Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
A Estrada
20/06/2026
23:00 - 24:20
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO XIII ESTRANOITE 2026
O Concello da Estrada, en colaboración co Atletismo A Estrada, organizan o sábado
día 20 de Xuño de 2026 a carreira popular XIII ESTRANOITE.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas
patronais de San Paio 2026 nun circuíto urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta
terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes dúas voltas o mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos
pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A
organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de
Xuíces da FGA.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes
categorías:
PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2022 e posteriores.*
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2019, 2020 e 2021.*
BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2017 e 2018.
ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2015 e 2016.
INFANTIL/SUB 14 Atletas nados/as nos anos 2013 e 2014.
CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2011 e 2012.
XUVENIL/SUB 18: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
JUNIOR/SUB 20: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
PROMESA/SUB 23 Atletas nados/as nos anos 2004, 2005 e 2006.
SENIOR: Atletas nados/as dende 1991 ata 2003.
MASTER A: Atletas nados/as dende 1980 ata 1990.
MASTER B: Atletas nados/as dende 1979 e anteriores.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas, non habendo clasificacións.
2. HORARIOS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
21:00 h PITUFOS 80 m
21:10 h PREBENXAMÍN 200 m
21:20 h BENXAMÍN/SUB 10 400 m (1 volta circuíto A)
21:45 h ALEVÍN/SUB 12 800 m (2 volta circuíto A)
22:00 h INFANTIL/SUB 14 900 m (1 volta circuíto
22:20 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES
22:40 h CADETE/SUB 16 1.300 m (1 volta A+1 volta
23:00 h XUVENIL/SUB 18
JUNIOR/SUB 20
4.000 m (1 volta circuíto C)
PROMESA/SUB 23
SENIOR
MASTER
8.000 m (2 voltas circuíto C)
0:15 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA
3.- PERCORRIDOS:
A carreira realizarase pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido, agás as
zonas peonís sinalizadas como circuíto.
Está prohibido usar como zonas de carreira as beirarrúas, glorietas, áreas
axardinadas, e todo o que exceda os límites do circuíto sinalizado. Incumprir esta norma,
así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas
infractoras.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
CIRCUITO A
CIRCUITO B
CIRCUITO C
4. INSCRICIÓNS:
A única vía para formalizar á inscrición realizarase a través da pasarela de pago
inserida na páxina web www.emesports.es. Esta web estará operativa dende a
publicación deste regulamento ata as 23.59 horas do mércores 17 de Xuño de 2026.
Unha vez dentro da páxina, seguir as instrucións para formalizar as inscricións que
se desexen, onde deberán indicar os datos da inscrición solicitados.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo.
Non se aceptarán inscricións con datos incompletos ou sen todos os datos
obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 600 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os
teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes@aestrada. gal
* ADULTOS: (dende xuvenil ata máster) Ata o mércores día 17 de Xuño de 2026 as
23:59 horas na web de referencia.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o mércores día 17 de Xuño de 2026 as
23:59 horas na web de referencia.
O PREZO da inscrición será o seguinte:
ADULTOS (xuvenil e superiores): 8,00 €
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
5. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nun local habilitado para á organización da carreira, a
partir das 19:00 horas na zona de saída/meta (Sala Abanca), que será o punto de control
da proba.
* CONTROL CON CHIP:
Na proba absoluta (23:00 horas) os participantes estarán controlados a través dun
chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal.
Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles.
O dorsal deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e
de xeito visible e sen dobreces.
6. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil,
junior, promesa, senior, máster A e máster B; tanto masculina como feminina. Na proba
4K e 8K so haberá clasificación absoluta masculina e absoluta feminina. Establécese a
clasificación segundo a orde de entrada en meta.
As clasificacións publicaranse unicamente en formato papel, na oficina de recollida
de dorsais na zona de saída/meta (Sala Abanca), a medida que se os xuices da proba as
oficialicen.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será
descualificado.
7.- DESCUALIFICACIONS:
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio dos
xuíces da FGA que farán a supervisión técnica da proba.
A organización resérvase a facultade de retirar da proba a/o atleta que manifeste
un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, as e os corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección
Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Todo/a atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar a persoa infractora que
non leve visible o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos
facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa,
non complete o percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas
da proba, non tendo opción a premiación.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas a organización da proba que as
valorará co xurado da FGA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos
resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
8.- PREMIOS E TROFEOS:
Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias no momento de recoller
o dorsal
Os premios non son acumulativos.
Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto nas
categorías pitufo e prebenxamín, que non haberá trofeos e si medalla para todos
os participantes.
Trofeo na proba 4K os tres primeiros/as clasificados/as.
Trofeo na proba 8K os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na
proba absoluta.
As/os gañadores da carreira absoluta (8K) terán como agasallo unha caixa
degustación con botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
Trofeo o club/equipo aquel que obteña a menor puntuación cos seus 6 primeiros
participantes que finalicen a proba absoluta (8K), independentemente do sexo e
segundo a clasificación xeral. Os clubs/equipos non teñen porque ser oficiais e/ou
federados, poden ser grupos de amigos/as que formalicen a inscrición baixo o
nome dun equipo.
Trofeo Máster, ao participante de maior idade que finalice a proba, indistintamente
sexa home ou muller.
So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a
súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento
no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar
pendentes da chamada a cada unha das categorías (masculina e feminina).
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do
seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio
as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o
propia/o atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no
momento da entrega deberanse poñer en contacto co AEstradaDeporte, durante un
prazo máximo de 7 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se
recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a el.
9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio
da súa proba.
O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto
Ferreiro, sito na zona deportiva, en horario de 23 a 00:30 horas.
Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
A organización da XIII ESTRANOITE non se fai responsable de perdas ou danos
materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os
participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou
obxectos.
Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira
[
Go Back
]