Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Allariz
17/09/2023
9:00 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Allariz organiza o 2º Trail Vila de Allariz, que se celebrará o próximo 17 de setembro.
A saída será as 9:00h da mañá, dende o Campo de Vilanova (piscina municipal) para a distancia de 30km (Trail Longo). Ás 10:00h da mañá será o turno da saído do Trail Curto e Andaina cunha distancia de 15km. E ás 11:00h darase a saída do Minitraill e Andaina de 8,5km.
2. PARTICIPANTES:
Na proba poderán participar todas aquelas persoas con 16 anos feitos o día da proba. Os menores de idade deberán presentar unha autorización paterna obrigatoriamente no momento da inscrición, ao final do regulamento.
3. CATEGORÍAS E PREMIOS:
So serán competitivas o trail longo (30km) e o curto (15km). As demais probas serán participativas.
SENIOR (mulleres e homes) de 16 a 44 anos
MASTER(mulleres e homes) maiores de 45 anos.
LOCAL
Nas dúas distancias haberá premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.
Ademais, haberá unha camiseta conmemorativa da proba para todas e todos os participantes dos trails e das andainas.
4. INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse a través da web: sportmaniacs.com ou na APP SAUDETER LIVE, dispoñible en Play store e en APP Store.
Data límite: Ata o 12 de setembro de 2023 as 23:59h.
Custos da proba:
Trail longo (30km): 18 euros
Traiel curto (15km): 18 euros
Andainas e Mini-trail: 12 euros
Non existen políticas de devolución salvo causa de forza maior.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
Dorsais:
Poderán recollerse o xoves 14 e o venres 15 de setembro de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas e o sábado 16 de 9:00 a 13:30 horas na piscina municipal de Allariz.
O propio día da proba , na zona habilitada unha hora antes da saída de 8:00 a 8:50.
6. SERVIZOS MÉDICOS E SEGUROS:
Haberá servizo de ambulancia e persoal sanitario durante o tempo que dure a proba.
Todas as persoas que participen estarán cubertas cunha póliza de seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
7. SAÍDA:
A saída será dende o Campo de Vilanova (piscinas municipais).
Haberá servizo de gardarroupa en ditas instalacións.
Todas as persoas que participen deberán pasar obrigatoriamente pola zona de saída para o control de dorsal.
A saída será ás 9:00h para os de 30km de montaña e as 10:00h para o percorrido de 15km e a Andaina de 15km. As 11:00h será a saída do Mini –trail e da Mini Andaina.
8. PERCORRIDO:
O percorrido será polos montes que rodean o núcleo de Allariz, beiras do Arnoia e Reserva da Biosfera, así como tamén polo casco urbano da mesma.
PROBA
SAÍDA
DISTANCIA
DESNIVEL
Trail longo
9.00h
30km
1.100
Trail curto
10.00h
15km
550
Mini-trail/Andaina
11.00h
8.5km
150
9. AVITUALLAMENTO:
Haberá avituallamento líquido ó longo do percorrido e pinchos, cervexa e refrescos ao remate.
10. META:
A meta será no Campo de Vilanova (piscinas municipais).
Haberá servizo de duchas en ditas instalacións.
11. RESPONSABILIDADE:
No momento da inscrición cada participante pon de manifesto que se encontra nunha forma física e psíquica óptima para a participación na proba e asume de igual maneira o risco que conforma a práctica deportiva.
A organización non se fará responsable dos danos,prexuízos ou lesións que poidan sufrir os participantes nesta proba ó causarlle a terceiros así como tampouco de cantos gastos, débedas ou danos que podan contraer no transcurso do evento.
O participante renuncia por tanto a emprender accións legais que poidan derivar en contra da organización da mesma.
12. CAMBIOS
A organización resérvase o dereito a realizar calquera tipo de cambio de carácter organizativo en beneficio dos participantes. Ditos cambios en caso de que se fixeran comunicaranse polos medios que se estimen máis oportunos.
A organización resérvase o dereito de suspender ou aprazar a proba se se considera que está en risco a seguridade dos participantes e así o manifestan as autoridades oportunas.
[
Go Back
]