Calendario
Ver carrera

San Sadurniño

07/06/2026 11:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción Art. 1- DATA DE CELEBRACIÓN.
DOMINGO 7 DE XUÑO DE 2026
Art. 2- HORARIOS, DISTANCIAS, CATEGORÍAS E CIRCUÍTO.
HORA CATEGORÍAS DISTANCIA CIRCUÍTO Nº DE
VOLTAS
ABSOLUTA 11:30h
SÉNIOR. Fem. e Masc.
MÁSTER 1. Fem. e Masc.
MÁSTER 2. Fem. e Masc.
MÁSTER 3. Fem. e Masc.
5 Kms. Circuíto 3 1
ESCOLARES
11:00h SUB 14. Fem. e Masc.
SUB 16. Fem. e Masc.
900 mtrs. Circuíto 2 3
12:20h SUB12. Fem. e Masc. 600 mtrs. Circuíto 2 2
12:35h SUB 10. Fem. e Masc. 300 mtrs. Circuíto 2 1
12:45h PEQUES. Fem. e Masc. 60 mtrs. Circuíto 1 0
Art. 3- LUGAR.
A Carreira Popular de San Sadurniño terá lugar na Finca da Cortiña (lugar de Bidueiro. San
Sadurniño).
https://goo.gl/maps/r4Xy4J9m3SE2
https://goo.gl/maps/g3totvB78T62
Art. 4- ENTIDADE ORGANIZADORA.
Concello de San Sadurniño
Concellería de Deportes
Colabora
Art. 5- CATEGORÍAS.
CATEGORÍA IDADES
ABSOLUTA
SÉNIOR
MÁSTER 1
MÁSTER 2
MÁSTER 3
Nadas/os no ano 2009 e anteriores
Nadas/os 1990 ata 1985
Nadas/os 1984 ata 1975
Nadas/os no ano 1974 e anteriores
ESCOLARES SUB 16 Nadas/os 2011 e 2012
SUB 14 Nadas/os 2013 e 2014
SUB12 Nadas/os 2015 e 2016
SUB 10 Nadas/os 2017 e 2018
PEQUES Nadas/os 2019 e posteriores
Art. 6- REGULAMENTO ESPECÍFICO.
1. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo
(FGA). “Proba oficial da FGA con distancia non homologada”.
2. A proba está aberta a todas as persoas, atletas federados ou non, sen distinción de
sexo ou nacionalidade.
3. As persoas participantes nesta proba deportiva, coas excepcións previstas neste
regulamento, están obrigadas ao cumprimento das normas específicas do
regulamento da proba e ás que nun momento determinado estableza ou adopte,
por seguridade, o responsable da proba ou a autoridade competente.
4. As categorías serán dende Peques ata Máster 3.
5. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade é suponse que dispón dun nivel
de condición física óptimo para afrontala proba.
6. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e
terá que ser visible o longo de toda a proba.
7. Todas as categorías, exceptuando a categoría de peques, estarán controladas con
chip e controlado polos xuíces da Federación Galega de Atletismo.
8. Durante o transcurso da proba absoluta poderán facerse controis de paso en varios
puntos do circuíto, polos cales terán que pasar todas as persoas participantes para
non ser descualificadas.
9. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de
30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
10. Ningún atleta federado poderá competir con outro Club que non sexa o que figure
na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta situación, será
descualificado automaticamente.
11. O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera
atleta que manifeste un mal estado físico.
12. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA que estarán
autorizados a descualificar. Consideraranse as seguintes condutas
antirregulamentarias:
➢ Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no
peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño 5
➢ Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor/a.
➢ Non pasar polos controis de carreira establecidos.
➢ Non realizar o percorrido de carreira completo.
➢ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
➢ Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
➢ Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
➢ Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non
sexa motivo de expulsión do circuíto.
➢ Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira
poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción
disciplinaria.
➢ Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
➢ Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
➢ Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do
espírito deportivo.
➢ Tirar lixo ao chan.
13. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición
da FGA (Federación Galega de Atletismo), RFEA (Real Federación Española de
Atletismo) e World Athletics para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
14. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa propia responsabilidade
e polo feito de inscribirse aceptan o presente regulamento.
