Calendario
Ver carrera

Taboada

10/09/2023 10:00 - 11:30

[ Go Back ]

Descripción IX Carreira Popular de Taboada
“Entre pazos e carballos”
Na Carreira Popular de Taboada poderás gozar dun percorrido entre as
extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o fin do verán, as fermosas
construcións do románico, a grandeza dos seus pazos. Situada a medio camiño entre
Lugo e Ourense, agárdate un tesouro único. Para descubrilo, achégate a correr por
Taboada o 3 de setembro e ademais levarás un agasallo ecolóxico. Non faltes!
Data: domingo, 10 de setembro de 2023
Hora: Categoría absoluta: 10h00
Categorías escolares: 11h30
Lugar: Taboada, Lugo
Distancia: dende 100 a 10.000 m (distancia aproximada)
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva O Carballo (Taboada)
Colaboran: Concello de Taboada, GDR Miño-Ulla, Supermercado Vilosa, Carnicería
Montes, Matadoiro Celtaverde, Peluquería Ana, Caixa Rural Galega, Adega Castrofiz,
Adega Enonatur, Adega Instinto Romano, Panadería Carlos, Panadería Darío, Galletas
Xianas, Club ciclista Os Túzaros, Asociación Cultural “Os d’eiquí”, Asociación Cultural
“Rechouchíos”, Aira, Tartas Ancano, Escola Hípica “La Cruz”, Xeou
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partir das 10h00 da maña con saída da Alameda de Taboada e un
percorrido de 10 Km (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 2007 e 1998.
Categoría E: nad@s entre 1997 e 1988.
Categoría F: nad@s entre 1987 e 1978.
Categoría G: nad@s entre 1977 e 1968.
Categoría H: nad@s entre 1967 e anteriores.
Marcha nordica (sen clasificación específica)
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 11h30 da maña nos arredores da Alameda de Taboada.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría Chupete: nad@s en 2017 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2016 e 2014 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2013 e 2011 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2010 e 2008 - 1.500 metros
Hora Categoría Dende Ata Distancia
10h00
D 2007 1998
10000 m
E 1997 1988
F 1987 1978
G 1977 1968
H 1967 …
11h30 CHUPETE … 2017 100 m
11h40 A 2016 2014 400 m
11h50 B 2013 2011 800 m
12h30 C 2010 2008 1500 m
 Os máis pequenos (“Chupetes” menores de 2 anos) poderán realizar a carreira en
correpasillos co correspondente casco, sós ou acompañados por un adulto (proba
non competitiva).
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición remata o MERCORES 6 de setembro de 2023 ás
23h59
 CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
O prezo da inscripción sera de 2 euros máis 1 euro de aluguer de chip
 CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuíta on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico (ata o mercores 6 de setembro)
enviando os datos ó enderezo ac.ocarballo@gmail.com.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente
os datos requiridos e, polo tanto, non permitirlle participar na proba.
PREMIOS
 CATEGORÍAS DE MENORES: Todos os participantes recibirán unha
medalla, unha árbore autóctona e algún que outro agasallo. Os tres primeiros atletas
(masculinos e femininos) de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da
carreira e un vale para unha ruta a cabalo coa Escola de Equitación “A Cruz”.
 CATEGORÍA ABSOLUTA: Todos os participantes levarán un agasallo
ecolóxico. Os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría recibirán
unha botella de viño local. Ademais, os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) de
entre as categorías da clasificación absoluta, levarán un trofeo conmemorativo e un
lote de produtos típicos do concello de alta calidade.
 PREMIO ESPECIAL: Para o corredor e a corredora mellor clasificados de
entre os empadroados en Taboada.
Avituallamento a media carreira e ao final para tod@s @s atletas ó remataren a proba
na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos da zona tras
da entrega de premios.
Os premios non son acumulables.
Proba puntuable para VIII Circuíto Miño Ulla de Carreiras Populares.
PERCORRIDO
A carreira sae da Alameda de Taboada pola Avenida de Lugo, xirando na rúa do
Carballo e diríxese á aldea de Relás, situada a un quilómetro do casco urbano.
Continúa até a área recreativa da Medela, atravesa o recinto das piscinas e toma a
estrada en dirección a Taboada. Volve ao casco urbano (barrio de Pacios) e baixa de
novo cara ás chousas de Riazón. Aquí percorre unha serie de camiños que levan os
corredores á aldea de San Pedro, e desde esta regresa ao centro da vila de Taboada. O
percorrido ten unha lonxitude de 10.000 m.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
 Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas
inmediacións do Pavillón Deportivo Municipal.
 Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as
duchas nas instalacións do Pavillón Deportivo Municipal.
REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba tod@s aqueles que o desexen.
- Podean participar corredores de marcha nordica (sen clasificación especifica)
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira d@ corred@r, sen poder
facer ningunha modificación nel.
- Todos os participantes (agás os da categoría Chupete-proba non cronometrada-), terán
a obriga de utilizar o chip de cronometraxe subministrado pola organización, excepto
os propietarios do chip amarelo da categoría absoluta que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu
nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e
na internet para a súa difusión.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste regulamento e
manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba, non padecendo
enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o corredor/a @ únic@
responsable en caso de accidente ó non cumprir a normativa.
Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil e
un seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da proba, e nunca
como derivación dun padecemento ou enfermidade latente, imprudencia, neglixencia,
inobservancia das leis e articulado do regulamento, etc. A organización declina toda
responsabilidade polos danos morais ou materiais que @s participantes nesta proba
poidan causarse a si mesmos,ou a outras persoas polas causas anteriormente citadas.

[ Go Back ]