Calendario
Ver carrera

Outes

17/05/2026 10:00 - 11:30

[ Go Back ]

Descripción BASES DA XVII CARREIRA PEDESTRE DE OUTES
A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XVII Carreira
Pedestre de Outes, que terá lugar o Domingo 17 de maio de 2026 a partir das 10:00,
con saída e chegada na Praza de Galicia, na localidade de A Serra de Outes.
1. CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORAS DE SAIDA.
CATEGORIAS ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA SAÍDA
10K
VETERANOS B De 1971 e anteriores 10.000 metros 10:00 horas
VETERANOS A De 1972 a 1986 10.000 metros 10:00 horas
SENIOR De 1987 a 2003 10.000 metros 10:00 horas
PROMESA De 2004 a 2008 10.000 metros 10:00 horas
3K
SENIOR 2008 e anteriores 3.000 metros 11:30 horas
XUVENIL De 2009 2010 3.000 metros 11:30 horas
CADETE De 2011 2012 3.000 metros 11:30 horas
1K
INFANTIL De 2013 e 2014 1.000 mertros 12:00 horas
ALEVÍN De 2015 e 2016 1.000 mertros 12:00 horas
MENORES (CAMPO MUNICIPAL DE O CONCHIDO)
BENXAMÍN De 2017 e 2018 450 metros 12:20 horas
PREBENXAMÍN De 2019 e 2020 225 metros 12:25 horas
PITUFOS De 2021 e 2022 100 metros 12:30 horas
CHUPETES 2023 e posteriores 50 metros 12:35 horas
2. INSCRICIÓNS.
As inscricións poderán formalizarse ata as 13:00 h do Martes 12 de Maio a través da
web de cronotec.es
Para as categorías participantes na carreira de 10 km e Carreira Absoluta de 3Km a
inscrición terá un custo de 4 euros. Para o resto de categorías a inscrición é gratuíta.
@s nen@s das categorías de chupetes, pituf@s, pre-benxamín e benxamín tamén
deberán inscribirse a través de Cronotec (si quedan fóra do prazo de inscrición
poderán participar igual na carreira inscribíndose o mesmo día no lugar de recollida de
dorsais que terá lugar no Pavillón Polideportivo de A Serra de Outes). Nestas
categorías tod@s @s participantes inscritos pola web recibirán premio por chegar a
meta.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de Cronotec
poderán enviar un mail a cronotec1@gmail.com ou por teléfono (en horario de oficina)
600 88 98 09
3. DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade,
Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), enderezo electrónico de contacto (se o ten),
Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten).
Deberá indicar tamén se está empadroado no Concello de Outes para puntuar nos
premios locais (non vale estar vivindo en Outes, hai que estar empadroado).
As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba
de10Km como as carreiras curtas de 3Km e1Km, non serán admitidas.
4. RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo de A Serra de Outes, dentro do campo de fútbol, poderanse
retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o
corredor vai a participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin
chips fóra dese prazo. Na Praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas
carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e
450 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.
Para estas categorías que participan dentro do campo de futbol, organizarase unha
“MINI-OLIMPIADA” para que poidan experimentar con lanzamentos, saltos, vallas, etc.
A mesma terá horario de 11:00 a 12:15 h.
5. PREMIOS
 Medallas (medallóns de chocolate) para tódol@s participantes nas categorías
chupetes, pituf@s, prebenxamins e benxamíns. Estas categorías non recibirán
premios por categoría.
 Trofeos para @s 3 primeir@s clasificad@s en ALEVIN e INFANTIL así como trofeo @
primeir@ clasificad@ LOCAL (1Km)
 Trofeo para @s 3 primeir@s clasificad@s CADETE, XUVENIL e XERAL na carreira de
3Km, así como trofeo @ primeir@ clasificad@ LOCAL.
 Trofeos para @s 3 primeiros na carreira xeral de 10Km, así como @ primeir@
clasificad@ LOCAL
 Trofeo para @ primeir@ clasificad@ das categorías: promesa, senior, veterán A e
Veterán B na carreira de 10Km
 Entidade con máis participantes
(Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar ós premios
locais, é preciso estar empadroados).
Non haberá premios económicos. Os trofeos non serán acumulativos.
6. CONTROL DA CARREIRA
As condutas que se considerarán antirregulamentarias do/a atleta polas que poden ser
descualificados son as seguintes:
 Non levar o dorsal perfectamente colocado.
 Participar cun dorsal que corresponda a outro corredor.
 Non realizar o percorrido da carreira completo.
 Non atender as indicacións d@s membros da organización.
 Entrar fóra da hora prevista pola organización.
 Realizar a inscrición alterando os datos de maneira maliciosa.
 Nas carreiras de 1Km, 3Km e 10Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe
electrónica, da empresa Cronotec.
 Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida
ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
 O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos
non autorizados será motivo de descualificación.
7. CLÁUSULAS ADICIONAIS
1. O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan
responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a
outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que
con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra
mutualidade.
2. Está prohibido cortar ou dobrar os dorsais.
3. @s participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba.
4. Na carreira de 10 km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na
metade do percorrido.
5. O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois de que
entre na meta o primeiro corredor clasificado.
6. A entrega de trofeos está prevista para as 12:50 h dentro do pavillón polideportivo
de Outes. Non se entregarán trofeos a posteriori.
7. @s participantes poderán utilizar os vestiarios do pavillón e os vestiarios do campo
de fútbol para asearse e ducharse despois da carreira.
8. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
9. Tódol@s participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e
regulamento. En caso de dúbida,decidirá o comité organizador.
10.Todo o non recollido neste regulamento resolverase según o estime a organización.
11.Polo ben de tod@s, rógase ós participantes, acompañantes e demais público que
presencien a proba, un comportamento exemplar cara a os compañeiros, público,
organización e a proba en xeral.
12.Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes.

[ Go Back ]