15. Seguro: Cada participante estará amparado por unha póliza de Responsabilidade
Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou dende o mesmo.
16. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
17.A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E AMBULANCIA CON SOPORTE
VITAL AVANZADO dende unha hora antes do comezo da primeira proba e ata que
finalice a última proba. A Organización recomenda aos participantes que, con
anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que
realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
18. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización trate informaticamente e con finalidade
exclusivamente deportiva e/ou promocional os seus datos de carácter persoal, así
como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, redes sociais, etc.
19. En función do número de participantes, a organización poderá establecer varias
saídas.
20. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de
nacemento da persoa participante. A non aportación desta, poderá ser motivo de
descualificación.
21. Non está permitido o acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo
alleo á organización. Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non
inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós
participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras, nin
correr acompañados destes en ningún momento.
22. A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno. O mal
tempo non será motivo de suspender a proba, agás que axa aviso de alerta
vermella e quede suspendido todo tipo de actividade deportiva ao aire libre.
23. Todo participante que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na
zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento, poderá ser
descualificado.
24. A carreira da categoría absoluta (5 quilómetros) poderase realizar correndo ou
correndo-camiñando, sendo o tempo máximo para realizar a carreira de 50
minutos.
25. En caso de retirada, avisarase ao persoal da organización. No caso de lesión ou
impedimento para regresar polos propios medios á meta, solicitarase axuda á
organización, que xestionará a recollida.
26. Os premios non son acumulativos, exceptuando o premio o participante de maior
idade masculino e feminino, e o primeiro clasificado da xeral masculino e feminino
e do Concello de San Sadurniño.
27. Todas as carreiras estarán pechadas ao tráfico, excepto na carreira absoluta.
Art. 7-RESPONSABILIDADE.
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas
participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba,
e exime á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e de Responsabilidade Civil que cubrirá
os incidentes inherentes á proba.
Art. 8-OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar todos aqueles atletas que o desexen, por norma xeral, en competicións
do calendario autonómico non porán participar atletas españois con axuda económica da
RFEA, salvo invitación da propia organización.
XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño 7
O descoñecemento do presente regulamento non exime do seu cumprimento.
Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de competición
da FGA, RFEA e World Athletics para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Art. 9-CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
Art. 10-SISTEMA DE CRONOMETRAXE.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip, excepto na categoría de peques.
As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos poderán ser
descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais.
Art. 11-CLASIFICACIÓN.
• ABSOLUTA.
A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e estará controlado
tecnicamente polos xuíces da Federación Galega de Atletismo.
• ESCOLARES.
A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e estará controlado
tecnicamente polos xuíces da Federación Galega de Atletismo. Na categoría de
Peques non haberá clasificación nin cronometraxe, estará controlado
tecnicamente polos xuíces da Federación Galega de Atletismo. Correrán co dorsal
número 1.
As clasificacións da carreira poderán ser consultadas:
• No lugar habilitado para tal efecto no lugar da carreira.
• Na páxina web do Concello de San Sadurniño www.sansadurnino.ga l
• Na páxina web www.emesport.es
• Na web da FGA: www.carreirasgalegas.co m
Art. 12- PECHE DE CONTROL DA CARREIRA ABSOLUTA.
O tempo de realización máxima da carreira absoluta será de 50 minutos. Ao cumprirse
este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto consideraráselles “fóra de
carreira” e non figurarán nas clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a
súa exclusiva responsabilidade.
Art. 13- INSCRICIÓN.
Por razóns organizativas, así como pola calidade do servizo, é imprescindible que as
persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados. A inscrición
haberá que realizala a través da plataforma habilitada para tal efecto.
13.1.- Taxa:
CATEGORÍA TAXA
ABSOLUTA
SÉNIOR
MÁSTER 1
MÁSTER 2
MÁSTER 3
5,00 €
ESCOLARES
SUB 16 Gratis
SUB 14 Gratis
SUB12 Gratis
SUB 10 Gratis
PEQUES Gratis
13.2.- Forma de pago.
A forma de pago será na mesma plataforma de inscrición (pola pasarela de pago).
13.3.- Devolución da inscrición.
