Calendario
Ver carrera

Friol

02/05/2026 18:00 - 19:00

[ Go Back ]

Descripción XII CARREIRA POPULAR DE FRIOL
REGULAMENTO
Artigo 1. Organización:
O Clube Atletismo Friol e o Concello Friol organizan a XII Carreira Popular de Friol. A proba celebrarase o
Sábado 02 de Maio de 2026, con saída e meta diante do Colexio de Friol.
Artigo 2. Participación:
A proba estará aberta a todos os atletas, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa
responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3. Inscricións:
 Na web www.championchipnorte.com
 Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán gratuítos.
 Na proba absoluta terá un custe de 3€ para os propietarios do chip amarelo de championchip + 1€ de
aluguer para os non propietarios, agás na categoría cadete que será de balde.
 O prazo de inscrición rematará o MARTES 28 ABRIL ás 23.59h
Artigo 4. Retirada de Dorsais:
Os dorsais e chips de cronometraxe entregaranse o día da carreira de 12:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a
17:00 horas na pista polideportiva do Colexio de Friol.
Artigo 5. Premios:
 Camiseta conmemorativa da carreira para todos os participantes.
 Unha cesta con productos típicos da zona para ós tres primeiros clasificados masculinos e femininos
da carreira absoluta.
 Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
 Trofeo ós tres primeiros/as clasificados/as locais da carreira de adultos (o requisito será estar empadroado/a
no Concello de Friol)
 Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta
categoría nin se farán clasificacións.
 Nas categoría dende PEQUENIÑOS/AS ata INFANTIL darase medalla a todos os participantes, así como
trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as.
Artigo 8. Percorrido, categorías, distancias e horarios:
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2021 e posteriores) 17.15 h 100m
PEQUENIÑOS (2019-2020) 17.20 h 300m
PEQUENIÑAS (2019-2020) 17.25 h 300m
BENXAMIN (2017-2018) 17.30 h 700m
ALEVÍN (2015-2016) 17.40 h 700m
INFANTIL (2013-2014) 17.50 h 1400m
CADETE (2011-2012) 18.00 h 5000m
XUVENIL (2007-2010) 18.00 h 5000m
SENIOR (1991-2006) 18.00 h 5000m
MÁSTER A (1982-1990) 18.00 h 5000m
MÁSTER B (1973-1981) 18.00 h 5000m
MÁSTER C (1964-1972) 18.00 h 5000m
MÁSTER D (1964 e anteriores) 18.00 h 5000m
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización.
SAÍDA: Diante do Colexio de Friol, na Praza de España. Dende ahí xiro á dereita tomando a Avenida de Lugo.
Pasada a gasolinera, collemos a carretera de Ousá (LU-P-5101) ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de
Friol (LU-P-1611) dirección ao pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar novamente coa Avenida de Lugo.
Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta ao mesmo para entrar en META diante do Colexio.
https://loc.wiki/u/21006123?wa=uc
Artigo 6. Servizos para os participantes:
1. Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do Centro Educativo.
2. Baños, vestiarios e duchas nas instalacións polideportivas do propio Colexio.
3. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
4. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado
do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).

[ Go Back ]