Calendario
Ver carrera

Chantada

09/05/2026 19:00 - 20:20

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
1.- O Concello de Chantada e o Clube Atletismo Chantada organizan a décimo quinta edición da
Carreira Popular de Chantada que terá lugar o sábado 9 de maio de 2026.
2.- CATEGORÍAS. Establécense as seguintes categorías, tanto masculinas como femininas:
 Categorías de menores:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
SUB 8 (110m.) 2019 / 2020 / 2021 / 2022 / 2023
SUB 10 (950m.) 2017 e 2018
SUB 12 (950m.) 2015 e 2016
SUB 14 (1900m.) 2013 e 2014
SUB 16 (1900m.) 2011 e 2012
 Carreira absoluta longa (9 kms)*:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 entre 2007 e 2010
SÉNIOR entre 1992 e 2006
MÁSTER +35 entre 1982 e 1991
MÁSTER +45 entre 1972 e 1981
MÁSTER +55 1971 e anteriores
*na carreira curta, de 4´5 kms., non se establecerá clasificación por categorías.
3.- PERCORRIDO, HORARIOS E DISTANCIAS. A saída e meta de todas as carreiras estará situada
na Praza do Mercado.
 CARREIRA ABSOLUTA: Consiste en percorrer unha distancia de 4´5kms. (carreira
curta) ou 9kms. (carreira longa), dando unha ou dúas voltas a un circuíto de catro
mil cincocentos metros, que discorrerá polas seguinte rúas: Praza do Mercado, rúa
Dous de maio, rúa Formoso Lamas, Alameda, Avda. dos Pilos, Avda. Monforte, rúa
Mariano Cedrón, Avda. Ourense, Camiño do Sangoñedo (ida e volta), Paseo do rio
(ida e volta ata ponte das piscinas), Ponte Nova, Avda. de Ourense, Catro Camiños,
rúa Mariano Cedrón e rúa do Comercio.
Hora: 19:00h.
Distancia: 4´5kms. (1 volta) / 9kms. (2 voltas)


 CARREIRAS MENORES:
o CARREIRA 1: SUB 8
Hora: 17:30h.
Distancia: 110m.
Percorrido: Saída no final da Rúa do Comercio e chegada no arco de meta
situado na Praza do Mercado.
o CARREIRA 2: SUB 10
Hora: 17:45h.
Distancia: 750m.
Percorrido: Praza do Mercado, rúa Dous de maio, rúa Formoso Lamas, final
da Alameda e regreso.
o CARREIRA 3: SUB 12
Hora: 18:00h.
Distancia: 750m.
Percorrido: Praza do Mercado, rúa Dous de maio, rúa Formoso Lamas, final
da Alameda e regreso.

