Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Castelo de Moeche
22/08/2026
9:30 - 13:00
[
Go Back
]
Descripción
SABADO 22 DE AGOSTO DE 2026
REGULAMENTO DO V TRAIL E ANDAINA CASTELO DE MOECHE
• ORGANIZACIÓN:
O Club Deportivo 21 Leguas organiza o “V Trail dos IRMANDIÑOS CASTELO DE MOECHE”. A proba terá lugar o sábado 22 de agosto de 2026 dende as 09:30 hs con saída e chegada nas inmediacións do Campo do Festival , na parroquia de San Xurxo.
• COLABORADORES:
Para poder levar a cabo esta proba, contamos coa colaboración do Concello de Moeche, Protección Civil , a Asociación de Veciños do Val de Moeche e Asociacion Cultural dos Irmandiños.
• DESCRIPCIÓN DA PROBA:
O Trail Longo é o Trail Curto son carreiras de montaña de carácter popular que discorren por sendas, pistas e montes do val do Concello de Moeche. A distancia do longo é de 16.5 kms e un desnivel positivo de 700 m e a distancia do curto é de 12 kms cun desnivel de 500m positivos aproximado.
A Andaina é unha proba non competitiva de carácter popular que discorre por parte do percorrido do trail curto. A distancia aproximada é de 12 kms cun denivel de 500 m positivos aproximado.
É un trazado de dificultade técnica e física media-baixa.
Existe algún pequeno tramo de enlace por estrada e, ainda que haberá persoal da organización controlando o tráfico, os/as corredores/as deberán respectar as normas de seguridade viaria, xa que as estradas non estarán pechadas.
Os percorridos estarán debidamente sinalizados por cartéis, cintas e/ou pintura ecolóxica. A organización poderá modificar os percorridos por causas alleas e/ou de forza maior.
O tempo máximo do que disporán os/as participantes para cubrir o respectivos percorridos, será de 3 hs 30 minutos (peche da meta as 13:00 hs).
Habilitaranse dous postos de avituallamento nos quilómetros 6 e 10 aprox con auga, bebida isotónica, froita e doces; ademáis do disposto na meta. A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip.
Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de saida/meta.
[
Go Back
]