Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Caldas de Reis
16/03/2025
9:00 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
TRAIL LAXE DOS BOLOS
O Concello de Caldas de Reis, desde a Concellería de Deportes,
organiza a II edición do Trail Laxe dos Bolos e Campionato de Galicia
de Trailrunning Individual (Classic), o domingo 16 de marzo de 2025
a partir das 9 horas, constando de tres probas de carreira
oficiais (Campionato e dúas preclassic) e unha andaina non
competitiva.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos disputarase
sobre 3 distancias trail (27.5, 16,5 e 8 km aprox.), estando aberta a proba de 8 km a categorías
inferiores a partir de 14 anos cumpridos; tamén haberá una andaina de 12 km aprox. A proba
rexerase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas sairán desde o centro de Caldas de Reis.
- Proba longa, saída dende o Cruceiro do Campo da Torre:
https://maps.app.goo.gl/McY2DGnpeJ7BjNka8
- Probas media, curta e andaina; saída dende a praza da Biblioteca:
https://maps.app.goo.gl/FveBn6wVmbYAg4ETA
Artigo 2. Horarios e distancias.
O Trail Laxe dos Bolos terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
09:00 h
Desafío
Xiabre
(longo)
27,5 km aprox 1630 m + aprox 2007 e anteriores ABSOLUTA 250
10:00 h
Trail de
Santa
María
(medio)
16,6 km aprox 730 m + aprox. 2011 e anteriores
ABSOLUTA e
PROMOCIÓN 200
11:00 h
Trail de
Santa
María
(curto)
8,2 km aprox. 370 m + aprox 2011 e anteriores
ABSOLUTA E
PROMOCIÓN 200
10:30 h
Andaina de
Segade 12 km aprox 370 m + aprox. 2013 e anteriores ABSOLUTA 150
Tódolos deportistas das modalidades classic e preclassic deberán pasar por cámara de chamadas ata
10 minutos antes da saída. Os participantes do Campionato de Galicia deberán de identificarse con DNI.
Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba sendo obrigatorio respectar os mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un límite
de prazas en cada modalidade de Trail e Andaina.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, pecharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL LONGO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2007 ate 34 anos
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1990 e 1980
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1979 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL MEDIO E CURTO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2006 – 2007
SUB 18* 2008 – 2009
SUB 16* 2010 – 2011
SENIOR 2005 e anteriores
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
*Só en Trail curto
ANDAINA (NON COMPETITIVA): 2013 e anteriores.
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
Os inscritos/as no Campionato de Galicia bonificarán x10 a súa puntuación no Ranking
Galego Classic segundo a súa posición absoluta en meta.
Os participantes federados optarán á bonificación correspondente como proba G1 dentro
do ranking galego de Trail running nas seguintes modalidades:
Proba Media: Ranking Preclassic Sub 20
Proba Curta: Ranking Preclassic Sub 18 e Sub 16
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING,
polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da
súa correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de
día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA:
A partir do 5 de febreiro a organización fará públicos tódolos tracks oficiais de
competición:
PROBA DISTANCIA DESNIVEL
POSITIVO HORA SAÍDA TEMPO
MÁXIMO
DESAFÍO
XIABRE (Trail
longo)
27,6 K 1630 m. 09:00 h 5h
TRAIL SANTA
MARÍA 16k
(Trail Medio)
16,64K 730 m. 10:00 h 3,5h
TRAIL SANTA
MARÍA 8K
(Trail Curto)
8,3 k 350 m. 10:30h 2h
ANDAINA DE
SEGADE 12 K 390 m. 10:35 h 3,5h
6.1 A proba longa, de 27 quilómetros, presenta unha dificultade significativa no
tramo intermedio, entre os quilómetros 8 e 19 aproximadamente, realizándose a
través das “laxes” naturais que dan nome á proba, con desniveis entre o 45 e 60%. A
organización disporá dun dispositivo de seguridade e seguimento nesta zona así como
indicativos de perigosidade nos puntos estratéxicos.
6.2 As proba media e curta, de 16,5 e 8 quilómetros aproximadamente, así como
a andaina discorren por paraxes naturais de Santa María e Segade, estando
permitido o uso de bastóns só na andaina para a mellor preservación da contorna
natural.
