Calendario
Ver carrera

Mondariz

02/05/2026 7:30 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO VII TRAIL ORIXES DE MONDARIZ
Trail Orixes Mondariz
1. PRESENTACIÓN
A Asociación Deportiva Mondariz, con CIF: G94138070 organiza, VII Trail Orixes Mondariz coa
colaboración do Concello de Mondariz con CIF: P-3603000-E, o 2 de maio de 2026, dende as 07:30
horas .
A proba consiste nunha carreira en liña polos montes de Mondariz, Fornelos de Montes e Covelo.
Trail Orixes Mondariz está composto por catro distancias que percorren os montes que rodean o Val
do Tea en Mondariz e concellos lindantes:
Ultra 63 km
Maratón 42km
Trail 28km
Minitrail 14km
Promo Trail 8´6 km
Estas modalidades compleméntase paralelamente duas andaina de 11km e 7km
O tipo de terreo polo que discorre a proba é variado cunha dificultade técnica e física alta. A proba
desenvólvese entre a media e baixa montaña acadando a cota máis alta de 927 metros de altitude.
Este regulamento compleméntase co regulamento da FGM. En caso de conflicto sobre normas ou
obrigas, prevalecerán os criterios establecidos pola FGM.
É responsabilidade do corredor informarse sobre a proba Trail Orixes Mondariz 2026 e dispoñer do
coñecemento, experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder superar
os posibles problemas relacionados coa ultra-resistencia, desnivel, xeografía e o entorno salvaxe do
evento, tales como: fatiga, problemas dixestivos, problemas músculo e articulacións, contusións,
lesións menores, frío, choiva, neve, néboa, esvaróns, calor ... etc.
A Organización resérvase o dereito de excluír de Trail Orixes Mondariz, incluso antes do comezo da
proba, aqueles participantes cuxa conduta entorpeza a xestión e / ou o bo desenvolvemento da
mesma, así como tamén pode realizar excepcionalmente admisións que non cumpran algúns dos
requisitos.
1
1.2 DATOS TÉCNICOS
- Ultra 65 km 3500m+ aprox
- Maratón 42 km con 2400 m+ aprox
- Trail 28km con 1600 m+ aprox
- Minitrail 14km con 650m+
- Promo Trail 8.6km con 320m +
- Andaina non competitiva de 11km con 400m+ de desnivel acumulado. Andaina de
dificultade moi alta.
- Promo Andaina non competitiva de 7km. Andaina de dificultade media alta.
2.REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:
Ultra → os participantes deberán ter 24 anos cumpridos o ano de referencia.
Maratón e Trail → os participantes deberán ter 18 anos cumpridos o ano de referencia.
Minitrail→ os participantes deberán ter 16 anos cumpridos o ano de referencia (menores
acompañados e con autorización)
Promo Trail → os participantes deberán ter 14 anos cumpridos o ano de referencia (menores
acompañados e con autorización)
Andaina→ para tódolos públicos ( menores acompañados e con autorización)
Para a participación dos menores de idade é obrigatorio presentar unha autorización firmada do
pai/nai ou titor/titora.
Para participar na distancia Ultra será Obrigatorio presentar Certificado Médico de aptitude para o
deporte de competición expedido entre maio do 2025 e abril do 2026. Este certificado deberá ser
subido a zona privada de participantes dispoñible na web de inscrición antes do 20 de abril de 2026.
Sen este certificado, o participante na distancia ULTRA non poderá tomar a saída, nin recoller o
dorsal, perdendo todo o dereito a devolución do importe da inscrición.
Pódese descargar un modelo de certificado médico dende a plataforma de inscricións. Dende a
organización admitimos outros modelos de certificados sempre que aparezca reflexado en dito
documento que non padece contraindicacións para a práctica deportiva sendo “apto para participar
en CXM” ou similar…
3. INSCRICIÓN
A inscrición realizarase a través da páxina web https://www.empa-t.com/inscripciones/ coas
condicións e prazos que figuran en devandita páxina.
