Calendario
Ver carrera

Xinzo de Limia

24/05/2026 11:00 - 12:10

[ Go Back ]

Descripción CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2026
24 DE MAIO DE 2026
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2026 está organizada pola
Concellería de Deportes de Xinzo en colaboración coa Asociación Deportiva
Limiactiva, e celebrarase o domingo día 24 de maio de 2026.
REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 11:00 h para as carreira absoluta (8.000 m)
b. Ás 11:00 h para a carreira 4K (4.000 m)
c. Ás 12:00 h para a carreira Sub14 e Sub16 (1.200 m)
d. Ás 12:15 h para a carreira Sub10 e Sub12 (850 m)
e. Ás 12:30 h para a carreira Pitufos (200 m)
2. A saída e meta estará situada na Rúa Dous de Maio, xunto o Pavillón de
Deportes e a Piscina Climatizada.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo,
Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o
tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.
6. O control de chegada pechará 30 minutos despois de que entre o primeiro
clasificado.
7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores
da Federación Galega de Atletismo.
8. A carreira conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
10.Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
11.As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde
de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
12.DEREITOS DE IMAXE O/a participante nas carreiras autoriza o uso de
fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se
subscribe. Coa realización da inscrición o/a participante admite que o
organizador, poida facer uso da imaxe de todos/as os/as participantes en
calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo,
foto, dvd, internet, carteis, medios de comunicación, etc.). Todos os dereitos de
imaxe pertencen á organización.
13.Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente
regulamento.
INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 24 de abril.
As inscricións para as carreiras PITUFOS, SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16,
serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 h do xoves día 21 de
maio.
✓ Na web: www.carreirasgalegas.com
As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA e 4K faranse na web
http://www.carreirasgalegas.com, ata as 23:59 h do día 21 de maio.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA e 4K, teñen que abonar 7,00 € en
concepto de cuota de inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.
IMPORTANTE:
Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia para entrar na
clasificación de atletas locais.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 21 DE MAIO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE
INSCRICIÓNS.
Carreiras Escolares
Carreira Absoluta e 4K
CATEGORÍA HOMES MULLERES HORA DA
SAÍDA DIST.
SUB 10 NADOS NO 2017-2018 NADAS NO 2017-2018
12:15 h 850 m. SUB 12 NADOS NO 2015-2016 NADOS NO 2015-2016
SUB 14 NADOS NO 2013-2014 NADAS NO 2013-2014
12:00 h 1,2 Km.
SUB 16 NADOS NO 2011-2012 NADAS NO 2011-2012
PITUFOS NADOS NO 2019 E POSTERIORES NADAS NO 2019 E
POSTERIORES 12:30 h 200 m
ABSOLUTA NADOS NO 2008 E ANTERIORES NADAS NO 2008 E ANTERIORES 11:00 h 8.000 m
4K NADOS NO 2010 E ANTERIORES NADAS NO 2010 E ANTERIORES 11:00 h 4.000 m
CATEGORÍAS
CARREIRA
ABSOLUTA E 4K
HOMES MULLERES HORA DA
SAÍDA DIST.
SUB 18 (4K) NADOS NO 2009-2010 NADAS NO 2009-2010
11:00 h 8.000 m
SUB 20-23 (8K) NADOS NO 2004-2005-2006-2007-
2008
NADAS NO 2004-2005-2006-2007-
2008
SENIOR (8K) NADOS NO 2003 E ANTERIORES NADAS NO 2003 E ANTERIORES
MÁSTER 35 (8K) DE 35 a 39 ANOS DE 35 a 39 ANOS
MÁSTER 40 (8K) DE 40 a 44 ANOS DE 40 a 44 ANOS
MÁSTER 45 (8K) DE 45 a 49 ANOS DE 45 a 49 ANOS
MÁSTER 50 (8K) DE 50 a 54 ANOS DE 50 a 54 ANOS
MÁSTER 55 (8K) DE 55 a 59 ANOS DE 55 a 59 ANOS
MÁSTER 60 (8K) De 60 ANOS EN ADIANTE De 60 ANOS EN ADIANTE
CATEGORÍAS: So se poderá participar na categoría que se corresponda co ano de nacemento.
A organización poderá modificar as distancias e os horarios da saída en función das inscricións
recibidas para as categorías escolares.
PREMIOS:
CATEGORÍAS PREMIOS
SUB 10
SUB 12
SUB 14
SUB 16
TROFEO PARA OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS
CARREIRA
ABSOLUTA
1º CLAS. MASC: TROFEO
2º CLAS. MASC: TROFEO
3º CLAS. MASC: TROFEO
1º CLAS. FEM: TROFEO
2º CLAS. FEM: TROFEO
3º CLAS. FEM: TROFEO
4K
1º CLAS. MASC: TROFEO
2º CLAS. MASC: TROFEO
3º CLAS. MASC: TROFEO
1º CLAS. FEM: TROFEO
2º CLAS. FEM: TROFEO
3º CLAS. FEM: TROFEO
SUB18 (4K)
SUB 20-23
SÉNIOR
MÁSTER 35
MÁSTER 40
MÁSTER 45
MÁSTER 50
MÁSTER 55
MÁSTER 60
TROFEO PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA.
(OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS EXCEPTO OS DOS ATLETAS LOCAIS)
ATLETAS LOCAIS
(Empadroados no
Concello de Xinzo)
1º LOCAL MASC: TROFEO
2º LOCAL MASC: TROFEO
3º LOCAL MASC: TROFEO
1º LOCAL FEM: TROFEO
2º LOCAL FEM: TROFEO
3º LOCAL FEM: TROFEO
PITUFOS MEDALLAS PARA TODOS OS PARTICIPANTES QUE CHEGUEN Á META

[ Go Back ]