Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ortigueira
16/08/2026
9:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO XII CARRERA POPULAR ORTIGUEIRA 2026. (5KM -10KM e ANDAINA).
A Peña Ciclista Santa Marta en colaboración co Concello de Ortigueira, organizan a XII edición da Carreira popular o Domingo 16 de agosto de 2026 a partir das 09:00 horas, con saída e meta nos Xardíns do Malecón. Haberá probas para nenos e proba absoluta que contará con dúas distancias, 5km e 10km. Paralelamente a esta proba terá lugar unha ANDAINA polo Sendeiro litoral- Cabalar- Morouzos - Praia , de 12Km aproximadamente.
HORARIOS:
- 09.00 h Saída Andaina
- 10:00 h Saida carreiras de 5km, 10km
- 11:25 h Saída Carreira Sub 14 ( nenos e nenas de 12-13 anos). 1,5 km
- 11:40 Saída Carreira Sub 12 (nenos e nenas de 10 -11 anos).1km
- 11:55h Saída Carreira Sub 10 ( nenos e nenas de 8-9 anos).500mts
- 12:10h Saída Carreira pequenos ( 7 ou menos anos)
- 12:25 Entrega de premios
LUGAR DE SAÍDA E META:
Xardíns do Malecón.
CATEGORIAS:
1- Carreiras de 5km e 10km:
•Sub 18: (de 14 a 17 anos , nacidos dende o ano 2012 ao 2009) Homes e Mulleres
• Senior : (de 18 a 35 anos, nacidos dende o ano 2008 ata o ano 1991) Homes e Mulleres
• Master 1: (de 36 a 49 anos, nacidos dende o ano 1990 ata o ano 1977) Homes e Mulleres
• Master 2: (de 50 a 59, nacidos dende o ano 1976 e ata o 1967 ) Homes e Mulleres
• Master 3: (de 60 o + anos, nacidos no ano 1966 ou anteriores) Homes e Mulleres
2- Carreiras de menores :
• Sub 8 : (7 ou menos anos, nacidos no ano 2019 e posteriores). Homes e Mulleres
• Sub 10:( de 8 a 9 anos, nacidos nos anos 2018 e 2017). Homes e Mulleres
• Sub 12: ( de 10 a 11 anos, nacidos nos anos 2016, 2015). Homes e Mulleres
• Sub 14: ( de 12 a 13 anos, nacidos nos anos 2014, 2013). Homes e Mulleres
INSCRICIÓNS E RECOLLIDA DE DORSAIS:
• As inscricións faranse exclusivamente na páxina web, https://cronotec.es
• Estarán limitadas inicialmente a 400 participantes no cómputo de todas as categorías así como na ANDAINA.
• Poderán tomar parte nas diferentes probas todas aquelas persoas interesadas que debidamente se inscriban nas mesmas.
• Para os participantes das Carreiras de menores ( categorías SUB 8, SUB 10, SUB 12 e SUB 14 ), nenos e nenas de 13 anos ou menos, a inscrición será GRATUITA.
• O custo de inscrición para os participantes nas probas de 5km, 10km e Andaina será de 5 EUROS ata o 15 de Xullo, e 7 euros despois de dita data. Unha vez realizada a inscrición non se fará devolución de ningún importe. A plataforma de inscripción cobrará 0,50 euros en concepto de gastos de xestión de inscripción.
• A data tope de recepción de inscricións será o xoves 13 de agosto, ás 23.59 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
• Recollida de dorsais : Na Carpa na Alameda o Sábado día 15 en horario de 11:00 h a 13:30 horas e de 17:00 h a 20:00 horas. O mesmo día da proba nos Xardíns do Malecón ata media hora antes do inicio de cada competición. Recoméndase a retirada do dorsal o día antes da proba, e chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora o día da proba. Para a retirada do dorsal, todas as persoas participantes deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller o mesmo, con calquera dos seguintes documentos oficiais: Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial, os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a.
PERCORRIDOS:
• Nas probas está prohibido acompañar a pé, en patinete, bicicleta, moto, ou calquer outro medio de locomoción, aos participantes por parte de persoas alleas á organización da proba. As persoas participantes deberán ser autónomas na realización do percorrido.
AVITUALLAMENTO:
Haberá avituallamento na meta (Xardíns do Malecón) para tódolos participantes das probas de menores, 5KM, 10KM e ANDAINA
[
Go Back
]