Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Paradela
28/10/2023
16:00 - 17:10
[
Go Back
]
Descripción
II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE
PARADELA
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Paradela organiza a II Carreira popular Concello de Paradela
A proba terá lugar o vindeiro sábado día 28 de outubro de 2023, con saída e meta na Praza
do Mercado Gandeiro.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición físicasuficiente para
rematar a proba.
Artigo 2: Categorías, distancias e horarios:
➔ Categoria absoluta (2007 e anteriores)
• Distancia: 8000 metros
• Horario: 16:00 horas
➔ Categoria menores (2008 e posteriores)
• Categoría pitufos ( 2016 e posteriores)
• Distancia: 100 metros
• Horario : 17:30 horas
• Categoría promoción e categoría sub 12 ( 2014-2015) e (2012-2013)
• Distancia: 500 metros
• Horario: 17:40
• Categoría sub 14 e categoría 16 (2010-2011) e (2008-2009)
• Distancia: 1000 metros
• Horario: 17:50 horas
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización. A
PREVISION MAXIMA SERA DE 300 PARTICIPANTES.
Artigo 3: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 4: Condicións de Participación:
➢ A inscrición na proba é persoal e intransferible
➢ A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuaciónse expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que daparticipación
no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os
seus dereitos de imaxe á organización e os seus colaboradores, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
➢ No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización.
➢ A proba estará controlada por persoal da organización, e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
➢ Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición daFGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase a través do enlace que se poderán atopar nas web https://ccnorte.com/. A
inscrición pecharase o xoves 26 de outubro.
➢ Non se admitirán inscricións fora de prazo.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo,concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirarse o día da carreira ata media hora antes da carreira.
Artigo 7: Premios:
➢ A entrega de premios será na zona de meta o rematar as probas.
➢ Premio aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de todas as categorías.
➢ Na categoría de menores darase medalla a todos os participantes.
➢ Premio os mellores atletas locais absoluto
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios na zona de meta.
5. Gardarroupa
6. Avituallamento na zona de saída da proba e durante o percorrido da carreira.
7. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que
teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da
participación na mesma por parte do organizador e dos seus colaboradores, así coma os
resultados. O descoñecemento do regulamento no exime do seu cumprimento.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación levaimplícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que
a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto
oucircunstancia non contemplada neste regulamento.
Artigo 10: Cambios do regulamento:
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberá publicalo na web.
[
Go Back
]