A inscrición outorga un seguro de accidentes con vixencia durante a proba, asistencia sanitaria e
avituallamentos. A inscrición implica o coñecemento e aceptación deste regulamento de carreira.
2
3.1 NÚMERO DE PRAZAS.
A proba establece o seguinte número de prazas por distancia:
Ultra 120 prazas
Maratón 200 prazas
Trail 200 prazas
Minitrail 200 prazas
Andaina 75 prazas
Promo Trail 150 prazas
Promo Andaina 75 prazas
A organización reserva o dereito a xestionar 100 prazas a maiores das ofertadas. Unha vez esgotadas
as prazas ou superada a data de rexistro, pecharanse as inscricións. O feito de formalizar a inscrición,
implica a aceptación do presente regulamento.
3.2 PERÍODO DE INSCRICIÓN.
O período de inscrición comeza o día 15/12/25 as 08:00h,ata o día 19/04/26 as 23:59h. O prezo de
inscición incrementaranse a medida que se aproxime a data do evento.
Prezos por distancia:
Ultra: 45 a 60 euros.
Maratón: 37 a 50 euros.
Trail: 26 a 38 euros.
Minitail: 20 a 29 euros.
Promo Trail: 18 a 27 euros.
Andaina: 18 a 28 euros.
Promo Andaina: 14 a 22 euros.
A organización, non garante os inscritos a partir do 05 de marzo de 2026, que os obsequios
recibidos da bolsa do corredor sexan iguais o dos corredores inscritos previamente por loxística e
tempos de producción, podendo cambiar calidades, marcas e tallas de obsequios.
Detalles dos diferentes períodos asociados a cada importe:
3
Período comprendido entre 15/12/2025 a 11/01/2026
● Ultra 63 km: 45 euros
● Maratón 42 km: 35 euros
● Trail 28 km: 26 euros
● MiniTrail 14 km: 20 euros
● Promo Trail: 18 euros.
● Andaina: 16 euros
● Promo Andaina: 14 euros
Período comprendido entre o 12/01/2026 ata 04/03/2026
● Ultra 63km: 50 euros
● Maratón 42km: 39 euros
● Trail 28km: 29 euros
● MiniTrail 14km: 22 euros
● Promo Trail: 20 euros.
● Andaina: 18 euros
● Promo Andaina: 16 euros
Período comprendido entre o 05/03/2026 ata 04/04/2026
● Ultra 63km: 55 euros
● Maratón 42km: 42 euros
● Trail 28km: 32 euros
● MiniTrail 14km: 23 euros
● Andaina: 25 euros
● Promo Andaina: 20 euros
Dende o 05/04/2025 o 21/04/2025
● Ultra 63km: 60 euros
● Maratón 42km: 50 euros
● Trail 27km: 38 euros
● MiniTrail 14km: 29 euros
● Andaina: 28 euros
● Promo Andaina: 22 euros
4
3.3 A inscrición dá dereito a:
1. Os avituallamentos de carreira e o de meta.
2. Regalo conmemorativa da carreira. Bolsa do corredor e sorteo de agasallos.
3. Asistencia sanitaria.
4. Servizo de duchas.
5. Zona do corredor con bebida, pinchos, música.
6. Seguro de accidentes
7. Servizo de roupeiro
3.4 DEVOLUCIÓNS E CAMBIOS DE TITULARIDADE :
Cambio de titularidade:
A organización realizará un cambio de titularidade de maneira gratuita ata o 16 de abril, a partir
desta data non será posible realizar un cambio.
a solicitude realizarse por correo electrónico
Existen tres tramos de datas no evento. Os importes a reembolsar en cada prazo especifícanse a
continuación:
● Inscritos dende a apertura de inscricións ata o 11 de xaneiro:
- 95% do total da inscrición ata o 15 de marzo.
- 50% do total da inscrición ata o 12 de abril.
- Dende o 13 de abril ata o día da proba: non se realizarán devolucións.
● Inscritos dende o 12 de xaneiro ata o 4 marzo:
- 75% do total da inscrición ata o 15 de marzo.
- 50% do total da inscrición ata o 12 de abril.
- Dende o 13 de abril ata o día da proba: non se realizarán devolucións.
