Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Outes
16/03/2025
9:30 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO TRAIL DE OUTES
2025
Tod@s aquel@s inscrit@s para participar no circuíto Trail de Outes 2025, sométense ao seguinte
regulamento:
PERCORRIDO:
O percorrido desenvolverase sobre un circuíto con piso de terra debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a
todos os participantes sen dorsal.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
O tempo máximo para completar cada distancia figura nas características técnicas da mesma.
A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se
garantirá a súa cobertura.
PREZOS:
O importe para cada distancia é de:
o 21 € para o trail de 26 km
o 16 € para o trail de 18 km
o 8 € para a andaina.
Cada participante terá un chip e un dorsal que se lle entregará o día da proba, o
chip debe ser devolto unha vez finalizada a carreira. Non devolvelo implicará o abono
de 10 € en concepto de penalización.
Aquel@s que se anoten para a carreira terán dereito a obsequio conmemorativo que se
entregará xunto co dorsal.
Pódese modificar a inscrición e cambiar de distancia ata 7 días antes de cada unha das probas,
abonando ou reintegrando a diferencia según corresponda.
INSCRICIÓNS:
O prazo de inscrición ábrese o día 20 de xaneiro e péchase o luns 10 de marzo ás 09:00 h.
So levarán obsequio conmemorativo aqueles/as inscritos/as antes do 3/3/2025
As inscricións realizaranse a través de www.galitiming.es nun formulario habilitado para tal
fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes,
avituallamentos intermedio e final, servizo de ducha, asistencia sanitaria en carreira, trofeos,
e a participar nos sorteos dos produtos dos patrocinadores.
A non participación, retirada ou descualificación da proba non implica a devolución do
importe.
A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da
capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sen reservas
(recoméndase a súa lectura).
2
REGULAMENTO TRAIL DE OUTES
2025
Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche do prazo de
peche.
CATEGORÍAS:
Establécense as seguintes categorías en función do ano de nacemento (non se ten en conta o día nin
o mes, só o ano):
Menores de 35 anos
De 36 a 40 anos
De 41 a 45 anos
De 46 a 50 anos
De 51 a 55 anos
De 56 a 60 anos
De 61 a 65 anos
Maiores de 65 anos
PREMIOS POR CARREIRA:
Recibirán trofeo (non son acumulativos):
@s tres primeiros da xeral individual
@s primeir@s de cada categoría
Os tres primeiros equipos
Trofeo especial ao equipo máis numeroso
A entrega de trofeos realizarase 5 minutos despois do peche da carreira (ver a ficha técnica
da proba) nun espazo habilitado preto da liña de meta.
Se un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo
con posterioridade.
Se a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e
condición dos atletas para poder acceder aos premios.
CLASIFICACIÓNS:
Para cada distancia elaborarase unha clasificación xeral por tempo de entrada en meta, e tamén
desagregado en cada unha das categorías.
CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS:
Para a clasificación por equipos terase en conta a suma dos tempos dos 4 membros do equipo
en cruzar a meta tendo que ser cando menos un deles unha MULLER
Para participar coma equipo é preciso ter 4 membros na distancia pola que queiran competir
(Podes ter un equipo que compita nunha distancia, e outro na outra; ou dous equipos na
mesma distancia).
A suma dos tempos acadados determinará a posición do equipo na clasificación.
Non se permiten cambios de equipo e distancia unha vez pechado o plazo de inscrición.
3
REGULAMENTO TRAIL DE OUTES
2025
Un mesmo club pode inscribir tantos equipos como queira, sempre que teñan un mínimo de
4 integrantes e os inscriba ca variación do nome do equipo correspondente (por exemplo:
NomedeClube A, NomedeClube B, etc)
A organización non se responsabiliza da variación dos nomes dos equipos que facilitaron ao
inscribirse (verificade ben que todos os membros vos inscribides co mesmo nome de equipo).
PARTICIPANTES:
Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún
vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante
se consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a todos aqueles
que corran sin dorsal.
Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así
como a respectar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes
condicións:
o Finamento por accidente: 10.000 €
o Invalidez por accidente: 12.000 €
o Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e está nas súas mans
prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a él ou a terceiros.
Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servizos de
emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados
ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección
deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou
físico a outros participantes e a terceiras persoas.
A idade mínima é de 18 anos. Calquera membro da organización pódelle pedir a un
participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispoñerá de tempos intermedios.
Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos
corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
Haberá avituallamento intermedio líquido (ver ficha de cada carreira).
Nos avituallamentos intermedios non se dispondrá de recipientes para líquido (cada
participante deberá levar o seu recipiente).
Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización
deles suporá a descualificación do participante.
4
REGULAMENTO TRAIL DE OUTES
2025
Facilitarase acceso a duchas e aseos ao remate de cada proba.
MATERIAL:
É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en
cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
É recomendable portar unha manta térmica durante toda a proba.
É recomendable levar un teléfono móbil con batería e saldo para estar en contacto coa
organización se fose preciso.
É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A
organización resérvase o dereito a retirar a calquera corredor que non cumpra esta
recomendación.
A tódos/as os/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata
o remate da carreira, sendo descualificado o corredor que chegue sen dorsal.
Facilitarase un chip a todos/as os/as participantes que deberá situar no calzado ou no nocello
para a súa correcta lectura nos puntos de control, se o corredor non devolve o chip ao remate
da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa provedora.
A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado
durante a proba.
Recoméndase atender á información ao corredor que se remitirá uns días antes da proba,
por si se incorporase algún material obrigatorio ou recomendado a maiores en función das
condicións climáticas.
RETIRADA DE DORSAIS:
O mesmo día da proba no lugar de saída, dende 1 h. antes da hora de saida, e ata 15 min
antes da saída de cada unha das carreiras.
Se a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
Recoméndase seguir as instrucións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do
seu apelido para axilizar a retirada.
É imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (que se entregará no momento da
retirada do dorsal) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización
resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.
DESCALIFICACIÓNS:
Se o participante amosara unha conduta antideportiva.
Se o participante retira sinais da carreira.
Se o participante non remata o percorrido.
Se o participante non atende as indicacións da organización.
Se o participante non porta o material obrigatorio.
Se o participante atenta contra o medioambiente.
Se o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
Se o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar doutros
participantes.
5
REGULAMENTO TRAIL DE OUTES
2025
Se o participante pon en risco a súa integridade ou a doutros participantes cunha conduta
manifestamente temeraria.
Se o participante está fora dos tempos de corte establecidos para cada distancia ou si -ainda
dentro do tempo de corte- resulta inviable que chegue á meta no tempo máximo estipulado
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
Calquera outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non
cabendo recurso.
A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba
de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este
suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
Calquera tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da
proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
Club de Atletismo Outes non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que
ocasione a participación nesta carreira.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
[
Go Back
]