Calendario
Ver carrera

Curtis

10/05/2026 10:30 - 12:10

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO:
1. PARTICIPANTES:
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O
control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. SAÍDA E META:
Horario de saída carreira: 10:30.
Horario de saída andaina: 10:35.
A saída da proba será as 10:30 na localidade de Curtis, Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n (diante
do pavillón polideportivo municipal de Curtis)
A meta estará ubicada na localidade de Teixeiro Praza de España na localidade de Teixeiro.
3. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
Sub 20 atletas nados/as no 2007 e 2008
Sub 23 atletas nados/as no 2004, 2005, 2006
SENIOR atletas nados/as entre 1992 e 2003
MASTER 1 atletas nados/as entre 1986 e 1991
MASTER 2 atletas nados/as entre 1976 e 1985
MASTER 3 atletas nados/as entre 1966 e 1975
MASTER 4 atletas nados/as antes do 1965
4. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster 11200 m aprox
12:15 h ENTREGA DE PREMIOS
5. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán realizar a súa inscrición na páxina web www.carreirasgalegas.com . Máis
información na web www.atletismo.gal con data límite o mércores 6 de maio ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION:
- PROBA ABSOLUTA (de sub 20 en adiante): 5,00 €
- Andaina: 5,00€
* Os menores de 8 anos serán gratuitos.
O pago da inscrición poderá realizarase pola pasarela de pago da páxina
www.carreirasgalegas.com.
6. PREMIOS e AGASALLOS
Outorgaranse os seguintes premios na carreira:
 Trofeo/ Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
regulamento da proba.
 Trofeo/ Medalla o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
 Trofeo / Medalla ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS.
No marco da andaina establécense agasallos simbólicos para as seguintes categorías:
 Trofeo/ Medalla á familia máis numerosa inscrita.
 Trofeo/ Medalla á persoa participante de maior idade.
 Trofeo/ Medalla á persoa participante de menor idade.
 Trofeo/ Medalla ás primeiras persoas participantes en chegar ao punto de finalización
da andaina.
Para optar a estes agasallos, as persoas participantes deberán realizar o percorrido
camiñando e sempre detrás do coche de inicio da andaina.
Estes agasallos teñen como único obxectivo recoñecer a participación e o esforzo das
persoas participantes nesta modalidade dunha forma simbólica, polo que a andaina non ten
carácter competitivo.
As persoas que desexen realizar o percorrido correndo e de maneira competitiva deberán
estar inscritas na modalidade de carreira.
7. RETIRADA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba na localidade de saída, Curtis, no polideportivo municipal de Curtis,
Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n ) de 8:30 a 10:15.
O dorsal-chip entregado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona anterior do
corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
https://maps.app.goo.gl/odsCcjxMmgujucLm8
8. SERVIZOS:
8.1: SERVIZO DE AUTOBUSES:
A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende Praza de
España en Teixeiro (lugar de chegada) ata o polideportivo municipal de Curtis (Lugar de inicio), a
partir das 8:30 da maña.
Prégase que se acuda o antes posible para recoller os dorsais en tempo.
O mesmo tempo, tamén se ofrecerá este servizo o rematar a carreira/andaina no sentido
contrario, é dicir de Teixeiro a Curtis unha vez finalice a entrega de premios. Avisaremos por
megafonía, cun horario aproximado das 13:15.
8.2: SERVIZO DE DUCHAS.
Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal de
Teixeiro, sitos na Rúa Faragullas s/n, a 100metros da meta.
8.3: SERVIZO DE GARDARROUPAS
Os participantes terán servizo de gardarroupa no lugar de saída en concreto, farase no lugar de
entrega de dorsais da carreira. Este servizo estará ubicado na meta da proba o finalizar a
mesma.
9. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro
da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA
COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba
en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descalificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba.

[ Go Back ]