Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
O Grove
27/09/2026
10:00 - 11:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO XXV CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO DO GROVE 2026
- ORGANIZAN: Concello do Grove e C.D. Ría de Arousa do Grove.
- DATA DE CELEBRACIÓN: domingo 27 de setembro de 2026. A carreira absoluta (10 km.)
comezará ás 10:00 h. As carreiras de menores sobre as 11:30 h. aprox. (ao remate da carreira
absoluta).
- INSCRICIÓNS: Para todas as categorías as inscricións realizaranse a través da páxina
www.carreirasgalegas.com dende o 27 de xullo ata o mércores 23 de setembro ás 23:59 h. A
categoría absoluta terá un prezo de 8 euros con dereito a “bolsa do corredor” se se fai a inscrición
antes do domingo 13 de setembro ás 23.59 h.
A partir desta data e ata o 23 de setembro o custo será de 12 euros.
- RECOLLIDA DE DORSAIS: sábado 26 de setembro de 16:00 a 18:00 h. na Sala das Cunchas,
na planta baixa do edificio do Concello de O Grove, ou o propio domingo 27 na zona de saída
entre 8:00 e 9:30 h. Os dorsais das carreiras de menores poderanse recoller ata as 11:30 h.
Ubicación do Concello de O Grove (Praza do Corgo)
- SAÍDA e META DA PROBA: Parque de Confín (no Paseo Marítimo de Beiramar).
Ubicación da zona de recollida de dorsais o día da carreira,
Saída e Meta (Avda. Beiramar, Paseo de Confín)
- CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO: O percorrido será mixto, comezando sobre asfalto,
continuando por terra (no Monte da Illa da Toxa), saíndo de novo ó asfalto, seguindo polo céspede
do campo de Golf A Toxa e rematando en asfalto novamente ata a liña de meta.
Haberá duchas ao servizo dos corredores no Pavillón Naútico Tono Campos e no Pavillón dos
Deportes de Monte da Vila ao finalizar a carreira.
Ubicación Pavillón Naútico Tono Campos Ubicación Pavillón Municipal Monte da Vila
-AVITUALLAMENTO: Haberá avituallamento tanto na metade do percorrido como na zona de
meta.
- CATEGORÍAS E DISTANCIAS establecidas pola organización:
CATEGORÍAS (masculina e feminina) DISTANCIAS HORARIO
PITUFOS: nados en 2020, 2021, 2022 ou
posteriores
250 m. aprox. 12:25h
PREBENXAMÍN: nados no 2019 500 m. 12:20h
BENXAMÍN (sub 10): nados no 2017 e 2018 500 m. F 12:10h – M 12:15h
ALEVÍN (sub 12): nados no 2015 e 2016 1000 m. F 12:00h – M 12:05h
INFANTIL (sub 14): nados no 2013 e 2014 1000 m. F 11:50h – M 11:55h
CADETE (sub 16): nados no 2011 e 2012 1500 m. F 11:30h – M 11:40h
XUVENIL (sub 18): nados no 2009 e 2010 1500 m. F 11:30h – M 11:40h
SUB 20- SUB 23 e SENIOR (na mesma
categoría): de 2008 ata os 34 anos cumpridos
o día da proba
10.000 m. 10:00h
MASTER A: de 35 a 44 anos cumpridos o día
da proba
10.000 m. 10:00h
MASTER B: de 45 a 54 anos cumpridos o día
da proba
10.000 m. 10:00h
MASTER C: de 55 a 64 anos cumpridos o día
da proba
10.000 m. 10:00h
MASTER D: a partir de 65 anos cumpridos o
día da proba
10.000 m. 10:00h
- PREMIOS:
- A ceremonia de entrega de premios terá lugar na zona de meta a continuación das
carreiras de menores.
-Recibirán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría (masculina e feminina) a
partir de benxamíns. En todas as categorías de menores, ata sub 18, haberá medalla para tod@s
@s participantes.
- Os tres primeiros clasificados da xeral na categoría absoluta (10 km.), tanto masculina
como feminina recibirán un trofeo e os seguintes premios en metálico, ademais dun bono de
consumición para a “Festa do Marisco”:
1º: 350€
2º: 250€
3º: 150€
- Haberá que presentar o DNI para o cobro dos premios en metálico.
- Os primeiros atletas masculino e feminino locais recibirán un trofeo e un bono de
consumición para a “Festa do Marisco”.
- A organización reservase a posibilidade de poder agasallar ós primeiros clasificados das
diferentes categorías con mais premios que se poidan conseguir de patrocinadores e
colaboradores.
- DESENVOLVEMENTO DA CARREIRA.
- A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función de diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
-Durante a proba poderá haber fotógrafos tanto da organización como do público, polo que se
acepta por parte do participante que se poderán reproducir imaxes ou vídeos en diferentes redes
sociais, soportes publicitarios ou medios de comunicación.
- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS ESTRANXEIROS E DOUTRAS FEDERACIÓNS
AUTONÓMICAS. A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexerase segundo o regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo para
probas de calendario autonómico.
[
Go Back
]