Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Naraio - Muros
25/07/2026
21:45 - 24:00
[
Go Back
]
Descripción
TRAIL NARAIO NOCTURNO
O clube de atletismo Serres Runners organizará o Trail Naraio Nocturno o sábado 25 de
xullo de 2026 a partir das 21:45 horas no Concello de Muros. A proba entra dentro da
especialidade atlética do Trail Running. Disputarase sobre 1 distancia (14 km aprox.)
A proba rexerase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA da proba:
Dende o Campo de fútbol Agra de Filgueira (Louro).
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/f9fvYbi791jooQPu9
Artigo 2. Horarios e distancias.
O TRAIL NARIO NOCTURNO terá os seguintes horarios e distancias:
21:45 h. Trail Naraio Nocturno 14 km aprox. 650 m + aprox.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase un límite de 300 prazas. Unha vez se chegue a esa cifra na inscrición,
pecharase á mesma na carreira programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS:
SENIOR MASC / FMNO De 2009 ate máster
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1991 e 1981
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1980 e 1970
MASTER 3 MASC / FMNO Nados 1969 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
Artigo 5. Participación e seguro / Licenza de día
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.
Artigo 6. Inscricións. Prezos e prazos
A inscrición realizarase a través da páxina web www.cronotec.es
Apertura de inscricións: 06/04/2026 ás 10:00 h.
Peche de inscricións: 21/07/2026 ás 23:59 h.
Prezo da inscrición: 15 €
Artigo 7. Recollida de dorsais
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 25 de xullo: de 18:00 a 21:00 horas no Campo de fútbol Agra de Filgueira
(Louro).
Artigo 8. Premios e agasallos
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
- Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento.
- Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos da proba.
- Premios aos/as 3 primeiros/as equipos clasificados/as da proba.
Cada equipo estará formado por un mínimo de 4 corredores. Os equipos deberán ser
mixtos, mínimo 1 muller ou 1 home por equipo. Puntuarán os 4 primeiros, sempre
entrarán nesta puntuación, como mínimo 1 corredor de cada xénero. A puntuación será
o sumatorio das posicións da clasificación xeral. Gañará o equipo con menos puntuación.
- AGASALLO para todos os participantes (poderán recollelo xunto co dorsal de
competición antes da saída das probas).
- A entrega de premios realizarase a partir das 00:00 horas aproximadamente no lugar
de saída e meta da proba.
- Premios NON acumulativos.
Artigo 9. Servizo de duchas e vestiarios
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios no Campo de
fútbol Agra de Filgueira (Louro). Ubicación: https://maps.app.goo.gl/f9fvYbi791jooQPu9
Artigo 10. Avituallamentos
Haberá 2 puntos de abastecemento no Trail. Será responsabilidade do deportista portar
sistema de hidratación para facer uso dos mesmos.
- Avituallamento 1: km 7 aprox. (líquido e sólido);
- Avituallamento META (líquido e sólido).
Artigo 11. Material origatorio
- SISTEMA DE ILUMINACIÓN (FRONTAL)
- TELÉFONO MÓBIL OPERATIVO
- SISTEMA DE HIDRATACIÓN CON CAPÁCIDADE MÍNIMA DE 0,5 LITROS
Artigo 12. Información complementaria
O Club de atletismo Serres Runnes e o Concello de Muros publicarán a información de
accesos para tódolos participantes: recollida de dorsais, saída, meta e zonas de paso
intermedias.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante
calquera imprevisto, sendo obrigatorio cumplir as indicacións correspondentes por parte
dos participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Trail Naraio Nocturno garantiza
un uso responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta
distribución de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.
A proba estará supervisada polos voluntarios da organización, a Policía Local, Ges e
Protección Civil.
Todo aquel que participe na proba sin estar inscrito, sin dorsal, non opta a ningunha das
prerrogativas as que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente e poderá ser
retirado da proba.
Será descalificado todo corredor que non realice o percorrido completo, manifeste un
comportamento antideportivo, non atenda as indicacións da policía municipal ou dos
voluntarios que cubren o percorrido ou non cumpla ás normas establecidas neste
regulamento.
Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da carreira. No avituallamento
haberá servizo de recollida de desperdicios.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola Organización.
En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
[
Go Back
]