● Inscritos dende o 5 de marzo ata o 12 de abril:
- 50% do total da inscrición ata o 12 de abril.
- Dende o 13 de abril ata o día da proba: non se realizarán devolucións.
Unha vez que se tramita a baixa, o corredor recibirá o importe correspondente segundo o tramo de
cancelación. Dito pago, será realizado na mesma conta dende a que se realizara a inscrición . Sempre
que un/ha corredor/a tramite a baixa e correspondente devolución, estará renunciando ós agasallos
e privilexios que a propia inscrición lle outorgaba.
O dorsal é persoal e intransferible. Si a organización detecta algún/ha corredor/a facendo uso dun
dorsal doutra participante, procederase a correspondente sanción a ámbolos dous corredores/as.
5
ANULACION OU SUSPENSIÓN:
No caso de suspensión da proba por causa de forza maior, a organización reservase o dereito a
anular ou aprazar a proba sen dereito o reembolso . No caso que exista a posibilidade de
aprazamento para unha nova data, darase a coñecer co tempo suficiente a todos os inscritos, non
sendo este motivo causa xustificada para a devolución do importe da inscrición.
4. DORSAIS
A cada corredor entregaráselle un dorsal/pectoral NOMINATIVO E INTRANSFERIBLE, que deberá levar
durante toda a carreira. Debe situarse de tal xeito que permaneza ben visible e na parte dianteira,
sen dobrar nin cortar.
Os corredores inscritos deberán presentar o DNI ou pasaporte para a retirada do dorsal.
Os participantes inscritos como federado, terán a obriga de presentar a licenza federativa para a
retirada de dorsais. Para a distancia ultra será obrigatorio subir a plataforma de inscricións o
certificado médico nos prazos indicados.
O dorsal entregarase no lugar, data e hora que a organización designe, ao TITULAR DA INSCRIPCIÓN
DEBIDAMENTE IDENTIFICADO. Para iso debe presertar DNI, carne de conducir, pasaporte ou
documento equivalente para estranxeiros en vigor. Non se entregará o dorsal a terceiras persoas sen
autorización por escrito e foto ou fotocopia dun dos documentos identificativos do titular, xunto coa
licenza federativa se corresponde.
O dorsal, permitirá acceder a todolos servizos que presta a organización. A ausencia do dorsal sen
causa xustificada suporá a descualificación do corredor.
Non está permitido ningún cambio de dorsal entre corredores.
4.1 HORARIOS E LOCALIZACIÓN DA RECOLLIDA DE DORSAIS
Recollida de dorsais:
Venres 1 de maio de 2026:
Auditorio municipal (fronte a igrexa) a partir das 17:30h
Día 2 de maio:
Zona de saída dende as 06:30h ata as 10:45h.
Cada distancia pecha entrega de dorsais 15 minutos antes da súa respectiva saída.
4.2 RETIRADA DE DORSAIS DE TERCEIRAS PERSOAS:
Non se entregará ningún dorsal a terceiros, se non se presenta a solicitude de retirada de dorsais
debidamente complementada e acompañada do DNI, carne de conducir, pasaporte ou documento
equivalente para estranxeiros en vigor así como a tarxeta federativa en caso de federados.
6
4.3 CHARLA TÉCNICA:
A charla técnica terá lugar no auditorio municipal (fronte a igrexa) o venres 01 de maio, de 2026, as
19:00h.
5.TROFEOS E CLASIFICACIÓNS:
Entregaranse trofeos ou medallas os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto
masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade a categoría
absoluta. A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría é sub
categorías, será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición.
As categorías para a clasificación a efectos de Trail Orixes Mondariz serán a seguintes:
-Categoría absoluta : 3 primeiros clasificado/as.
- Sub categoría Veterana A: de 40 a 49 anos, é dicir que non cumpra os 50 anos o ano de
referencia.
- Sub categoría Veterana B: a partir dos 50 anos .
- Categoría por equipos: sumaranse os 4 mellores tempos de cada equipo ou club.( A partir
do día 19 de abril , non se admitirán cambios nin incorporacións os equipos).