Se a persoa participante decide anular voluntariamente a inscrición, a organización non
devolverá o importe de dita inscrición. Tampouco devolverase o importe da inscrición se é
descualificado.
13.4.- Nº de Prazas:
• Categoría absoluta: 400 prazas
• Categorías Escolares sen límite de prazas.
13.5.- Prazo de inscrición.
O prazo de inscrición remata o día 1 de xuño ás 14:00h. (Non se realizarán inscricións o
mesmo día da proba).
13.6.- Lugar e forma de inscribirse.
Na web https://emesports.es
Art. 14- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada dos dorsais e chips realizarase o mesmo día no lugar da proba. Haberá unha
zona habilitada para a retirada dos dorsais e chips.
Horario de retirada será:
• Categoría Absoluta. De 9:00 a 11:15 horas
• Categorías Escolares. 40 minutos antes do inicio de cada proba.
XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño 9
Art.15- AVITUALLAMENTO.
A carreira popular de San Sadurniño prescinde dos plásticos, o avituallamiento das
carreiras non utilizarán plásticos dun só uso. De feito, as botellas substituiranse por
bebidas isotónicas embotellada en briks de 5 litros (aptas para veganos, dieta keto e gluten
free), sen azucre nin aditivos artificiais e, ademais, proporcionaranse vasos biodegradables.
Na meta colocarase un avituallamento líquido e sólido ó final da proba para todas as
persoas participantes. Ademais, poñeranse ao dispor dos corredores/as colectores para a
recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización
destes por parte das persoas participantes poderá supoñer a descualificación.
Art. 16- SERVIZO DE FISIOTERAPIA.
A organización porá a disposición das persoas participantes na carreira absoluta un servizo
de fisioterapia para aquelas persoas que sufran algún tipo de incidente durante a carreira.
Colabora a clínica local Fisio-Che-Ben.
Art. 17- APARCADOIRO.
A organización habilitará unha zona de aparcadoiro o carón dos circuítos para que tanto as
persoas participantes como o público poidan deixar o coche.
https://goo.gl/maps/c5rAhqYPrfK2
Art. 18- DUCHAS.
Aquelas persoas que o rematar a proba desexen ducharse terán a sua disposición os
vestiarios do pavillón polideportivo municipal. O Pavillón Polideportivo Municipal non se
atopa no mesmo lugar da proba (Avda. Marqués de Figueroa nº 19).
https://goo.gl/maps/oCw2X4ULcP32
XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño 10
Art. 19- AMBIGÚ.
Para as persoas acompañantes e as que desexen repoñer forzas logo da carreira haberá
habilitado un servizo de ambigú no mesmo lugar da carreira.
Art. 20- AGASALLOS.
Cada participante recibirá un agasallo por participar.
Art. 21- PREMIOS.
Para a recollida dos premios haberá que situarse na zona próxima á entrega de trofeos no
momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar
pendentes da chamada de cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as persoas participantes que non se presenten no momento da entrega
do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as
persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propio atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento
da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un
prazo máximo 10 de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.
Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian.
Premios:
CATEGORÍA PREMIOS
PEQUES Medalla para cada participantes
SUB 10
Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino e
medalla para cada participante
SUB 12 Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino
SUB 14 Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino
SUB 16 Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino
SÉNIOR Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino
MÁSTER 1 Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino
MÁSTER 2 Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino
MÁSTER 3 Trofeo para os tres primeiros clasificados feminino e masculino
Participante de
Maior Idade Placa ao participante feminino e masculino de maior idade
ABSOLUTA Trofeo para os tres primeiros clasificados da xeral feminino e masculino
ABSOLUTA
Trofeo ao primeiro clasificado feminino e masculino da xeral do
Concello de San Sadurniño
Art. 22- COMPROMISO.
Cada participante comprométese a:
1.- Aceptar estritamente todos os artigos do presente regulamento.
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a organización véxase
obrigada a modificar por causas alleas a súa vontade.
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se realizará devolución
do importe da inscrición baixo ningunha causa.
4.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso
que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, ós sponsors
ou patrocinadores comerciais, directivos/as e demais persoal organizador
de toda responsabilidade que da participación no evento puidera
derivarse tal como lesión, perda de obxectos persoais porroubo ou outras
circunstancias”.
