Calendario
Ver carrera

Carballedo

20/06/2026 16:30 - 18:00

[ Go Back ]

Descripción A VIII Carreira Popular levarase a cabo na tarde do 20 de xuño de 2026
dende ás 16h nas inmediacións do Concello de Carballedo ubicado na
praza V. Portomeñe, 1 27520 A Barrela – Carballedo – Lugo.
Contará con dúas probas de carreira, unha de 10km e outra de 5km, e
tamén con unha andaina podendo elexir o percorido de 10 ou 5km (que
será o mesmo recorrido que as carreiras).
I.-NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA PROBA
• Poderán participar na proba todalas persoas que o desexen.
• A saída e a meta estará situada na Praza do Concello (V. Portomeñe)
• Non estará permitido o acompañamento de participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. Non cumplir esta normal implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
• O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación nel.
• Tanto na distancia de (10.000m) como na de 5.000m será obrigatoria a utilización
do chip de cronometraxe subministrado pola organización, excepto para os
propietarios do chip, que poden utilizar o seu. Este deberá estar atado a zapatilla ou
nocello, mediante unha cinta.
• Todalas persoas participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación da súa
imaxe, nas redes sociais do Concello de Carballedo e na publicidade que, con
ocasión de celebración da proba poda levarse a cabo.
• A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os/as participantes nas
carreiras.
• A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto
ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
• Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
• O percorrido estará debidamente sinalado en todos os cruces e camiños mediante
cintas, spray e/ou persoal voluntario.
• As persoas participantes obedecerán as instrucións dos membros da organización e
dos controis de paso, tanto no inicio da ruta, como nos cruces e nas estradas
comarcais e locais.
• A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.
• Deberase prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente e
informar o control máis próximo.
• Non se poderá obstaculizar voluntariamente a un/unha corredor/a.
• En caso de abandono, é obrigatorio avisar a un membro da organización e facer
entrega do dorsal.
• Será obrigatorio a recollida de dorsais antes da hora de peche do stand habilitado
para facelo.
• E obrigatorio que cada corredor/a deposite o lixo nos lugares sinalados pola
organización, co fin de evitar ensuciar e degradar o medio polo que transcorre o
itinerario.
• A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
• O descoñecemento deste reglamento non exime do seu cumprimento.
II.-CATEGORIAS
CATEGORIA DE MENORES
Dispuntaranse a partires das 16:00h da tarde nos arredores da Praza V. Portomeñe (A
Barrela). Establécense as seguintes categorias (masculinas e femeninas) coas distancias
(aproximadas) correspondentes:
CHUPETES 2021 e posteriores 100m 16:00 (0-5 anos)
INFANTIL (2016-2020) 400m 16:10 (6-10 anos)
XUVENIL (2011-2015) 800m 16:20 (11-15 anos)
CATEGORIA ABSOLUTA
16.30 CATEGORIA 10km ABSOLUTA (10.000m)
PROMESA nados/as entre 2006 e 2010 (16 a 20 anos)
SENIOR nados/as entre 1987 a 2005 a (21 a 39)
MASTER 40 a 54
MASTER +55 en diante
16.30 CATEGORIA 5km ABSOLUTA (5.000m)
ABSOLUTA FEMININA
ABSOLUTA MASCULINA
III.- ANDAINA POPULAR
Terá lugar unha andaina popular con saída a partir das 16:35 con un recorrido de
10000m aprox / e 5000m aproximado a elexir.
IV.-INSCRICIÓNS
Todas as inscricións, tanto para a carreira como para a andaina, serán gratuítas e deberanse
levar a cabo de forma on-line na páxina: www.championchipnorte.com
O prazo de inscrición remata o mércores 17 de xuño as 23:59h.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Sexo
-Localidade
-Teléfono de contacto
-Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba
Nesta VIII edición da Carreira Popular de Carballedo establecese un límite de 500
participantes no total das categorias (menores e absoluta) e 500 participantes da andaina.
Os/as corredores/as empadroados/as en Carballedo deben deixar constancia disto (no
momento de facer a inscrición) para entrar na categoría de corredor/a local.
V.-PERCORRIDO
A saída estará situada na Praza V Portomeñe, seguiremos dirección Grupo Escolar para
logo adentrarnos en camiños rurais de terra polos que transcorrerá a maior parte do
traxecto, para voltar á vila e alcanzar a meta despois dun percorrido de 10.000m e 5.000m.
PERCORRIDO
10KM
PERCORRIDO
5KM
VI.-ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
De maneira presencial o dia da proba (20 de xuño) nas inmediación do Concello de
Carballedo (Praza V,Portomeñe,1 – 27520 A Barrela) de 15:00 a 16:00h necesario DNI ou
outro documento acreditativo.
VII.- PREMIOS
• CATEGORIA DE MENORES
-Todos os participantes recibirán unha camiseta (suxeito o tallaxe dispoñible)
-Haberá trofeo para os tres primeiros atletas de cada categoría, (masculina e femenina) de
cada categoria.
-Trofeo para o corredor de menor idade.
• CATEGORIA ABSOLUTA
Todos os participantes recibirán unha camiseta (suxeito o tallaxe dispoñible)
PREMIOS AO/Á MELLOR CORREDOR/A(10KM): (absoluta)
1º(150€) 2º(100€) 3º (75€) masculino
1º(150€) 2º(100€) 3º (75€) femenino
PREMIOS AO/Á MELLOR CORREDOR/A(5KM):
1º MASCULINO
1º FEMININO
PREMIOS AO/Á MELLOR CORREDOR/A
Trofeo e agasallo para o 1º, 2º e 3º atleta clasificado (masc e fem) en cada categoria.
PROMESA nados/as entre 2006 e 2010 (16 a 20 anos)
SENIOR nados entre 1987 a 2005 (21 a 39)
MASTER de 40 a 54
MASTER +55 en diante
PREMIOS AOS/ÁS DEPORTISTAS LOCAIS
Trofeo e agasallo para os deportistas locais (empadroados en Carballedo) que acaden o 1º
posto en masculino e femenino.
PREMIOS AO/Á CORREDOR/A DE MAIOR IDADE
Trofeo para o/a corredor/a de maior idade.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
Estarán a disposición dos corredores as duchas do polideportivo municipal, a carón das
piscinas municipais. Contarán con avituallamento durante a carreira todos/as os/as atletas.
Os premios non serán acumulables.

[ Go Back ]