- Clasificación “Local”. Elaborarase unha clasificación Local (entre os concellos de Mondariz,
Mondariz Balneario, Ponteareas e Covelo) en cada distancia para os 3 primeiros clasificados
Feminina/Masculina. Esta clasificación será paralela as mencionadas no regulamento da proba e polo
tanto acumulativa con outras categorías.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría é sub categorías, será a
que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición.
En todalas categorías e sub categorías será necesario para validar a clasificación ter unha
participación mínima de 4 competidores. Polo que por baixo de devandito número non haberá
protocolo de entrega de premios en devanditas categorías e sub categorías.
Os menores de idade a partir de 14 anos só poderán participar na distancia Promo Trail e a partir dos
16 anos Mini Trail, ambas deberán entregar unha autorización asinada pola nai/pai ou titora/titor e
acompañados na recollida de dorsais e durante o percorrido.
5.1 HORA DE ENTREGA DE PREMIOS PREVISTA POR DISTANCIA
● Promo Trail e Minitrail : 13:30H-14:00h
● Trail: 14:30h
● Maratón: 17:00h
● Ultra : 19:30h
7
A entrega de trofeos pode variar de hora en función de como se complete cada categoría e
subcategoría, podendo adiantar ou retrasar a hora prevista.
A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega, entenderase como renuncia os trofeos ou
premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e premios, deberá
ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación. A organización non enviará
trofeos por ningún medio.
6. PERCORRIDO
6.1 Trail Orixes de Mondariz discorrerá polo concello de Mondariz, Fornelos de Montes e Covelo.
6.2 O percorrido estará marcado pola Organización con cinta plástica de cor viva, banderolas, carteis
de dirección e outros elementos de sinalización, que estarán situados a intervalos regulares,
dependendo da tipoloxía do terreo e dos camiños. É RESPONSABILIDADE DE CADA CORREDOR
LOCALIZAR A SEÑALIZACIÓN E SEGUILA.
6.3 Algúns tramos do percorrido que descorren por estradas ou rúas de poboacións, non estarán
cortadas ao tráfico rodado, debendo aterse os participantes ás normas xerais de Tráfico ou ás
indicacións da Organización. Na maioría destes casos haberá xente da organización, Protección Civil e
Policía Local para cruzar ou correr pola calzada.
6.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado, así como pasar polos controis establecidos. O
corredor que atalle ou recorte o itinerario marcado, que non pase por todos os controis establecidos
ou que utilice algún medio mecánico para o seu desprazamento, será descalificado.
7.ITINERARIO, TEMPOS E PUNTOS DE CORTE POR DISTANCIAS
Trail Orixes de Mondariz, discorrerá polo seguinte itinerario:
Praza Mondariz (Saída)- Riofrío – Aboal – Festín – Gargamala – Caxil – Vidueiros – Foxo do Lobo
Estacas – Lago de Piñeiro- Caxil II ( Mosteiro San Xoán) – Sabaxáns – Cernadela – Mondariz (Meta)
Tempos De Corte
Estableceranse tempos máximos de paso para algúns controis, que figuran na ficha técnica e
pódense consultar a través da web e na charla técnica.
7.1 Puntos de corte
Establécense os tempos de corte a saída de cada avituallamento, rebasado este tempo non se
poderá continuar polo percorrido e procederase a retirada do dorsal e da carreira ou desvio de
traxecto.
DISTANCIA ULTRA 62KM
Hora de saída 07:30h
Gargamala: punto quilométrico 15.9 km aproximados. Hora de peche 10:45 ( 03:15h de carreira).
Todo aquel que non pase o punto de corte, será desviado o percorrido Trail 28km, fora de tempos
clasificatorios.
8
Caxil 1: punto quilométrico 26 Km aproximados. Hora de peche 12:30h ( 05:00h de carreira). Todo
aquel que non pase o punto de corte, será desviado o percorrido Maratón, fora de tempos
clasificatorios.
Lago de Piñeiro: punto quilométrico 41 Km aproximados. Hora de peche 15:00h ( 08:00h de carreira).
