mini (máx. 100
participantes) 20 € 25 €
Pincho e bebida acompañante 10 € 10 €
Gorras. A los 10 primeiros inscritos se les agasallará cunha gorra co logotipo da carreira e se poñerán á
venda na páxina de ccnorte 50 unidades o precio de 5 € cada una
XII Trail Concello de Arteixo 2026 · Páxina 5 de 8
4.3 A inscrición inclúe:
Dorsal con chip de cronometraxe
Seguro de accidentes
Asistencia médica en carreira
Agasallo conmemorativo
Avituallamentos en percorrido e meta
Pinchos post-carreira
Devolucións:
Unicamente se tramitará a devolución do importe en caso de lesión ou enfermidade debidamente
xustificada, mediante certificado médico enviado ao seguinte enderezo electrónico:
running@adjarnachas.com
⚠ A inscrición é persoal e intransferible. Baixo ningún concepto poderá ser utilizada por outra persoa. A
inscrición supón a aceptación íntegra deste Regulamento.
Recollida de dorsais:
O día anterior á carreira: Marathon Running Shop (ver ubicación no sitio web).
O mesmo día da carreira: a partir das 08:15 h na zona de saída e meta.
5. CATEGORÍAS E PREMIOS
Estableceranse as seguintes categorías, tanto en rama masculina como feminina:
Absoluta (sen límite de idade superior)
Veteranos/as (45 anos ou máis cumpridos no ano da proba)
Para que exista categoría propia na carreira será necesario un mínimo de 4 participantes inscritos en dita
categoría.
Premios por categoría: Outorgaranse premios ao primeiro, segundo e terceiro clasificado e á primeira,
segunda e terceira clasificada en cada categoría e en cada distancia
???? Premio Tramo Especial Cronometrado – Marathon Running Shop: Outorgarase un premio ao
corredor e á corredora con mellor tempo no tramo especial cronometrado patrocinado por Marathon
Running Shop, situado entre o Km 6,3 e o Km 7,3 no Trail Curto e entre o Km 18,3 e o Km 19,3 (aprox.) no
Trail Longo, cunha distancia de 1 km en ambos os casos.
sos.
6. MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
Serán motivo de descalificación as seguintes condutas:
Non pasar por algún dos puntos de control establecidos.
Non completar o percorrido íntegro.
Non respectar o itinerario balizando ou a sinalización do percorrido.
Chegar á meta sen portar o dorsal.
Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera tipo de residuo) fóra das zonas de avituallamento e
control.
Non prestar auxilio a outro corredor que o precise.
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
XII Trail Concello de Arteixo 2026 · Páxina 6 de 8
7. RETIRADA E ABANDONOS
7.1
Calquera corredor pode retirarse da proba en calquera momento, debendo avisar ao control máis próximo
ou ao persoal da organización e entregar o dorsal. Se por accidente ou lesión o corredor quedase
inmobilizado e non puidese chegar a un punto de control, deberá avisar ao corredor máis próximo ou
esperar ao vehículo "escoba". Existirá un número de teléfono de emerxencias dispoñible para todos os
participantes.
7.2
A organización poderá retirar da carreira, baixo o seu propio criterio, a calquera participante que presente
problemas físicos evidentes (vómitos, desorientación, desmaio, etc.) que poñan en perigo a súa saúde ou
que vexan minguadas as súas capacidades para continuar con seguridade.
7.3
Os participantes están obrigados a prestar auxilio a calquera corredor accidentado ou que o requira, e a
dar aviso á organización de inmediato.
⚠ * Con independencia dos puntos de corte establecidos, os vehículos escoba e o persoal da
organización están facultados para retirar a calquera corredor da proba en calquera momento e punto do
percorrido, por razóns de saúde, comportamento indebido ou necesidades organizativas. A súa decisión
será inapelable, recollerase o número de dorsal do corredor afectado e comunicarase á empresa de
cronometraxe, quedando oficialmente fóra de carreira. Se o corredor decidise continuar o percorrido tras
a retirada, farao exclusivamente baixo a súa conta e risco, sen cobertura do seguro nin asistencia da
organización.
9. DUCHAS
As duchas estarán dispoñibles no campo de fútbol de Arteixo ou no Pavillón Municipal, a
aproximadamente 400 metros da liña de saída/meta e zona de pinchos. A organización confirmará a
localización concreta nos días previos á proba.
[
Go Back
]