Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ferrol
24/05/2026
11:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN NA V CARREIRA POLA SEGURIDADE
VIARIA.
Artigo 1: Organización:
A V CARREIRA POLA SEGURIDADE VIARIA, organizada polo Concello de Ferrol co
control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o
domingo 24 de maio de 2026 a partir das 10:00 horas as categorías de menores e
das 11.00 h as categorías absolutas. A proba está suxeita ás seguintes normas:
Artigo 2: Participación:
Participación: A proba estará aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 900
atletas absolutos e 500 atletas de categorías de menores, federados ou non, sen
distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón de unha
condición física suficiente para rematar a proba. A Organización ten subscrito un
seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a
Organización recoméndalles aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen
un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios.
1.- O percorrido da proba absoluta será de 5.000 metros aproximadamente, e
discorrerá polo Concello de Ferrol. A saída e a chegada situaranse nas proximidades
da Praza de Armas.
2.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este
regulamento.
3.- A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do
Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
4.- Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches ou bicicletas de
apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos
corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a
proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que irán
debidamente identificados.
5.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto
6.- O percorrido estará sinalizado e estableceranse controis.
7.- Categorías : Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
V CARREIRA POLA SEGURIDADE VIARIA . ABSOLUTA. 11:00 horas
Sub 20: Nacidos/as no ano 2007 e 2008
Sub 23: Nacidos/as no ano 2006 – 2005 - 2004
Sénior Nacidos/as no ano 2003 ata o 1991
Master A Nacidos/as en 1990 ata 1985
Master B Nacidos/as en 1984 ata 1976
Master C Nacidos/as en 1975 ata 1966
Master D Nacidos/as 1965 e anteriores
Handbike*
Invidentes*
*Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
V CARREIRA POLA SEGURIDADE VIARIA .CATEGORÍAS DE MENORES
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA
Sub 18 Nacidos/as no 2010 - 2009 10:00 2. 000 mts
Sub 16 Nacidos/as no 2012 - 2011
Sub 14 Nacidos/as no 2014 - 2013 10:20 1.000 mts
Sub 12 Nacidos/as no 2016 - 2015
Sub 10 Nacidos/as no 2018 - 2017 10:35 800 mts
Sub 8 Nacidos/as 2019 – 2020 - 2021 10:50 250 mts
Peques Posteriores o 2021 * despois da saída
da absoluta (11:00)
50 mts
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro
clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha
hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá
subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non
entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso
de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais,
e considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a organización de toda
responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D.
1428/2003).
Artigo 5: Inscricións e retirada de dorsais.
Inscricións. O custo será de 5 euros para a participación na carreira absoluta e de
balde para resto das categorías.
Establecerase o “dorsal 0” para todas aquelas persoas interesadas en colaborar e que
non poidan acudir o evento.
As inscricións poderán efectuarse a partir do día 24 de abril ata as 22.00 h do día 20
de maio a través da páxina www.carreirasgalegas.com ou ata o fin de dorsais.
Poranse a disposición das persoas interesadas un máximo de 900 dorsais para as
categorías absolutas e 500 para as de menores.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de
nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e
club.
Asimesmo, no momento da inscrición, os participantes deberán poñer un teléfono e
persoa de contacto en caso de emerxencia.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o
número de licenza e o club.
No caso dos menores de idade, o pai/nai ou titor legal deberá asinar a autorización da
inscrición da carreira do menor.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no momento
da inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da discapacidade
recoñecida. Os atletas da categoría de invidentes, deberán proporcionar os toda a
información citada anteriormente da persoa que actuará como guía.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
Artigo 6: Retirada de Dorsais. A retirada de Chips e dorsais poderase efectuar ao
longo do venres 22 de 11:00 a 13:0 e de 16:30 a 20:30 e o sábado 23 de maio de
10:00 a 13:30 no Pavillón polideportivo da Malata así como o domingo dende as 8:00
horas na Praza de Armas.
O acto de recollida de dorsal e Chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición
defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.
Artigo 7: Premios: A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos
e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores agás a categoría
peques. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a carreira. Estimase sobre ás
13:00 horas
Artigo 8: Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
Artigo 9: Condicións de Participación
1.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento. A inscrición implica ler, entender e
adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.
2.- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización. Dado o espírito estritamente deportivo e
popular desta proba, non se admitirán reclamacións.
3.- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non respectar as indicacións dadas pola organización.
Non realizar todo o circuíto da carreira.
Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
Falsificar datos persoais.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores.
4 - Cadeiras de rodas e handbike. As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas
grandes e 1 pequena. Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo,
que non foran deseñadas para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o
chan durante a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás regras
enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a
carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as
rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
5,- Discapacidade visual. Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun
guía. Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se
algún atleta con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá
participar na proba, por motivos de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá
estar por detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por
un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición.
Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta
coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans
do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso.
A infracción suporá a descualificación. Independentemente de que se empregue
atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha
distancia maior de 0,50 m
6- O Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables
dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que
estas ocasionen a outras persoas.
7.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá
a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
8.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan e consenten a publicación do seu
nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De
igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os
seus datos sexan empregados pola organización e a empresa que ésta contrate para a
xestión das inscricións e clasificacións para comunicacións respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter
persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido
ao Servizo de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol,
.
Dado que esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo
e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros,
dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13- 15008 A Coruña .
Artigo 9: Servizos para os participantes: Non se disporá de gardarroupa e servizo
de duchas.
[
Go Back
]