o CARREIRA 4: SUB 14 e SUB 16
Hora: 18:15h.
Distancia: 1800m.
Percorrido: Praza do Mercado, rúa Dous de maio, rúa Formoso Lamas,
Alameda, Paseo Fluvial (por muíño), Ponte Nova, Avenida de Ourense, Catro
Camiños, rúa Mariano Cedrón e rúa do Comercio.
4.- CLASIFICACIÓNS.
 CARREIRA ABSOLUTA: Clasificación xeral absoluta masculina e feminina nas carreiras de
9kms. (longa) e 4´5kms. (curta) e clasificación por categorías só na carreira longa (9kms).
 CARREIRAS MENORES: Clasificación por categorías masculina e feminina, agás na carreira
de categoría SUB 8, na que non haberá clasificacións.
5.- PREMIOS.
Os premios non son acumulables a excepción dos premios especiais. A entrega de premios das
carreiras de menores será ás 18:30h. e a entrega de premios da Carreira Absoluta terá lugar ao
remate da mesma.
 Premios por categorías:
o Trofeo conmemorativo do evento ao/á primeiro/a clasificado/a de cada unha das
categorías establecidas para a carreira absoluta longa.
o Trofeo conmemorativo do evento aos/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada
unha das categorías establecidas para as categorías de menores, agás na categoría
SUB 8.
o Na carreira absoluta curta, de 4´5kms, non haberá premios por categorías.
o Todos/as os/as atletas participantes nas carreiras de menores 2, 3 e 4 que crucen a
liña de meta recibirán unha medalla e un agasallo.
 Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as das carreiras absolutas,
curta (4´5kms.) e longa (9kms.), tanto en categoría masculina como feminina, recibirán
trofeo.
 Premios especiais:
o Zapatillas Hoka para o 1º clasificado e 1ª clasificada da carreira absoluta longa, por
cortesía de Jámex (rúa Leonardo Rodríguez, 23. Chantada).
o Vale de compra en Jimmy (Avda. de Monforte, 14-16. Chantada) para o 1º
clasificado e 1ª clasificada local (empadroado en Chantada) na carreira absoluta
longa.
o 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados en Chantada) nas carreiras
absolutas longa (9kms.) e curta (4´5kms.), tanto en categoría masculina como
feminina.
o Persoa participante de maior idade.
6.- INSCRICIÓN.
 A inscrición é gratuíta en todas as categorías de menores.
 O prezo de inscrición na Carreira Absoluta é 5 euros.
 As inscricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías
menores efectuaranse na web www.ccnorte.com
 Os nenos e nenas matriculados no CEIP Xóan de Requeixo ou CEIP Eloísa Rivadulla,
ambos de Chantada, poderán facer a súa inscrición a través do formulario que lle será
entregado no colexio, e que poderán depositar cuberto nun lugar habilitado para elo no
propio colexio.
 O peche das inscricións en todas as categorías será o mércores 6 de maio ás 23:59h..
 Baixo ningún concepto se inscribirá a ningún atleta fóra de prazo.
 Para poder formalizar a inscrición correctamente será necesario aportar todos os datos
requiridos no procedemento de inscrición. A organización resérvase o dereito de non
inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo
participar na proba.
7.- RECOLLIDA DORSAIS.
A recollida de dorsais para os/as atletas inscritos/as en todas as categorías será o sábado 9 de
maio na carpa habilitada a tal efecto na Praza do Mercado.
 O horario de recollida comezará ás 12:00h.
 O dorsal poderá ser recollido ata media hora antes do comezo da carreira.
8.- DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE.
 Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito de xeito
totalmente visible durante o transcurso da carreira, sen poder facer ningunha
modificación no mesmo.
 As carreiras absolutas serán controladas por un sistema de chips de cronometraxe.
 O chip deberá ir colocado no lugar indicado pola organización.
 Os propietarios de chip amarelo poderán correr con el e a organización facilitará o chip
correspondente a quen non sexa propietario de chip amarelo.
 No caso dos chips de cronometraxe das carreiras de menores, ao ir integrados no dorsal,
non será necesaria a súa devolución.
9.- AVITUALLAMENTO.
 Todos os nenos e nenas participantes nas probas de categorías menores recibirán
avituallamento sólido e líquido unha vez rematada a súa carreira. As persoas participantes
na carreira absoluta terán un avituallamento líquido no intermedio da carreira e un
avituallamento sólido e líquido na liña de meta.
 Aqueles/as atletas, de todas as categorías, que unha vez rematada a súa carreira non
depositen o lixo nos colectores habilitados ao efecto na liña de meta, tirando residuos ao
chan, serán inmediatamente descalificados, por comportamento inadecuado, aínda que
tiveran completado o percorrido.
10.- POSTO DE PRIMEIROS AUXILIOS. A organización disporá durante a competición unha
ambulancia con técnico, ATS e médico a disposición de calquera participante que o precise.
11.- DUCHAS. Haberá duchas a disposición de corredores/as na Piscina Muncipal (Rúa Serra do
Faro, s/n).
12.- RECLAMACIÓNS. Dado o espírito deportivo e o carácter popular desta proba non se
admitirán reclamacións.

[ Go Back ]