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com. As inscricións
a campionato realizaranse desde a intranet federativa nos prazos que recolla a circular da
competición. Para ter dereito á bolsa do corredor é requisito estar inscrito/a no evento
popular.
APERTURA DE INSCRICIONS: venres 13 de decembro de 2024
PECHE DE INSCRICIONS: luns 10 de marzo de 2025 ás 23:59 h.
PREZOS DA INSCRICION:
• TRAMO 1 – ATA O 10 DE FEBREIRO*:
✓ TRAIL CURTO: 8 €
✓ TRAIL MEDIO: 15 €
✓ TRAIL LONGO: 20 €
✓ ANDAINA: 8 €
o TRAMO 2 – DO 11 DE FEBREIRO Ó 10 DE MARZO:
✓ TRAIL CURTO: 10 €
✓ TRAIL MEDIO: 20 €
✓ TRAIL LONGO: 25 €
✓ ANDAINA: 10 €
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 15 de marzo: de 17:00 a 20:00 horas nas instalacións habilitadas pola
Concellería de Deportes https://maps.app.goo.gl/xtnhbGRk8d4eYZyU6
• Domingo 16 de marzo: a partir das 08:00 horas e ate 15 minutos antes do comezo
de cada proba.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
▪ Premios ESPECIAL de Caldas de Reis aos/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos
das probas de Trail Curto e Trail Longo.
▪ *AGASALLO técnico especial para tódolos inscritos (garantido no TRAMO 1).
Agasallo conmemorativo para tódolos participantes.
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas aproximadamente na
praza de disposición de meta, nas inmediacións da praza do Camiño Portugués:
https://maps.app.goo.gl/PSQRGnAsjsosiY5o6
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios nas instalacións
deportivas habilitadas polo Concello de Caldas no pavillón municipal:
https://maps.app.goo.gl/aaeyk94q5kwhwtMP8
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Puntos de abastecemento no Trails Longo, medio e andaina; e na meta das tres
modalidades. Será responsabilidade do deportista portar sistema de hidratación para facer
uso dos mesmos.
DESAFÍO XIABRE
ENTRADA XIABRE SAIAR ALTO BEMIL SAÍDA XIABRE
KM 7,6 KM 10,7 KM 15 KM 19,5
AUGA AUGA AUGA AUGA
ISOTÓNICO ISOTÓNICO ISOTÓNICO ISOTÓNICO
FROITA FROITA
BAR. ENERXÉTICAS BAR. ENERXÉTICAS
TRAIL MEDIO:
1- AUGA, ISOTÓNICO E PASTA DE FROITA NO KM 8,6
ANDAINA:
1 – AUGA no km 6,2
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará permitida
As zonas de abastecemento estarán acotadas en inicio e fin. Non estará permitido abandonar o
abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo, incluídas as posibles ‘codias’ de froita como
poden ser mondas de plátano ou laranxa.
ARTIGO 12.- MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido na cámara de chamadas.
Na distancia de Campionato Galego farase control obrigatorio en saída e meta, sendo
responsabilidade do atleta chegar con suficiente antelación ó mesmo.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descualificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais da circular
105-2023 da Federación Galega de Atletismo. O seguinte material afectará ás modalidades
Trail classic e preclassic, sendo igualmente recomendable no resto de disciplinas do evento.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Chifre
Teléfono móbil (operativo)
Sistema de hidratación (só Trails longo e medio)
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Curta ventos ou chaqueta impermeable
Tubular ou gorra.
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material
obrigatorio definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da
meteoroloxía prevista.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Concello de Caldas de Reis publicará a información de accesos para tódolos participantes
facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de paso intermedias.
Tamén se facilitará a información de transporte público.
A proba contará con retransmisión en vídeo, accesible desde as distintas plataformas
habilitadas ó seu efecto.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumprir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Trail Laxe dos Bolos garantiza un
uso responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta
distribución de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.
Artigo 14. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuíz Árbitro da Competición non máis
tarde de 30’despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e
WORLD ATHLETICS para probas de Trail Running.
[
Go Back
]