Caxil 2 (mosteiro de San Xoan): punto quilométrico 47 Km aproximados. Hora de peche 16:30h
(09:00h de carreira).
Furafollas: punto quilométrico 56 km aproximados. Hora de peche 18:30h (11:00h de carreira)
Meta: punto quilométrico 62 km aproximados. Hora de peche 19:30 h ( 12h de carreira)
DISTANCIA MARATÓN 42KM
Hora de saída 8:30h
Gargamala: punto quilométrico 15.9 km aproximados. Hora de peche 11:45h (03:15h de carreira).
Todo aquel que non pase o punto de corte, será desviado o percorrido Trail 26km, fora de tempos
clasificatorios.
Caxil (mosteiro de San Xoan): punto quilométrico 27 Km aproximados. Hora de peche 14:30h (6h de
carreira).
Furafollas: punto quilométrico 36 km aproximados. Hora de peche 16:30h (8h de carreira)
Meta: punto quilométrico 42 km aproximados. Hora de peche 17:30 h ( 9h de carreira)
DISTANCIA TRAIL 28KM
Hora de saída 10:00h
Gargamala. Punto quilométrico 15.9 km aproximados. Hora de peche 13:30h
Meta: punto quilométrico 28 km aproximados. Hora de peche 16:30 h
DISTANCIA MINITRAIL 14KM ANDAINA 12KM
Hora de saída: 10:50h
Meta: punto quilométrico 14 km aproximados. Hora de peche 16:00 h ( 5h de carreira)
DISTANCIA PROMO TRAIL 9 KM E ANDAINA PROMO 7KM
Hora de saída: 11:15h
Meta: punto quilométrico 14 km aproximados. Hora de peche 16:00 h ( 5h de carreira)
9
7.2 TEMPO EXCEDIDO
Aqueles corredores que excedan os tempos de corte, deberán entregar o seu dorsal aos responsables
do control e retirarse da proba ou chegar a meta por indicacións do punto de control.
7.3 MODIFICACIÓNS NO PERCORRIDO
En caso de condicións metereolóxicas adversas establécese un itinerario alternativo que pode
aplicarse total ou parcialmente. A organización poderá realizar as modificacións que considere
necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o
aconsellasen, ou por outras causas de forza maior. O importe da inscrición non se devolverá en casos
de forza maior. .
7.4 Suspensión durante a carreira
Se fose necesario interromper e suspender a proba nun punto do percorrido, a clasificación
determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de interrupción ou, na súa falta, no
último control realizado.
8. SEMI-AUTOSUFICIENCIA
Dado o carácter de semi-autosuficiencia da proba, cada corredor deberá prever e portar a cantidade
de alimentos, bebidas, sales e complementos que estime necesarios para poder completar o
percorrido.
8.1 Avituallamentos
A Organización disporá como apoio dos seguintes avituallamentos, con bebidas e alimentos en
cantidades estimadas como razoables, que se deberán consumir no mesmo lugar e depositar no lixo
indicado pola organización.
Non se proporciaonarán vasos nos avituallamientos. Os participantes deberán portar durante todo
o percorrido un vaso ou botella para beber nos avituallamientos.
Avituallamantos ultra
-Aboal 6km
- Ermida San Xoán 10,9km
- Pastizal Gargamala 16km
- Coto de Eiras 21km
- Subida Vidueiros 29km
- Foxo do Lobo 37km
- Lago de Piñeiro 41km
10
- Caxil 2 (Mosteiro de San Xoán) 47km → Bolsa de vida
- Furafollas 57 km
- Mondariz (Meta)
NON HAI VASOS NOS AVITUALLAMENTOS
Avituallamentos Maratón
-Aboal 6km
- Ermida San Xoán 10,9km
- Pastizal Gargamala 16km
- Coto de Eiras 21km
- Mosteiro de San Xoán (Caxil) 27km → Bolsa de vida
- Furafollas 36 km
- Mondariz (Meta)
NON HAI VASOS NOS AVITUALLAMENTOS
Avituallamientos Trail
-Aboal 6km
- Ermida San Xoán 10,9 km
11
- Pastizal Gargamala 16 km
- Furafollas 22 km
- Mondariz (Meta)
NON HAI VASOS NOS AVITUALLAMENTOS
Avituallamientos Minitrail e andaina
-Sabaxans 5,5km
-Furafollas km10 para minitrail e km 7,5 para andaina
NON HAI VASOS NOS AVITUALLAMENTOS
Avituallamiento Promo Trail e Promo Andaina
Sabaxáns km 3,5.
