Calendario
Info da proba

Barro

11/06/2023 10:30
Regulamento REGULAMENTO
I CARREIRA POPULAR DA FESTA DO VIÑO DE BARRO
Homenaxe a Julio César Constenla Fontán

1. ORGANIZACIÓN
O Concello de Barro, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña, organiza o 11 de xuño de 2023 a I Carreira popular da Festa do Viño de Barro, na que poderán participar atletas federad@s e non federad@s e na que se lle rendirá unha homenaxe ao corredor local Julio César Constenla Fontán, pioneiro deste deporte no concello de Barro.

2. CATEGORIAS

A) ESCOLARES
-Chupetes*1: de 0 a 3 anos (poderán correr acompañad@s por unha persoa adulta).
-Pitufos*1: atletas nados/as nos anos 2018 e 2019
-SUB8: atletas nados/as nos anos 2016 e 2017
-SUB10: atletas nados/as nos anos 2014 e 2015
-SUB12 (M/F): atletas nados/as nos anos 2012 e 2013
-SUB14 (M/F): atletas nados/as nos anos 2010 e 2011
-SUB16 (M/F): atletas nados/as nos anos 2008 e 2009

Ojo morado ABSOLUTA
-SUB 18 (M/F): atletas nados/as nos anos 2006 e 2007
-SUB 23 (M/F): atletas nados/as entre 2001 e 2005.
-SENIOR (M/F): atletas de 23 a 34 anos.
-MÁSTER 1 (M/F): atletas de 35 a 44 anos.
-MÁSTER 2 (M/F): atletas de 45 a 54 anos.
-MÁSTER 3 (M/F): atletas de 55 a 64 anos.
-MÁSTER 4 (M/F): atletas de 65 anos en diante.
1. As categorías de chupetes e pitufos non serán competitivas: non terán clasificación nin premios. Terán unha medalla conmemorativa do evento.
2.Todas as categorías, excepto chupetes e pitufos, teran clasificación individual feminina e masculina.
3. DISTANCIAS E HORARIOS
A saída e chegada das probas estará situada nas inmediacións do Pazo da Crega, no lugar de Santo Antoniño, concello de Barro (https://www.google.es/maps/@42.524643,-8.6429071,824m/data=!3m1!1e3)
Horarios das probas e distancias por categorías.
CATEGORÍA
HORA SAÍDA
DISTANCIA
Absoluta: 10:30 h ......... 10Km
Sub14 / Sub16: 12:00 h .......... 3 Km
Sub12: 12:30 h ......... 1,5 km
Sub10: 12:45 h ......... 1 km
Sub8: 13:00 h .......... 500 m
Pitufos: 13:10 h .......... 200 m
Chupetes: 13:20 h ........... 50 m

4. INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición das persoas participantes pecharase o mércores 7 de xuño ás 23:59 h e non se aceptarán inscricións fóra do prazo indicado.
As inscricións de todas as categorías formalizaranse na web https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/i-carreira-popular-da-festa-do-vino-de-barro/?lang=es

5. PREZO DA INSCRICIÓN
As contías das inscricións non serán devoltas salvo causa de forza maior que obrigue á cancelación da proba.
CATEGORÍA:
PREZO, GRATUITO:
CHUPETES
PITUFOS
SUB8
SUB10
SUB12
SUB14
SUB16

PREZO 8€:
SUB18
SUB23
SÉNIOR
MÁSTER 1
MÁSTER 2
MÁSTER 3
MÁSTER 4

6. DORSAIS E CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da carreira nunha carpa situada na explanada do Pazo da Crega a partir das 09:30 h e ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os dorsais-chips outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais fóra dese prazo. O dorsal deberá ir colocado no parte anterior do corpo, en toda a súa extensión de de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal-chip será descalificado.
Os lectores de dorsais-chips estarán colocados nas liñas de saída e de meta e na metade do recorrido na distancia de 10 km.
7. TROFEOS, MEDALLAS E AGASALLOS
> Haberá medallas para todo@s @s participantes nas categorías NON ABSOLUTAS, que se entregarán ao cruzar a liña de meta.
> As categorías ABSOLUTAS terán unha camiseta conmemorativa da proba.
> Haberá trofeos para @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría establecida no presente regulamento, a excepción das categorías chupetes e pitufos (categorías non competitivas).
> A entrega de trofeos terá lugar no Pazo da Crega ás 13:45 h.

8. SERVIZOS PARA @s PARTICIPANTES
> Habilitarase un servizo de duchas desde as 12:00 ata as 14:00 horas no Pavillón Municipal, que se encontra nas inmediacións do entorno (https://goo.gl/maps/ZAak6wV1482nsEKA6 )
> Agasallo a tod@s @s participantes (medalla ou camiseta, segundo a categoría)
> Avituallamiento intermedio (líquido) e na liña de meta (líquido e sólido).
> Servizo de ambulancia
> Seguro de accidente deportivo

9. OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS
A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos, os horarios ou de modififcar o presente regulmento para garantir o correcto funcionamento do evento deportivo.
A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que os/as atletas puideran ocasionar.
A organización resérvase o dereito de descalificar @s participantes que:
> Non cumpran co regulamento establecido
> Non cumpran as indicacións da organización
> Provoquen danos medioambientais (tirar lixo no chan, etc.) ou danos en infraestruturas, mobiliario, etc.
> Compitan fóra do circuito habilitado para as probas
> Crucen a liña de meta ou os medidores intermedios sen o dorsal-chip
> Practiquen ou promovan condutas antideportivas