Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Corme
13/06/2026
19:30 - 20:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
6ª POPULAR FARO RONCUDO
1-Organización
A 6ª Popular Faro Roncudo está organizada polo Concello de Ponteceso e contará co control
técnico da Federación Galega de Atletismo, delegación da Coruña.
Esta proba deportiva ten un carácter aberto e popular, na que se poderá participar segundo as
categorías establecidas.
Esta carreira forma parte do XII Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña.
2-Data e lugar
Data: Sábado, 13 de xuño a partir das 18:45h.
Lugar: Praza da Ribeira en Corme Porto (Ponteceso)
3-Horarios, distancias e categorización.
Na seguinte táboa indícase: categorías, distancia e horarios.
HORA DISTANCIA CATEGORÍA IDADE
ABSOLUTA
19:30h 6.200m
Sub 20 2007-2008
Sub 23 2004-2005-2006
Sénior 1992-2003
Master 1 1986-1991
Master 2 1976-1985
Master 3 1966-1975
Master 4 1965 e anteriores
18:45h 2.000m
Sub 18 2009-2010
Sub 16 2011-2012
19:00h 1.000m
Sub 14 2013-2014
Sub 12 2015-2016
19:10h 500m Sub 10 2017-2018
19:15h 200m Sub 8 2019-2020
4-Percorridos.
Proba absoluta
O percorrido da proba absoluta é aproximadamente de 6 km 200 metros. Ida e volta por estrada de
asfalto, que vai dende a Praza da Ribeira (Corme Porto) ata o Cabo Faro Roncudo. Non hai que coller
ningún desvío, nin cruce. A saída e chegada estará pegada a praza da Ribeira.
• A hora de saída será ás 19:30h.
• O peche da meta ás 20:20h.
Probas dos menores
O percorrido para os/as menores será polo m
esmo espazo ca dos/as maiores (ida e volta), adaptando as distancias a cada categoría. No caso da
sub 8 o traxecto será dirección a Praza da Ribeira.
As imaxes dos percorridos van non anexos finais
5-Lugar e prazo de inscrición
As inscricións formalizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o mércores,
10 de xuño ás 23:59h.
Inscribirse supón, por parte do/a participante a declaración de que:
- Se está en bo estado físico para participar na carreira.
- Autoriza e acepta a publicación dos seus datos e fotografías nos medios de
comunicación, internet, etc., para a promoción desta actividade. Calquera persoa
inscrita poderá prohibir o uso da súa imaxe, previa solicitude expresa por escrito.
6-Retirada de dorsais.
As/os participantes levarán un chip que controle o tempo invertido na carreira. A súa retirada xunto
cos dorsais, farase ese mesmo día, a partir das 17:30h. na secretaría da proba que estará situada na
praza da Ribeira (Corme Porto). Permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.
Calquera atleta con circunstancias médicas a ter en conta (alerxia, atencións especiais…) deberá
facelo constar no momento de recollelo dorsal e levarao anotado no reverso do dorsal durante a
proba.
7- Clasificación e trofeos.
• A entrega de medallas-trofeos farase ao remate das carreiras, sobre ás 20:45h. Premiaranse
ós tres primeiros de cada categoría/xénero. Na sub 8 e sub 10 todos levarán medalla.
• Agasallo especial para o gañador e gañadora absoluta.
• Haberá trofeo especial ao atleta local de maior idade (muller e home) e para o participante
de maior idade da carreira.
As reclamacións que haxa ao respecto deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde
de 15 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
8- Normativa xeral e de seguridade
A 6ª Popular Faro Roncudo rexerase polo:
- Real Decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de
Circulación.
-Real Decreto 849/1993, do 4 de xuño, polo que se determina as prestacións mínimas do Seguro
Obrigatorio Deportivo.
Ademáis:-
▪ Esta é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada.
▪ Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón dunha condición
física suficiente para soportar a proba.
▪ As persoa que non están inscritas na carreira non poden participar, se aínda así o fixeran,
farano baixo a súa responsabilidade e non estarán cubertas polos seguros correspondentes
nin terán dereito aos premios.
▪ O evento contará con servizo de ambulancia, médico, Policía Local, Protección Civil e
voluntarios varios, desempeñando cada quen as funcións encomendadas.
▪ Só se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento e
control da proba, estando prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda, sendo motivo de descualificación.
▪ Na carreira absoluta, na metade do percorrido, se o tempo o permite, proporcionarase a cada
corredor/a auga. Ao final da proba ofreceráselle aos participantes un petisco.
▪ Os participantes poderán facer uso do pavillón municipal de Corme para ducharse.
▪ Os participantes desta popular, aceptan este regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a organización.
▪ A organización resérvase o dereito de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non
contemplada neste regulamento e o dereito de “modificar ou suspender o que sexa
necesario” por razóns de seguridade.
▪ Todo o aquí non recollido rexerase polas normas da FGA.
DESCUALIFICACIÓNS
▪ O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico.
▪ Quen corra por fóra do percorrido, non o realice completo ou non pase polos controis da
carreira.
▪ Quen non leve o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante o
percorrido) ata a súa entrada na meta.
▪ Quen chegue á meta sen dorsal ou chip.
▪ Quen participe cun dorsal que corresponda a outro corredor.
▪ Quen pretenda participar na carreira sen terse inscrito previamente.
▪ Quen entre fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo da proba.
▪ Facer a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
▪ O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
▪ O atleta que manteña unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente en contra do
espírito deportivo.
▪ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces/zas.
▪ Calquera outra actuación de análoga natureza, que a xuízo da organización e/ou xuíces/zas
poidan ser consideradas como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria
9º. Seguros de responsabilidade civil e de accidentes.
Os/as participantes inscritos/as estarán cubertos por unha póliza de seguro de accidentes da
Federación Galega de Atletismo e a organización por unha póliza de responsabilidade civil do
concello.
Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia inobservancia
das leis, etc., tamén estarán excluídos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que
se desenvolva a proba.
10.- Identificación dos responsables da organización:
-Director executivo da proba: Raquel Fondo Pérez, Concelleira de Cultura, Deportes e normalización
lingüística.
-Responsable da seguridade viaria: Juan Ramón Vidal Torrado, Concelleiro de Seguridade, Servizos
e emerxencias.
11. Medidas de seguridade.
Ás 17:45 h a Policía Local cortará:
1. A estrada que vai ao Faro Roncudo desde a praza da Ribeira. Na imaxe punto A, Policía Local
2. Saída do Porto, na imaxe punto B, con persoal de Protección civil
3. Acceso a Rúa Atalaia, na imaxe punto C, con persoal Protección civil
Despois, fará un recoñecemento onde constate que non hai vehículos no perocorrido.
[
Go Back
]