Calendario
Info da proba

Villalba

19/08/2023 22:00 - 23:00
Regulamento V EDICIÓN “SAN RAMÓN”
CARREIRA POPULAR NOCTURNA
VILALBA ANO 2023
O Clube Atletismo Vilalba organiza a quinta edición da Carreira Nocturna San Ramón,
correspondente ao ano 2023. O evento terá unha duración aproximada de 3.5 horas dende as
20:30 h da tarde ata as 12 h da noite do 19 de agosto de 2023.
Na proba absoluta será de uso obrigatorio o chip de cronometraxe fornecido pola
organización, exceptuando os propietarios do chip amarelo que utilizarán o seu. O dorsal debe
estar colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen sufrir manipulación algunha.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes das carreiras.
A proba celébrase no núcleo urbano polas distintas rúas de Vilalba, sendo a saída e a
chegada na Praza da Igrexa para todas as categorías. As categorías divídense en dous bloques:
CATEGORÍA MENORES. (As probas darán comezo ás 20:00 h cos máis
pequenos e sairán de xeito consecutivo):
CATEGORÍA -5 --------------------- nados/as entre 2022 e 2019 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +5 -------------------- nados/as entre 2018 e 2017 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +7 -------------------- nados/as entre 2016 e 2014 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +10 ------------------ nados/as entre 2013 e 2011 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +13 ------------------ nados/as entre 2010 e 2008 (ambos incluídos)
PERCORRIDOS:
Categoría -5 ------------------------ 50 metros (aproximadamente)
Categoría + 5 -------------------- 100 metros (aproximadamente)
Categoría + 7 -------------------- 500 metros (aproximadamente)
Categoría + 10 ----------------- 1000 metros (aproximadamente)
Categoría +13 ------------------ 2000 metros (aproximadamente)
CATEGORÍA -5 (50m)
Saía e meta na praza da igrexa
CATEGORÍA + 5 (100m)
Saída da rua Valeriano Valdesuso, Meta praza da igrexa
CATEGORÍA +7 (500m)
Saída da Praza da Igrexa → Praza Coronel Pena → Rúa Alferez López → Rua conde
Pallares → Praza Suso Gayoso → Porta de Encima→ Praza da Igrexa → Rua Concepción
Arenal → Praza Coronel Pena → Meta Praza da Igrexa
CATEGORÍA +10 (1000m)
Saída da Praza da Igrexa → Praza Coronel Pena → Rúa Alferez López → Rua conde
Pallares → Praza Suso Gayoso → Praza da Constitución → Rúa Basanta Silva → Rua da
Chouzana → Porta de encima → Meta Praza da igrexa
CATEGORÍA +13 (2000m) 2 voltas ó percorrido
Saída da Praza da Igrexa → Praza Coronel Pena → Rúa Alferez López → Rua conde Pallares →
Praza Suso Gayoso → Praza da Constitución → Rúa Basanta Silva → Rua da Chouzana → Porta
de encima → Meta Praza da igrexa
CARREIRA ABSOLUTA. (5000 m aproximadamente) Para corredores nados
en 2005 e anteriores e sen límite de idade.
CATEGORÍA XUVENIL --------------------- de 16 a 18 anos de idade (ambas incluídas)
CATEGORÍA SÉNIOR ----------------------- a partir dos 19 anos de idade
Saída ás 22:00 horas da Praza da Igrexa → Praza Coronel Pena → Rúa Alferez López →
Rúa conde Pallares → Praza Suso Gayoso → Praza da Constitución → Rúa Basanta
Silva → Rúa de Muras → Rúa Lois Peña Novo → Avda. Castelao → Rúa Campo de
Puente → Rúa da Pravia → Rúa de Galicia → Rúa Nova → Praza de s. Xoan → Rúa
Conde Pallares → Praza Suso Gayoso → Rúa Porta de Encima → Rúa Plácido Peña →
Rúa Cotarón → Rúa das Pedreiras → Rúa Ferrería → Rúa Concepción Arenal → Meta
Praza da Igrexa.
ANDAINA
Saída ás 22:00 horas (Tras a carreira absoluta) da Praza da Igrexa → Praza Coronel Pena →
Rúa Alferez López → Rúa conde Pallares → Praza Suso Gayoso → Praza da Constitución →
Rúa Basanta Silva → Rúa de Muras → Rúa Campo de Puente → Rúa Porta de Encima →
Praza Suso Gayoso → Rua de Galicia → Rúa Nova → Praza de s. Xoan → Rúa Mato Vizoso
→ Rúa Concepción Arenal → Meta Praza da Igrexa.
INSCRICIÓNS:
INSCRICIÓNS na páxina web de CHAMPION CHIP NORTE
www.championchipnorte.com
Poderanse facer ata o mércores 15 de agosto (incluído), para todas as
categorías.
PREZOS DE INSCRICIÓN:
As categorías infantís serán gratuítas.
A Carreira Absoluta terá un custo de 5 euros (máis alugueiro do chip quen non
o teña en propiedade).
A Andaina terá un custo de 1 euro.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE:
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (19 de
agosto de 2023) dende as 17:30 h nos mostradores da Praza da Igrexa ata as 20:00 h.
PREMIOS CATEGORÍAS MENORES:
 Medalla de participación para todos os nenos das categorías -5, +5, +7.
 Categorías (a partires de +5):
- 1º/1ª CLASIFICADO/A ------------ TROFEO.
- 2º/2ª CLASIFICADO/A ------------ TROFEO.
- 3º/3ª CLASIFICADO/A ------------ TROFEO.
PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA:
- 1º/1ª CLASIFICADO/A ----------------------- TROFEO + 100€.
- 2º/2ª CLASIFICADO/A ----------------------- TROFEO + 75€.
- 3º/3ª CLASIFICADO/A ----------------------- TROFEO + 50€.
- 1º/1ª CLASIFICADO/A VILALBÉS ---------- TROFEO.
- 2º/2ª CLASIFICADO/A VILALBÉS ----------- TROFEO.
- 3º/3ª CLASIFICADO/A VILALBÉS ----------- TROFEO.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
- GARDARROUPA: Todos os corredores poderán facer uso do servizo de gardarroupa
habilitado pola organización.
- DUCHAS: Rematada a proba estarán á disposición dos participantes as duchas dos
vestiarios do Pavillón Municipal de Deportes sito no Campo da Feira.
- AVITUALLAMENTO: Ao remate das probas haberá zona de avituallamento para
mitigar o cansazo.
- APARCADOIROS: Zona de aparcadoiro no Campo da Feira, Rúa Benxamín Paz, e Rúa
das Pedreiras.