NON HAI VASOS NOS AVITUALLAMENTOS
8.2 VASOS E DESPERDICIOS
A organización non poñerá vasos nos avituallamentos polo que cada corredor é responsable de levar
un recipiente para beber. O obxetivo é respetar o medio ambiente e minimizar o impacto
medioambiental.
É obriga de cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos
avituallamentos.
12
9.- MATERIAL ACONSELLADO E OBRIGATORIO.
9.1 Material aconsellado (non obrigatorio)
Recoméndase a TODOS os corredores das diferentes probas levar o seguinte material:
• Sistema de hidratación
• Reserva alimentaria
• Gorra ou similar, para protexerse do sol
• Manta térmica
•Bandana tipo buff
•Móbil con batería
•Chifre
• Chubasquero ou cortaventos manga longa da talla correspondente
• Zapatillas de trail running con bo agarre, con debuxo e parte superior con elementos de fixación
que manteña a zapatilla ben suxeita ao pé.
9.2 Material obrigatorio.
Distancia Ultra
Obrigatorio presentar Certificado Médico de aptitude para o deporte de competición expedido
expedido entre maio de 2025 a abril de 2026. Este certificado subirase a plataforma de inscricións
antes do 20 de abril de 2026.
Sen este certificado o participante que non aporte a documentación requerida non poderá tomar a
saída, nin recoller o dorsal, perdendo todo o dereito a devolución do importe da inscrición.
Pódese descargar un modelo de certificado medico dende a plataforma de inscricións
https://inscripciones.empa-t.com/inscripcion/vi-trail-orixes-de-mondariz/
Os participantes na distancia ULTRA estarán obrigados, como mínimo, a levar o seguinte
material:
- Zapatillas de trail running
- Chaqueta cortaventos con capucha e manga longa da talla correspondente o corredor /a.
- Manta térmica ou de supervivencia (mínimo 1,20 X 2,10).
- Reserva de auga (mínimo 1 litro).
- Teléfono móbil con batería cargada.
- Bandana tipo buff.
- Chifre
13
O material obrigatorio poderá ser requirido polos Árbitros da FGM no control de dorsais e nas partes
do percorrido destinadas a tal efecto, e todos os corredores están obrigados a someterse a este
control, baixo pena de sanción ou descualificación da carreira.
Material recomendable na distancia ULTRA:
- Luvas
- Luz vermella posición traseira
- GPS ou Compás
- Bastóns, pero no caso de saír con eles, deberán levalos durante toda a proba
- Frontal ou lanterna con pilas de reposto.
-Malla longa
Maratón
Os participantes na distancia MARATÓN estarán obrigados como mínimo a levar o seguinte
material:
• Sistema de hidratación 1 litro
• Teléfono móbil con batería.
• Cortaventos ou chuvasqueiro (segundo climatoloxía, decisión da organización)
• Manta térmica
• Chifre
Trail
Os participantes na distancia TRAIL estarán obrigados como mínimo a levar o seguinte material:
• Sistema de hidratación mínimo 0.5 litros
• Teléfono móbil con batería.
