Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
O Pino - San Silvestre
28/12/2024
17:00 - 18:00
[
Go Back
]
Descripción
I SAN SILVESTRE DO PINO 2024
O Concello do Pino a través do seu departamento de deportes e en colaboración tanto da
Federación Galega de Atletismo como do Club Atletismo O Pino organizan a I Edición da
Carreira San Silvestre Pinar que terá lugar o 28 de decembro de 2024 a partir das 16:30
horas da tarde no Concello do Pino.
BASES DE PARTICIPACIÓN
1. Poderán participar atletas federados e non federados (para estes habilitarémoslles unha
licenza de día) haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras
estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. A SAÍDA da proba será a partir das 16:30 horas desde a Praza Forcarei. A zona de meta
estará situada tamén en dita praza.
3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no
ano 2021. Os atletas menores de esa idade non poderán participar na proba, a
organización non se fará responsable deles.
4. Todos/as aqueles/as que se queiran presentar a esta carreira deberán levar un disfraz
ou traxe de carácter ou simboloxía navideña.
1. CATEGORIAS E HORARIOS
Nesta edición de 2024, haberá as seguintes categorías e horarios:
CATEGORÍA ANOS DE
NACEMENTO DISTANCIA HORA
SAN SILVESTRE DO PINO EN
CATEGORÍA ESCOLARES 2 do 2019 ó 2021
165 metros.
A partir das
16:30 h
SAN SILVESTRE DO PINO EN
CATEGORÍA ESCOLARES 1 do 2015 ó 2018
340 metros.
A partir das
16:45 h
SAN SILVESTRE DO PINO EN
CATEGORÍA ABS
2014 e anteriores 4 km aprox.
A partir das
17:00 h
A entrega de premios será ás 17:45 horas (ao remate da carreira) na Praza de Forcarei
2. LUGAR DE SAÍDA E META
Tanto a saída como a meta realizaranse desde a Praza Forcarei.
3. INSCRICIÓNS
As inscricións poderán realizarse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal, con data límite o xoves 26 de decembro ás 23:59 horas.
Deberán cubrir o formulario cos datos requiridos e finalizar o proceso de inscrición
(poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).
CAIXÓNS DE SAIDA:
Os caixóns de competición faranse por orde de marcas na distancia de 4K. No caso de non
existir, faranse por orde aleatorio establecido previamente.
PREZOS E PRAZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORÍA ESCOLARES e ADULTOS:
A participación, tanto de escolares como de adultos, nesta carreira será GRATUÍTA.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o
mesmo día da proba.
4. PREMIOS E AGASALLOS:
➢ Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da carreira 4K.
➢ Medallas para todos/as aqueles/as corredores que participan nas
carreiras de 340 e 165 metros.
➢ Premio para o mellor disfraz ou traxe individual das categorías
escolares.
➢ Premio para o mellor disfraz ou traxe individual da categoría adulta.
➢ Premio para o mellor disfraz ou traxe grupal das categorías escolares.
➢ Premio para o mellor disfraz ou traxe grupal da categoría adulta.
Aqueles participantes que opten aos premios de mellor disfraz ou traxe, tanto
individual como por equipos, deberán presentarse en liña de saída 15 minutos
antes do comezo da proba.
Será un xurado os/as que determinen os premios aos mellores disfraces individuais
e colectivos. Dito xurado estará composto por persoal do concello, do Club Atletismo
O Pino e da Federación Galega de Atletismo.
5. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na PRAZA DE
FORCAREI ubicada preto da casa do Concello con prazo límite 30’ antes do inicio da
proba.
NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA ZONA DE SAÍDA
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que non
poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de xeito visible
na zona anterior do corpo.
6. CIRCUÍTO OU PERCORRIDO
➢ A proba disputarase sobre un circuíto de 4 km aproximadamente que estará
publicado previamente en www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal.
➢ A saída e meta será desde a Praza de Forcarei.
➢ Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas
en ruta da FGA, RFEA e WA, por esta orde, en vigor.
➢ A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento.
➢ Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara,
baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite
estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
Conforme a Ley Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos
Persoais e garantía dos dereitos dixitais, todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan
a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
[
Go Back
]