Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vimianzo - Legua
27/06/2026
22:00 - 23:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO X LEGUA IRMANDIÑA
VIMIANZO, SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2026
1. IDEOLOXÍA
Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, a celebrar no seu día central o sábado
4 de xullo de 2026, XXIX edición, organízase esta carreira popular vertebrada co
Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida.
Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a
chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá do espectacular
contorna monumental da meta e da competición organizada no morrer do día.
Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que
conforman a carreira.
Os actos da proba concluirán coa cerimonia de entrega de premios e do
avituallamento líquido e sólido de rigor.
Desde o máis amable ánimo irmandiño convidámosvos a participar e a asaltar
ás carreiras o castelo. Arde Soneira!
2. CATEGORÍAS-DISTANCIAS-HORARIOS-PERCORRIDOS
Categorías Datas nacemento Categorías Datas nacemento
Pitufos (2019-2023) Cadete (2011-2012)
Benxamín (2017-2018) Xuvenil (2009-2010)
Alevín (2015-2016) Absoluta (2008 e anteriores)
Infantil (2013-2014)
Probas Horario Distancia
Irmandiña Pitufos 21:00 100 m aprox.
Irmandiña Benxamín e Alevín 21:15 1200 m aprox.
Irmandiña Infantil, Cadete e Xuvenil 21:40 2700 m aprox.
Legua Irmandiña 22:00 5000 m aprox.
Regulamento X Legua Irmandiña
Categoría Pitufos (aprox. 100 m.): 21:00 h
Categorías Benxamín e Alevín (aprox. 1200 m.): 21:15 h
Regulamento X Legua Irmandiña
Categorías Infantil, Cadete e Xuvenil (aprox. 2700 m.): 21:40 h
Categoría Absoluta (aprox. 5000 m.): 22:00 h
Regulamento X Legua Irmandiña
3. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. Rexerase pola regulamentación de Seguridade Viaria do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos
para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto
1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro
de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de
xuño de 1993, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de
accidentes).
2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do
Concello de Vimianzo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. Contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un
médico, como proba que non supera os 750 participantes.
4. A asistencia sanitaria derivada dun accidente deportivo durante a proba
deberá realizarse nos centros médicos concertados pola aseguradora da
proba, agás en casos de urxencia vital.
5. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou
percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima
oportuno por razóns de seguridade.
6. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta
laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data
adecuada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
7. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira,
considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.
8. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade
e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada
polos seguros da proba.
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba non se admitirán
reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do
Regulamento Xeral da proba. A Comisión Organizadora non se fará
responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a
participación nesta carreira. O non recollido no mesmo resolverase segundo
o criterio da comisión organizadora, sendo as súas decisións inapelables.
10. A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha
instalación para que se poidan cambiar e duchar, así como un servizo de
garda roupa.
11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
12. Descualificacións:
O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba
a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a organización.
4. DEREITOS DE IMAXE, USOS DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación.
Os menores de idade inscribiranse baixo a supervisión e autorización paterna ou
Regulamento X Legua Irmandiña
dun titor legal. A inscrición dos menores na Legua Irmandiña ou en calquera
proba do mesmo implica a autorización paterna ou do titor legal para a súa
participación.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos
que a continuación se expoñen:
O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
A organización recomenda a todos os participantes realizar unha revisión
médica previa á participación na proba. Cada participante toma parte na
carreira baixo a súa responsabilidade e declara posuír un nivel de condición
física suficiente para afrontar a proba.
Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...)
deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a
súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización
da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
De conformidade co establecido na normativa vixente en protección de datos
persoais, os datos facilitados polos participantes serán incorporados aos
ficheiros da organización coa finalidade de tramitar a participación na proba e
xestionar aspectos relacionados coa mesma.
5. SISTEMA DE CRONOMETRAXE, CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip.
Todas as probas, agás a categoría pitufo, serán cronometradas por Cronotec.
A proba de categoría pitufo iniciarase no mesmo punto en que finaliza, isto é,
na praza do concello. O resto das carreiras terán a saída na praza do concello
e a meta no castelo de Vimianzo.
Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola
organización), agás pitufo.
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola
organización).
O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a
dirección de carreira.
O horario de apertura das mesas: a mesa de recollida de dorsais abrirá ás
19:30 e estará situada na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse
recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.
A retirada de dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 15 minutos de
antelación ao inicio da carreira.
Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da
personalidade dos atletas, sancionarase coa descualificación do portador e
do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos na inscrición.
6. INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición para todas as categorías pecharase o martes 23 de
xuño ás 23:59h., e non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado
dito prazo.
As inscricións para os atletas realizaranse a través da páxina web
Regulamento X Legua Irmandiña
www.cronotec.es tanto para os deportistas de categoría absoluta coma os
deportistas das categorías de base.
Na categoría absoluta, as prazas estarán limitadas a un máximo de 200
participantes, por motivos de aforo no Castelo e co obxectivo de garantir a
seguridade e a calidade do servizo no avituallamento especial final.
Cotas de inscrición:
5€ para a categoría absoluta.
Gratis para as categorías de base.
7. CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS E ENTREGA DE PREMIOS
Clasificacións da proba absoluta:
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na
categoría xeral (os tres primeiros e primeiras que entren na meta).
Clasificacións das probas de base:
Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros e primeiras
clasificados/as en cada unha das categorías (benxamín, alevín, infantil,
cadete e xuvenil).
Ademais na categoría pitufo, benxamín e alevín recibirán medalla
conmemorativa e/ou premio afín todos os participantes na proba.
Entrega de premios:
A entrega de premios está prevista para ás 22h 00´ para as categorías
inferiores (agás pitufos) e ás 23h 00´ para a categoría absoluta. A entrega
de premios terá lugar no Castelo de Vimianzo, lugar no que se habilitará un
podio.
[
Go Back
]