5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte
os termos e condicións do evento expostos no presente regulamento. No caso de
dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que
dispoña a organización.
6.- Dar o seu consentimento para que a organización trate informaticamente e con
finalidade exclusivamente deportiva ou promocional, os seus datos de carácter
persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeo, redes
sociais, etc.
Art. 23- SERVIZOS ÁS PERSOAS INSCRITAS.
A inscrición inclue os seguintes servizos:
• Dereito a participar na proba.
• Avituallamento líquido e sólido na meta.
• Seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
• Agasallo.
• Aparcadoiro.
• Duchas.
• Dorsal.
• Cronometraxe con chip.
• Servizo médico axustándose á normativa legal deste tipo de eventos.
• Servizo de fisioterapia.
Art. 24- CIRCUITOS.
Haberá 3 circuitos debidamente sinalizados:
Circuíto 1: Categoría Peques
Circuíto 2: Categoría SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16
Circuíto 3: Categoría Absoluta
24.1.- Sinalización.
Os circuítos estarán balizados. Os diferentes circuítos estarán sinalizados con valos, conos,
cinta e marcas no chan, que será retirado pola organización unha vez remate a proba.
A saída e a meta será común para tódalas categorías, estará sinalizada cun arco.
Tanto nas categorías inferiores como na absoluta a organización colocará na cabeza da
carreira uns ciclistas que dirixirán e abrirán a carreira e na parte final outros/as ciclistas
como peche da mesma, contribuindo deste xeito a reducir a pegada ambiental.
24.2.- Circuítos.
XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño 13
Circuíto 1
60 mtrs.
PEQUES
Circuíto 2
300 mtrs.
SUB 10
Circuíto 2
600 mtrs.
(2 voltas)
SUB 12
Circuíto 2
900 mtrs.
(3 voltas)
SUB 14 e SUB 16
Circuíto 3
5 Kms.
ABSOLUTA
Sénior ata Máster 3
* Ver descrición de cada circuíto (Art. 24)
24.3.- Vehículos.
Nas diferentes carreiras o tráfico rodado estará pechado. Non está permitido o
acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo alleo á organización. Nin
tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
24.4.- Acceso os circuítos.
Só se poderá acceder os circuítos andando, tanto o público como as persoas participantes
na carreira.
24.5.- Saída:
Común para todas as carreiras. A saída é dende o camiño principal do arboreto. Estará
sinalizada cun arco.
24.6.- Meta:
Común para todas as carreiras. A meta está no camiño principal do arboreto. Estará
sinalizada cun arco (mesmo arco que o da saída).
Art. 25- DESCRICIÓN DOS CIRCUÍTOS.
25.1.- Circuíto 1.
Categoría: Peques
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto.
• Descrición:
Os/as atletas unha vez tomada a saída e transcorridos 60 mtrs en liña recta farán a entrada
en meta.
Poderán darse varias saídas en función do número de participantes inscritos.
Todos os atletas correrán co dorsal Nº 1.
• Distancia: 60 mtrs.
• O tempo estimado da proba é de 8 minutos.
• Mapa.
25.2.- Circuíto 2.
Categoría: SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto.
O circuíto será o mesmo para as categorías SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 coa
diferenza de que os/as atletas terán que dar 1, 2 ou 3 voltas ao circuíto antes de realizar a
entrada en meta.
• Descrición:
O pouco de tomar a saída, realizarase un xiro á esquerda para dirixirse por un camiño cara
o paseo fluvial, o final deste camiño novo xiro de 90º á esquerda para coller o paseo fluvial,
transcurridos 150 mtrs polo paseo novo xiro de 90º á esquerda para coller un novo camiño,
o final deste camiño novo xiro á esquerda para incorporarse ao camiño principal do
arboreto e dirixirse a realizar a entrada en meta ou para dar unha segunda ou terceira
volta.
Poderán darse varias saídas en función do número de participantes.
• Nº de voltas:
• O tempo estimado é de 14 minutos.
SAÍDA
Categoría SUB 10: 1 volta
Categoría SUB 12: 2 voltas
Categoría SUB 14 e SUB 16: 3 voltas
• Distancia:
Categoría SUB 10: 300 mtrs.
