Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Marín - Carmiña
14/06/2026
10:00 - 15:00
[
Go Back
]
Descripción
V EDICIÓN. CARMIÑA Carreira.
DATA: Domingo, 14 de XUÑO de 2026.
HORA: CARMIÑA 10:00 horas - MINICARMIÑA 10:30.
LUGAR DA SAÍDA:
- PRAIA DE LAPAMÁN: Carmiña.
- PRAIA DE AGUETE: MiniCarmiña
LUGAR DA META: PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO.
DISTANCIA: Carmiña 10.600m aprox. / Mini-Carmiña 5,4km.
ORGANIZA: Concello de Marín.
INSCRICIÓN: ata o domingo, 30 de maio ás 23:59 horas ou ata fin de inscrición:
www.emesports.es
INSCRICIÓN MÁXIMA DE PARTICIPACIÓN:
450 absolutos - 350 escolares
V Edición 2026
• REGULAMENTO XERAL
A CARMIÑA Carreira, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Marín, celebrarase o vindeiro domingo, 14 de XUÑO dende a 10:00 horas, con saída NA PRAIA DE LAPAMÁN e chegada no PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO. Terá un percorrido total de 10,6km.
Ademais realizarase tamén a IV Mini-Carmiña que constará duns 5,4km aprox, que terá saída na praia de AGUETE o lado máis proximo o PORTO DEPORTIVO DE AGUETE.
1.- CATEGORÍAS E DISTANCIAS.
1.a) CATEGORÍAS CARMIÑA (10,6km): SAÍDA - 10:00. PRAIA DE LAPAMÁN.
Senior: 1992 ata o 2008.
Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
ABSOLUTA 10K. 3 PRIMEIR@S DA XERAL.
1.b) CATEGORÍAS MINI-CARMIÑA (5,4km): SAÍDA - 10:30. PRAIA DE AGUETE.
ABSOLUTA: 3 PRIMEIR@S DA XERAL.
INCLUSIVA ABSOLUTA: masculina e femenina
1.c) CATEGORÍA MENORES. SAÍDA/META: No paseo Alcalde Antonio Blanco.
Non será unha proba competitiva, e non haberá premios pero si terán medalla para todos os participantes que estean inscritos, unha camiseta de regalo e a bolsa do corredor.
11:50, Sub 18 (2009-2010); 1200m aprox.
11:50, Sub 16 (2011-2012); 1200m aprox.
11:50, Inclusiva Escolar; 1200m aprox.
12:00, Sub 14 (2013 – 2014); 1200m aprox.
12:10, Sub 12 (2015 – 2016); 600m aprox.
12:20, Sub 10 (2017 – 2018); 600m aprox.
12:30, Sub 8 (2019 – 2020); 300m aprox.
12:40, SUB 6 (2021 – 2022 - 2023); 120m aprox.
12:45, SUB 3 (2024 - 2025 - 2026); 80m aprox.
*Os atletas Sub 18 poderán participar na carreira Mini-Carmiña (5.4Km), entrando a participar na categoría absoluta coma o resto de participantes.
CATEGORÍA INCLUSIVA*: Haberá unha categoría especial:
Opción A.- Categoría inclusiva escolar. Os participantes a esta categoría farán o percorrido da categoría sub 18 - sub 16. NON COMPETITIVA.
Opción B.- Categoría inclusiva absoluta (masc. e fem.). Os participantes a esta categoría farán o percorrido do 5 Km: 1º clasificado e 1ª clasificada.
*(Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
2.- SERVIZOS O DEPORTISTA
- Bolsa do corredor.
- Medalla finisher.
- Camiseta técnica *.
- Avituallamento líquido (durante o percorrido).
- Avituallamento líquido e sólido o rematala proba.
- Música ao longo do percorrido.
- Concerto/DJ o finalizar a proba.
- Servizo de duchas.
- Servicio de autobuses.
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de Gardarroupa.
- Cervexa o finalizar a proba.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos na web de emesports
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico e controlarán os cruces ó longo do percorrido.
- Contarase cun servizo de ambulancia, cun médico e cos seguros obrigatorios de responsabilidade civil e de accidentes.
(*)Tallas disponibles ata esgotar existencias. O sistema so mostrará as opcions con stock real no momento da tua inscripción.
3.- INSCRICIÓN E PRAZOS.
3a) Proba absoluta:
1º Prazo: - Ten un custe de 14 € a través de www.emesports.es ata o 31 de maio, ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER (recomendable) ou o propio día da carreira.
2º prazo: - Ten un custe de 19 € a través de www.emesports.es do 1 de xuño ata o 7 de xuño ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba. Recollida de dorsais o propio día da carreira.
3b) Menores:
A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse ata o venres 12 de xuño en www.emesports.es
OFERTA ESPECIAL PACK CARMIÑA/MINICARMIÑA - 10K/5K MARÍN
Haberá unha oferta especial para todo atleta que desexe inscribirse nas dúas probas Carmiña/MiniCarmiña e 10K/5K Marín, o prezo sería de 20€ e a fecha límite será ata o 31 de maio as 23:59 horas.
Por 4€ máis os 150 primeiros inscritos do PACK CARMIÑA/MINICARMIÑA - 10K/5K terán a opción de adquirir un cortaventos técnico como agasallo xunto coa bolsa do corredor.
*Nota (quedan exentos deste agasallo os atletas inscritos con praza reservada).
CLUBS DE ATLETISMO DO CONCELLO DE MARÍN
Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de atletismo de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.
O realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en www.emesports.es tendo que facer a inscrición antes do 31 de maio as 23.59 h, a partir do 1 de xuño estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.
PUNTOS DE RECOLLIDA.
- Si estás interesado en recoller o teu dorsal nun punto de recollida habilitados para o evento, deberás marcalo no momento de realizar a inscrición.
- Este servizo estará habilitado so para os inscritos do primeiro prazo, ata o 12 de xuño.
- Os corredores que decidan esta opción, NON TERÁN OPCIÓN DE RECOLLELO O PROPIO DÍA DA PROBA.
PONTEVEDRA: Miler Vintage Running Clube e o día da proba.
VIGO: Bikila.
OURENSE: Runmaniak.
LUGO: Ndorfina Sports.
A CORUÑA: Marathon Running Shop.
SANTIAGO: Atleet Santiago, rúa Doutor. Teixeiro.
4.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
4.1.- Inscricións anteriores a o 31 de maio.
· TENDA MILER (horario comercial), rúa peregrina 6, soto. Pontevedra, o mércores 10 de xuño ata o sábado 13 de xuño en horario comercial.
· Ou o domingo, 14 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 1H antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).
4.2.- Resto de inscritos.
NA ZONA DE META. Domingo, 14 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 1H antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).
4.3.- PUNTOS DE RECOLLIDA: Os corredores que decidan esta opción NON terán opción de recollelo o propio día da proba.
Recollida: mércores 10 de xuño ata o sábado 13 de xuño en horario comercial.
5.- PERCORRIDO.
O percorrido será aproximadamente de 10,6km e transcorrerá por zonas de terra, praia e asfalto. En todo momento bordeando a costa do municipio de Marín, con saída dende a última praia, praia de Lapamán (ou praia do Couso), pasando polas diferentes praias, entrando na Escola Naval Militar ata chegar o paseo Alcalde Antonio Blanco.
Praia de Lapamán (Praia do Couso).
Praia da Coviña.
Praia do Santo – Illa do Santo – Ermida de San Clemenzo.
Praia da Ribeira – Illote Pinela.
Miradoiro da Teoira.
Praia da Cova.
Praia de Loira.
Porto de Aguete.
Praia de Aguete.
Praia dos Enamorados.
Praia de Mogor.
Petróglifos de Mogor
Miradoiro do Monte de Mogor.
Miradoiro de Portocelo.
Praia de Portocelo.
Escola Naval Militar.
A Farola.
Paseo Alcalde Antonio Blanco
CARMIÑA - 10,6km.
Desnivel.
MINI-CARMIÑA: 5,4km. Saída Porto deportivo de AGUETE e meta no paseo ANTONIO BLANCO.
Desnivel.
6.- SERVICIO DE AUTOBUSES.
Haberá un servizo de autobuses para desprazar os corredores a liña de saída (antes da carreira). Cada corredor terá que solicitar este servizo no momento que realice a inscrición. Este servizo terá un custo de 1€ a maiores da inscrición.
IMPORTANTE: A entrega de dorsais darase no punto de meta, antes do desprazamento a saída.
7.- SERVICIO DE GARDARROUPA.
Haberá servizo de gardarroupa no punto de recollida de dorsais (na meta – recomendable) e no punto de saída, na praia de Lapamán e para os que fagan a MiniCarmiña no cruce que baixa entre o vial das parias e o porto deportivo.
8.- ENTREGA DE PREMIOS.
A entrega de premios será no PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO e comenzará sobre as 12:45 horas (aprox.).
Tódolos premiados deberán de estar presentes na entrega de premios. De non ser así, entenderase que renuncian ós premios acadados.
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
TROFEOS E PREMIOS.
Medallas ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
Medalla ós/ás primeiros/as marinenses.
PREMIOS MINI CARMIÑA:
Medallas ós/ás tres primeiros/as clasificados/as absolutos.
9.- CANCELACIÓNS
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolvera o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada, presentada antes do 17 de maio (incluído) e enviada a milerunningclub@gmail.com En caso contrario, non se fará o reembolso. A devolución do importe será do 50% do importe pago.
10.- NORMAS XERAIS.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
- Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun Chip que se entregará a cada corredor.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
- A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
11.- UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
12.- RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
13.- RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
14.- LOPD
- Cada participante rexistrado declara o seguinte: “Estou en saúde óptima para participar na Carreira Carmiña. Durante o desenvolvemento da competición contribuirei o máximo posible coa Organización. Ademais, exento de toda responsabilidade a Organización, patrocinadores ou outras institucións participantes por calquera accidente ou lesión que poida sufrir antes, durante e / ou despois do evento deportivo, xa renunciando a calquera acción legal contra calquera das devanditas entidades.
- Tamén autorizo á Organización a facer uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación de probas, nos medios de comunicación e / ou en Internet, sen esperar ningún pago, compensación ou remuneración por este concepto ”. Segundo o L.O. 15/1999, informámosche de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo xerente é MILER RUNNING CLUB con domicilio social na Avenida Jaime Janer 61-bajo 36900 Marín (Pontevedra). O obxectivo deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos atletas ligados ao club. Se desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, pode facelo escribindo ao enderezo indicado, achegando unha fotocopia do seu DNI.
15.- COMPROMISO.
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
16.- CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
17.- CONSIDERACIÓN FINAL.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da WA en vigor e por esta orde para probas en ruta.
18.- PARA MAIS INFORMACIÓN.
Máis información a través do teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub@gmail.com
[
Go Back
]