Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Muros - San Silvestre
28/12/2024
20:00 - 21:00
[
Go Back
]
Descripción
O clube de atletismo Serres Runners organiza a Terceira Edición da San Silvestre Muradana o
sábado 28 de decembro de 2024 a partir das 19:00 horas no Concello de Muros.
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas: As probas sairán dende o Mercado Municipal de
Muros.
Artigo 2. Horarios e distancias. A San Silvestre Muradana terá os seguintes horarios e
distancias:
19:00 h. San Silvestre SUB12 (2012/13) – 2 KM APROX
19:15 h. San Silvestre SUB10 (2014/15) - 1 KM APROX
19:30 h. San Silvestre SUB8 (2016/17) - 750 M APROX
19:45 h. San Silvestre PEQUES (2018 E POSTERIORES) - 250 M APROX
20:00 h. San Silvestre Muradana (2011 E ANTERIORES) - 5 KM
Artigo 3. Inscricións. Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente o
presente regulamento e calquera posible modificación.
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario habilitado na páxina web
www.cronotec.es
2. Termos e prezos das inscricións:
▪ As inscricións efectuaranse na páxina www.cronotec.es e poderanse facer ata
o luns 23 de decembro ás 23:59 h.
▪ A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de idade deberá ir
acompañada dunha autorización paterna/materna.
▪ O prezo de cada inscrición será de 6€ para a San Silvestre Muradana e de 2€
para as categorías Sub12 Sub10 e Sub8. A San Silvestre PEQUES será gratuita.
▪ Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
▪ En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
▪ As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no regulamento, dentro
dos prazos sinalados. Quen non se axuste a estas indicacións non poderá
participar na proba.
Artigo 4. Entrega de dorsais. A entrega de dorsais abrirase ás 17:00 horas no Mercado
Municipal de Muros o sábado 28 de decembro e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do
inicio de cada proba.
Artigo 5. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá
facelo constar no reverso do dorsal da proba.
Artigo 6. Clasificacións, trofeos, medallas e a súa entrega.
1. Establécense os seguintes premios:
▪ Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e clasificadas da cada categoría
agás a categoría PEQUES.
▪ Na categoría PEQUES levarán medalla todos/as os/as participantes.
▪ O finalizar as probas a organización convidará a una pequena merenda a todos os
participantes.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de Cronotec.
3. A entrega de premios realizarase a partir das 20:30 horas aproximadamente no lugar
de saída e meta de todas as probas.
Artigo 7. SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS. Porase a disposición dos participantes un servizo
de duchas e vestiarios no Polideportivo Municipal de Muros.
Artigo 8. A proba San Silvestre 5 KM disputarase sobre un percorrido de 5.000 metros,
totalmente urbanos que percorrerán o Casco Histórico de Muros, a zona portuaria e a estrada
ata a Rotonda de Serres e voltando pola Virxe do Camiño. Con saída e meta no Mercado
Municipal de Muros. O tempo máximo para percorrer os 5.000 metros será de 45 minutos.
Todo aquel atleta que supere dito tempo poderá finalizar a carreira baixo a súa
responsabilidade.
Artigo 9. A proba estará supervisada polos voluntarios da organización, a Policía Local, Ges e
Protección Civil.
Artigo 10. Todo aquel que participe na proba sin estar inscrito, sin dorsal, non opta a ningunha
das prerrogativas as que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente e poderá ser
retirado da proba.
Artigo 11. Será descalificado todo corredor que non realice o percorrido completo, manifeste
un comportamento antideportivo, non atenda as indicacións da policía municipal ou dos
voluntarios que cubren o percorrido ou non cumpla ás normas establecidas neste
regulamento.
Artigo 12. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da carreira. No
avituallamento haberá servizo de recollida de desperdicios.
Artigo 13. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola
Organización.
Artigo 14. En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
Artigo 15. Os/as participantes autorizan a Organización a rexistrar total ou parcialmente a súa
participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
Artigo 16. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se admitirán
reclamacións. A participación é libre e leva implícita a aceptación do Regulamento xeral da
proba. O Clube de Atletismo Serres Runners non se fará responsable dos danos físicos, morais
ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. Os aspectos non recollidos neste
Regulamento resolveranse segundo o criterio da comisión organizadora, cuxas decisións serán
inapelables.
Artigo 17. O tratarse de unha San Silvestre e debido o seu carácter festivo, permítese a todo
corredor levar disfraces ou caracterizarse sempre deixando a vista o dorsal.
[
Go Back
]