Categoría SUB 12: 600 mtrs.
Categoría SUB 14: 900 mtrs.
Categoría SUB 16: 900 mtrs.
• Mapa.
25.3.- Circuíto 3 (Absoluta)
Categorías: SÉNIOR ata MÁSTER 3
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto.
• Descrición:
Unha vez realizada a saída e transcorridos 95 mtrs, realizamos o primero xiro de 90º á
esquerda, logo de 90 mtrs realízase un novo xiro cara a esquerda para coller o paseo fluvial
do río Xubia ata o final do paseo e cruzar tódolo aparcadoiro do mesón A Granxa, para
incorporarnos á estrada DP 7601 xirando à dereita, de seguido realizar un xiro à dereita
dirección Bidueda. Logo de 270 metros por esta estrada realizaremos un novo xiro á
dereita en forte subida de case 90º para ir dirección Cornide. Logo duns 700 mtrs en
baixada, novo xiro á dereita e case inmediatamente xiro suave a esquerda para seguir
baixando ata chegar ao cruce onde realizamos un novo xiro a dereita e incorporarse á
estrada provincial AC862 (a carerira vai polo arcén) delimitado con conos, ata chegar á
entrada da Casa do Concello onde xiramos á dereita para baixar polos xardíns. Ao final dos
xardís atravesamos a porta e xiro de 90º á dereita para incorporarse a estrada DP7601 (a
carerira vai polo arcén) delimitado con conos ata chegar de novo ao aparcadoiro do mesón
a granxa, atravesamos o aparcadoiro para volver a coller o paseo fluvial do río Xubia en
sentido inverso ao de saída e dirixirnos ata o final do paseo onde o chegar ao cruce
realizamos un novo xiro á dereita para dirixirnos pola estrada hacia a finca a Cortiña, logo
de 90 mtrs realizamos o último xiro á dereita para entrar na finca A Cortiña (de onde
saímos) e realizar a entrada en meta.
• O tempo máximo estimado da proba é de 50 minutos
• Distancia total: 4.850 mtrs.
• Desnivel positivo: 54 metros
• Mapa:
• Track
https://gl.wikiloc.com/rutas-carreira/carreira-popular-categoria-absoluta-2024-164391746
XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño 18
Circuíto 3 (Absoluta)
• Altimetría
Art. 26- DISPOSITIVOS DE SEGURIDADE
Categoría Absoluta.
XI Carreira Popular Concello de San Sadurniño 19
A proba non se disputará co tráfico completamente pechado, as persoas participantes
gozarán dunha parte do espazo de estrada (arcén). Dito espazo será balizado mediante
conos e/ou valos. Noutra parte do percorrido si se disputará dentro do espazo
denominado “Finca A Cortiña” onde non existe nin estradas nin circulación de vehículos.
Na carreira da categoría absoluta a organización disporá de 2 vehículos:
Vehículo piloto de apertura:
Cartel coa inscrición «Atención proba deportiva. STOP»
Luces de avería e de cruce acesas.
Vehículo piloto de peche:
Cartel coa inscrición «fin de carrera. CONTINÚE»
Luces de avería e de cruce acesas.
Cando a proba discurre por estrada, os accesos laterais inmediatamente anteriores á
posición ocupada polo coche da organización coa bandeira vermella se pecharán por
persoal autorizado pola organización con antelación cun valado para garantir que no
existe circulación en sentido contrario entre o vehículo de apertura e o de bandeira
vermella e permanecerán pechados ata que pase o vehículo da organización de peche coa
bandeira verde.
Cando a proba discorra por vias interurbanas de propiedade municipal sen arcén, ditas
estradas estarán pechadas ao tráfico e será sinalizado mediante un valado coa
correspondente sinal de prohibido o paso e haberá persoal autorizado pola organización
avisando.
Categorías escolares.
Todas as categorías discorren dentro do espazo denominado “Finca A Cortiña” onde non
existe nin estradas nin circulación de vehículos xa que é un espazo de lecer pechado à
circulación de vehículos a motor.
A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E AMBULANCIA CON SOPORTE VITAL
AVANZADO dende unha hora antes da primeira proba e ata que finalice a última proba.

[ Go Back ]