Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Fene - San Silvestre
28/12/2024
18:30 - 19:30
[
Go Back
]
Descripción
CARREIRA POPULAR “X SAN SILVESTRE - CONCELLO DE FENE”
28 DE DECEMBRO DE 2024
REGULAMENTO DA PROBA
Artigo 1. INFORMACIÓN BÁSICA
O Concello de Fene organiza a Carreira popular “X SAN SILVESTRE – CONCELLO
DE FENE”. A proba terá lugar o día 28 de decembro de 2024 a partir das 17:00 horas.
A saída e meta estarán situadas na Avenida do Mar ( diante do pavillón da Xunqueira).
Artigo 2.- PARTICIPANTES
A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición
física suficiente para afrontar a proba.
Artigo 3.- CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías de participación segundo os anos de nacemento.
CATEGORÍA ANO de NACEMENTO DISTANCIA
BIBERÓNS 2020 50 m.
PITUFOS 2019 100 m.
SUB 8 2017 - 2018 200 m.
SUB 10 2015 - 2016 400 m.
SUB 12 2013 - 2014 800 m.
SUB 14 2011 - 2012 1.200 m.
SUB 16 2009-2010 2.500 m.
SUB 18 2007 - 2008 2.500 m.
ABSOLUTA 2006 e anteriores 5.000 m.
ANDAINA TÓDALAS IDADES 2.500 m.
2 de 10
Artigo 4.- PERCORRIDO, DISTANCIA E HORARIOS
O circuíto sobre asfalto estará pechado ao tráfico (salvo os vehículos autorizados pola
Organización) e estará controlado e vixiado pola Policía Local, Protección Civil e
colaboradores da Organización. Calquera outro tipo de acompañamento está prohibido.
Tódalas categorías correrán nun circuíto urbano, polo Concello de Fene.
As saídas das carreiras terán lugar ás seguintes horas:
CATEGORÍA HORA (*1) DISTANCIA
BIBERÓNS 17:00 50 m
PITUFOS 17:05 100 m.
SUB 8 17:10 200 m.
SUB 10 17:15 400 m.
SUB 12 17:25 800 m.
SUB 14 17:40 1.200 m.
SUB 18 / SUB 16 17:55 2.500 m.
ANDAINA 18:00 2.500 m.
ABSOLUTA 18:30 5.000 m.
*1.- Os horarios de saída son aproximados e poden variar segundo o
desenvolvemento das carreiras.
*2.- Os /As participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo
máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao
coche escoba que os/as levará ata a meta para poder comezar coas carreiras de
“Biberóns” e sucesivas.
Poderanse establecer quendas de saída de grupos de 10 participantes nas categorías
de menores que conten con demasiada inscrición para saír todos xuntos.
Artigo 5.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
5.1.- As inscricións poderanse efectuar a través do sistema online, na páxina web da
FGA www.carreirasgalegas.com
As inscricións pecharanse o día 23 de decembro ás 23:59 horas.
Non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba.
3 de 10
5.2.- Os participantes comprométense a:
- Aceptar estritamente tódolos artículos do presente regulamento.
- Aceptar as posibles modificacións da proba que teña que realizar a
Organización obrigada por causas alleas á súa vontade.
5.3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
5.4.- A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso
que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, aos sponsors ou
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de
toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como
perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de
lesión.”
Asemade, no momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando
a súa responsabilidade sobre os seguintes termos:
✗ Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o Regulamento
desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
✗ Que non pertenezo a ningún grupo de risco.
✗ Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade, e que
os asumo baixo a miña propia responsabilidade.
É importante ter en conta que esta declaración responsable fará referencia ao mesmo
día da proba, polo que no caso de non poder cumprir algún dos ítems anteriores,o/a
atleta non tomará parte na carreira.
5.5.- A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte
os termos e condicións do evento expostos no presente regulamento. No caso de
dúbida ou de xurdir algunha situación non especificada no mesmo, estarase ao que
dispoña a organización.
5.6.- RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar da
carreira a :
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
• A todo atleta que non realice o percorrido completo
• A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible por diante, dobre ou
manipule a publicidade ou o fotocopie.
4 de 10
• A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a Organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
No caso da Andaina, deberá finalizarse o percorrido de 2.500 m. en 25 minutos para
poder comezar en tempo coas carreiras da categoría biberóns e sucesivas Todos
aqueles que pasados 30 minutos non a teñan rematada deberán retirarse e serán
recollidos polo vehículo de apoio da proba. No caso de non querer ir no vehículo de
apoio deberán seguir pola beirarrúa baixo a súa responsabilidade.
Artigo 6.- CUSTO DA INSCRICIÓN
A inscrición será GRATUÍTA para tódalas categorías de MENORES e ANDAINA.
O custo para os participantes da carreira ABSOLUTA será de 3 euros.
Artigo 7.- RETIRADA DE DORSAL – CHIP
Os participantes deberán retirar o dorsal – chip o venres, día 27 de decembro, no Salón
de Plenos do Concello de Fene – Planta baixa (Praza do alcalde Ramón José Souto
González) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
- En casos excepcionais,no caso de non ser posible a súa recollida o día 27, poderase
recoller o día 28 de decembro no salón de Plenos do Concello de 10:00 a 13:00 e 15:30
a 16:30 h.
Artigo 8.- PREMIOS
Os tres primeiros clasificados/as das categorías de Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14,
sub 12 , sub 10 e sub 8 tanto masculino como feminino, recibirán un obsequio ou trofeo.
Tódolos participantes das demais categorías de CARREIRAS serán agasallados.
Artigo 9.- APELACIÓNS
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse verbalmente, antes dos 30
minutos de facerse públicos os resultados, ao Xuíz Árbitro ou na Secretaría da
Competición, sendo o Xuíz Árbitro encargado de resolvelas.
Todo o non previsto neste regulamento resolverase conforme as normas da F.G.A. ,
R.F.E.A. e W.A. por esta orde.
Artigo 10.- AVITUALLAMENTOS
Na zona de meta establecerase un avituallamento final líquido e sólido
5 de 10
Artigo 11.- SEGUROS
Tódolos participantes estarán cubertos por unha póliza de Responsabilidade Civil, e
outra de Accidentes proporcionada pola licencia de día da F.G.A.
A Organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que
durante a participación nesta proba poida causarse un atleta a si mesmo ou a terceiros.
Artigo 12.- CONSENTIMENTOS
Tódolos participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento
para que a Organización, por si mesma ou mediante terceiras entidades, traten
informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial,
os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante
fotografías, vídeo, etc.
De acordo co que establece a lexislación vixente en materia de protección de datos de
carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros
co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercer
este dereito deberá solicitalo por escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. De Glasgow, Nº 13. 15008. A Coruña.
OUTRAS DISPOSICIÓNS.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
[
Go Back
]