Calendario
Ver carrera

Laxe

05/07/2026 10:45 - 12:15

[ Go Back ]

Descripción 1- ORGANIZACIÓN
A II Carreira Popular Pedestre Concello de Laxe está organizada polo Concello
de Laxe e contará co control técnico da Federación Galega de Atletismo,
delegación da Coruña.
Esta proba deportiva ten un carácter aberto e popular, na que poderán
participar calquera atleta, federado ou non, tendo en conta as categorías
establecidas.
O obxetivo e organizar a carreira popular como unha actividade deportiva e
social que fomente a participación cidadá, a vida saudable e a dinamización do
municipio, promovendo ao mesmo tempo valores como a convivencia, o
esforzo, a solidariedade e o respecto á contorna.
2-DATA E LUGAR.
Data: Domingo, 5 de xullo a partir das 10:30h.
Lugar: Praza dos Voluntarios (Laxe).
3-HORARIOS E CATEGORÍAS ESTABLECIDAS.
Establécense as seguintes categorías, nas probas de categoría base os atletas
correrán as distancias establecidas segundo a súa idade, salvo os/as atletas
sub16 e sub 18 que poderán optar a correr na categoría sub 20.
CATEGORÍAS
Masculino/Feminino IDADE DISTANCIAS HORARIO
Pitufos Nados/as 2019-2023 100m 12:45H
Sub 10 Nados/as 2017-2018 1.000m 12:30H
Sub 12 Nados/as 2015-2016 1.000m 12:20H
Sub 14 Nados/as 2013-2014 2.000m
Sub 16 Nados/as 2011-2012 2.000m 12:00H
Sub 18 Nados/as 2009-2010 2.000m
ABSOLUTA
Sub 20 Nados/as 2007-2008
5km
10km
10:30H
10:45H
Sub 23 Nados/as 2006-2005-2004
Sénior Nados/as 1992-2003
Máster 1 Nados/as 1986-1991
Máster 2 Nados/as 1976-1985
Máster 3 Nados/as 1966-1975
Máster 4 Nados/as antes do 1966
4-ITINERARIO, IMAXE DO PERCORRIDO E PERFIL (ANEXOS)
ITINERARIO PROBA ABSOLUTA
A proba absoluta terá dous posibles distancias a elexir previamente, 10 ou
5km. Os percorridos transcorrerán por vías urbanas de asfalto e paseo
marítimo tendo como punta de saída e chegada a praza dos Voluntarios.
A saída e chegada estará pegada a praza dos Voluntarios.
 A hora de saída será ás 10:30h. para a 5K e de 10:45h para a 10K.
 Peche da meta ás 12:00h.
ITINERARIO PROBA MENORES
O percorrido para os/as menores será de ida e volta polo paseo marítimo
adaptando as distancias a cada categoría e no caso dos pitufos o traxecto será
dirección única, cara a praza dos voluntarios.
5-LUGAR E PRAZO DE INSCRICIÓN
As inscricións formalizaranse a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com ata o mércores, 1 de xullo ás 23:59h.
Todos os participantes que se inscriban nas probas recibirán xunto a entrega
do dorsal e como agasallo da organización, una camiseta conmemorativa.
Cotas de inscrición:
 A inscrición para as carreiras 10K e 5K terá un custo de 3€.
 A inscrición dos corredores das categorías de base será gratuita.
Inscribirse supón, por parte do/a participante a declaración de que:
 Está en bo estado físico para participar na carreira.
 Autoriza e acepta a publicación dos seus datos e fotografías nos medios
de comunicación, internet, etc., para a promoción desta actividade por
parte da organización e da Federación Galega de Atletismo. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir o uso da súa imaxe, previa solicitude
expresa por escrito.
6-RETIRADA DE DORSAIS.
As/os atletas participantes levarán un chip que controle o tempo invertido na
carreira. A retirada destes chips e dos dorsais farase ese mesmo día na
secretaría que estará situada na praza dos Voluntarios (Laxe). Será a partir das
9:00h e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.
O atleta que non porte o dorsal poderá ser descualificado se así o estima a
dirección de carreira.
Os chips son persoais e intransferibles polos que a suplantación da
personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión da carreira do portador
e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición.
Calquera atleta con circunstancias médicas a ter en conta (alerxia, atencións
especiais...) deberá facelo constar no momento de recollelo dorsal e levarao
anotado no reverso do dorsal durante a proba.
7- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE.
7.1.- A carreira rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do
Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos
esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto
1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro
de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de
xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de
accidentes e a lei 10/2017 , de 27 de decembro, de espectáculos públicos e
actividades recreativas de Galicia).
7.2.- Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil da
Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que
terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia
ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que
a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
7.3.- Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará de
dúas ambulancias e un médico no caso que non superen os 750 participantes.
7.4.- A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou
percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuna
por razóns de seguridade.
7.5.- No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta
laranxa a proba será suspendida automáticamente. Buscarase unha data
axeitada para desenvolvela.
7.6.- Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira,
considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.
Pese a que a organización fará o máximo esforzo no control do tráfico rodado,
indicamos aos participantes a posibilidade que nalgún punto poidan coincidir
cunha circulación mínima de vehículos. Solicitamos que se extreme a atención
para mitigar posibles riscos.
7.7.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco
estará amparada polos seguros da proba.
7.8.- Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A
participación é libre e leva implícita a aceptación do Regulamento Xeral da
proba.
7.9.- O Concello de Laxe habilitará servizo de vestiarios, duchas e gardarroupa
no polideportivo municipal.
7.10.-. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados
pola organización. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún
vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na
proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
7.11.- Descualificacións:
7.11.1. O servizo médico da competición e o xuíz árbitro da competición,
están facultados para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un
mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
7.11.2. Todo atleta que non realice o percorrido completo.
7.11.3. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se
reitere en protestas ante a organización.
7.11.4. Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que
dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.
7.12. Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consinte expresamente que os
seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil, así como a xestión da licencia de día de ránking
popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a Lei de
Protección de datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Praza Agustín Díaz, s/n. 15008. A Coruña.
8- CLASIFICACIÓN E TROFEOS.
 A entrega de trofeos farase ao remate das carreiras, aproximadamente
ás 13:00h.
 Haberá trofeos para os tres primeiros da clasificación absoluta en 10k e
5k, tanto en categoría masculina como feminina. Non haberá premios
noutras categorías.
 Haberá trofeo especial ao atleta local de maior idade (masculino e
feminino) e tamén para o participante máis maior da carreira.
 Todos os participantes das carreiras de menores recibirán unha medalla
ao remate de cada proba.

[ Go Back ]