Calendario
Ver carrera

Xermade

21/10/2023 17:45 - 18:45

[ Go Back ]

Descripción XII CARREIRA POPULAR DE XERMADE
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Xermade organiza a XII Carreira Popular de Xermade. A proba organizarase o Sábado
21 de Outubro de 2023 ás 17:00 horas, con saída e meta na Praza do Concello.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada
atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a
proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización.
Na carreira de adultos o percorrido constará de 2 voltas a un circuíto de 3250m
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2018 e posteriores) 17:00 150m
PROMOCIÓN (2016-2017) 17:05 300m
SUB-10 (2014-2015) 17:10 800m
SUB-12 (2012-2013) 17:15 800m
SUB-14/16 (2008-2011) 17:25 1600m
XUVENIL (2004-2007) 17:45 6500m
SENIOR (1987-2003) 17:45 6500m
MÁSTER A (1979-1986) 17:45 6500m
MÁSTER B (1971-1978) 17:45 6500m
MÁSTER C (1970 e anteriores) 17:45 6500m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 45’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición nas carreiras de menores serán GRATUÍTAS
• As inscricións dos adultos terán un custe de 5€.
O prazo de inscrición pecharase o martes 17 de outubro as 23:59h. Os datos necesarios para a inscrición
son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo
electrónico e clube. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitar o número de
licenza e o clube.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día da carreira pola tarde na praza do Concello, ata 30’ antes da saída de
cada proba.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• Carreira con cronometraxe manual SEN CHIPS.
• A inscrición pecharase o martes 17 de outubro ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión
corresponderá á Organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e o Comité Galego de Xuíces e
estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra oregulamento.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF
para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 8: Premios:
• Todos os participantes na proba absoluta recibirán un agasallo conmemorativo.
• Nas categorías de Pitufos ata sub-14/16 todos os participantes recibirán 1 medalla
conmemorativa.
• Non se farán clasificacións nas carreiras de Pitufos e Promoción.
• Trofeos para 3 primeiros/as da clasificación xeral.
• Os premios NON serán ACUMULATIVOS (os vencedores da xeral non levarán premio por
categoría)
• Trofeo ao primeiro home e muller empadroados no Concello de Xermade.
• Nas categorías dende sub-10 ata Máster-C: trofeo para os 3 primeiros de cada categoría e sexo.
• A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás
18:50h (no caso de que o tempo non o permita será dende o pavillón polideportivo)
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Agasallo conmemorativo para todos os participantes na carreira de adultos.
2. HINCHABLES con monitor de tempo libre para os nenos e nenas participantes na carreira.
3. Baños na zona de saída-meta.
4. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
5. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
6. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa, que será
custodiada por voluntarios da organización.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo.

[ Go Back ]