• Cortaventos ou chuvasqueiro (segundo climatoloxía, decisión da organización)
• Manta térmica
• Chifre
Minitrail e Promotrail
Os participantes na distancia MINITRAIL estarán obrigados como mínimo a levar o seguinte
material:
14
• Sistema de hidratación mínimo 0.3 litros
• Teléfono móbil con batería
• Manta térmica (Aconsellable)
10.Andaina e Promo Andaina
10.1 Andaina
Material obrigatorio:
• Sistema de hidratación mínimo 0.25 litros
• Teléfono móbil con batería
• Manta térmica (Aconsellable)
11. RETIRADA E ABANDONOS
11.1 Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe no control máis próximo e
entregando o seu dorsal ao persoal IDENTIFICADO da Organización. A partir dese momento, quedará
fóra da competición e asumirá calquera responsabilidade derivada da súa retirada. A evacuación dos
corredores a meta efectuarase segundo a dispoñibilidade loxística da organización. O corredor que
abandone a proba fóra dos lugares designados para evacuación, terá que dirixirse polos seus medios
ata o punto de evacuación máis próximo.
Lugares de traslados: avituallamientos da capela de Festín, Gargamala, Bidueiros, Caxil 2 e Furafollas.
Salvo causa de lesión grave os participantes deberán esperar a formar grupos de traslados de
corredores, podendose demorar o tempo de espera.
11.2 A organización poderá retirar da carreira, e quitarlle o dorsal, ao corredor que se considere que
teña minguadas as súas capacidades físicas ou técnicas como causa de fatiga ou desgaste da proba,
garantindo así a súa saúde.
11.3 Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a aqueles que o requiran.
11.4 En caso de accidente, enfermidade ou ferida que precise asistencia, deberase avisar ao teléfono
da organización. Recórdase que a Carreira por Montaña Trail Orixes de Mondariz, discorre por algúns
lugares de difícil acceso a vehículos ou ata onde só se pode chegar a pé polo que, nalgúns casos,
pode levar un certo tempo que os servizos de urxencia cheguen ata o ferido, será obrigatorio levar
móbil con batería cargada.
12. PENALIZACIÓNS
Calquera membro da organización e do equipo de voluntarios poderá anotar o dorsal e a infracción
cometida, sen que sexa necesario avisar previamente ao corredor.
Causas de penalización:
• Non levar o material obrigatorio que estipule a organización
15
• Atallar ou recortar o percorrido
• Correr nas pontes de ferro.
• Acompañamento por outras persoas
• Avituallar durante o percorrido con axuda externa fora dos puntos de avituallamento establecidos
pola organización.
• Levar o dorsal dobrado ou recortado
• Arroxar desperdicios ou envoltorios
• Saltarse algún control de paso
• Utilizar algún medio mecánico
• Cambio de dorsal
• Non prestar auxilio a outros corredores
• Cruzar varias veces o control de meta.
13. RECLAMACIÓNS E SISTEMAS DE APELACIÓNS
13.1. O sistema de apelacións e reclamacións rexeranse por dito regulamento. Ditas reclamacións só
serán atendidas por medio do formulario facilitado pola organización.
14 XURADO DE COMPETICIÓN
O xurado de Competición é un órgano consultivo que actuará de acordo as normas da organización.
15. ACEPTACIÓN E RESPONSABILIDADE
15.1 Os participantes de Trail Orixes de Mondariz fano de xeito voluntario, sendo plenamente
conscientes da lonxitude, desnivel e esixencia física da proba, que se desenvolverá baixo posibles
condicións climáticas adversas de frío ou calor, choiva e vento, por terreo de montes, camiños, pistas,
sendas ou monte a través. En moitos puntos é preciso cruzar cauces de río.
15.1.1 Os participantes deben ter experiencia previa en probas de carreiras en montaña e asegurarse
de que as súas condicións físicas, sexan as máis apropiadas para afrontar a proba, así como levar e
saber usar o material obrigatorio, sendo responsabilidade sua os problemas que poidan xurdirlles no
desenvolvemento da proba por ignorar estes requisitos.
15.1.2 A organización declina toda responsabilidade, en caso de accidente por neglixencia do
corredor, así como pola perda ou rotura dos obxectos persoais de cada participante. Cada corredor
será responsable de todo dano ou lesión que poida causarse a si mesmo ou a terceiros, exonerando á
Organización e á A.D. Mondariz de calquera responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
15.2 Todo participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións establecidas no presente
Regulamento, que debe coñecer e ter en consideración. Calquera circunstancia non prevista neste
regulamento será resolta polo Xurado de Competición.

[ Go Back ]