Calendario
Ver carrera

Lugo

10/05/2026 9:45 - 10:45

[ Go Back ]

Descripción 1. PRESENTACIÓN
A Federación Galega de Dano Cerebral (Dano Cerebral Galicia),
constituída polas cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido –
Dano Cerebral A Coruña ADACECO, Dano Cerebral Lugo, Alento
Vigo, DCA Ourense e Dano Cerebral Santiago de Compostela -
organiza a “V Carreira e Andaina Solidaria polo Dano Cerebral” , en
colaboración co Concello de Lugo.
Nesta ocasión a localización escollida é a cidade de Lugo, con motivo do
20º aniversario da nosa asociación local, Dano Cerebral Lugo, antiga
ADACE-Lugo.
Todas as probas deportivas así como a andaina, celebraranse o próximo
10 de maio de 2026 a partir das 9.00h nuns circuítos con saída e meta
aos arredores da Praza Maior e Muralla.
2. PARTICIPANTES:
Nestas probas poderá participar calquera deportista estea ou non
federado/a. Todas as persoas participantes tanto na carreira (absoluta e
escolares) como na andaina, -independentemente da idade-, deberán
estar inscritos/as no prazo preciso, e participarán cunha licenza de día
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade
civil a cargo da organización. Os/as deportistas federados/as polo
deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza.
 Participantes por modalidades:
CARREIRA ABSOLUTA (5 km).- poderán participar todas
aquelas persoas que teñan 16 anos (o día da proba) ou maiores,
federadas ou non federadas. Proba competitiva.
pág. 2
CARREIRA SUB 16 e SUB 14 (1.200 metros).- saída conxunta
en función do número de participantes. Poderán participar todas
aquelas persoas nadas entre 2011 e 2012, para SUB16; e entre
2013 e 2014 para SUB14. Proba competitiva.
CARREIRA SUB 12 e SUB 10 (600m).- saída conxunta en
función do número de participantes. Poderán participar todas
aquelas persoas nadas entre 2015 e 2016, para SUB12; e entre
2017 e 2018 para SUB10. Proba competitiva.
PITUFOS (100 metros).- Poderán participar nesta categoría
todas aquelas persoas nadas a partir de 2019 ata a actualidade.
Proba non competitiva.
ANDAINA (2,5 Km).- Poderán participar todas aquelas persoas
maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, os/as
menores de 16 anos sempre que vaian acompañados/as dun/ha
adulto/a responsable, e que estean tamén inscritas nos prazos e
formas establecidos a tal efecto, na páxina de inscrición.
3. INSCRICIÓNS, PRAZOS E PREZOS:
o Plataforma de inscricións: https://acortar.link/micBod
o Peche de inscricións: 7 de maio ás 23:59h
MODALIDADE
PREZO REDUCIDO
(Apertura inscricións ata
24 de abril)
PREZO XERAL
(25 de abril ata peche
inscricións)
Carreira Absoluta (5K)
> 16 anos 10€ 12€
Carreiras
Sub 16-14-12-10 5€ 5€
Carreira Pitufos 2€ 2€
Andaina (2,5K) >
16anos 10€ 12€
Andaina

[ Go Back ]