Calendario
Info da proba

Larín

11/06/2023 11:00 - 12:30
Regulamento 1. PRESENTACIÓN
A “Carreira Popular de San Roque de Larín” , componse dunha carreira de 10
Km e unha andaina de 5 Km e celébrase na parroquia de Larín o día 11 de
xuño de 2023 con saída por parte dos corredores ás 11:00 horas, e a andaina
ás 11:15 horas.
As 12:30 comezarán as carreiras dos mais pequenos que se realizarán no
Campo de Fútbol de San Roque de Larín.
Os 3 primeiros de cada categoría, tanto masculina como feminina é a persona
mais veterana que participe, recibirán un trofeo da organización donado polo
Concello de Arteixo.
2. ORGANIZACIÓN
A proba deportiva denominada “Carreira Popular de San Roque de Larín”
está organizada pola Comisión de festas de San Roque de Larín 2023, coa
colaboración do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Arteixo,
coa idea de promover o deporte na veciñanza extendéndoo ao resto de
parroquias do Concello, e todo aquel que así o desse veña de onde veña,
tanto para nenos, maiores e habituias practicantes do deporte.
2.1 Modo de inscripción: a través da web www.championchipnorte.com ou
acudindo ao campo da festa de San Roque en Larín os sábados días 20 é 27
de Maio é o sábado 1 de xuño, en horario de 18:00 a 20:00 horas.
2.2 Prazos e cota de inscripción:
-Data límite de inscripción: día 4 de Xuño.
-Cota Andaina: 6 €
-Cota Carreira: 10 €
-Participación nas carreiras para os nenos realizadas no Campo de Fútbol de
San Roque non hai que pagar pero si hai que inscribirse para poder participar.
2.3 A inscripción inclue:
Participación na proba, avituallamiento, asistencia sanitaria, seguro de
accidentes, servicio de aseos e vestuarios, trofeos primeiros
clasificados,picoteo final é medallas a todos os participantes nas carreiras
para os nenos realizdas no Campo de Fútobol de San Roque.
3. PARTICIPACIÓN
A participación está aberta a tod@s os corredores, federados ou non, que
formalizaran debidamente a inscripción.
4. DORSAIS
Para recoller o dorsal e o chip o participante debe presentarse 50 minutos
antes da saída da proba, o dorsal debe ser colocado nun lugar visible de tal
maneira que poidan facilitar á labor de control por parte da organización. O
chip será entregado ao final da proba á organización.
5. CATEGORÍAS
As categorías que se establecen tanto para mulleres como homes son:
-Para a Carreira:
SENIOR FEMININO: DE 16 A 39 ANOS INCLUIDOS.
SENIOR MASCULINO: DE 16 A 39 ANOS INCLUIDOS.
VETERANO FEMININO MÁSTER 40 : MAIOR DE 40 ANOS
VETERANO MASCULINO MÁSTER 40 : MAIOR DE 40 ANOS
-Para a Andaina: todas as idades serán sen límites.
-Para as Carreiras dos nenos dividense en 4 categorías:
>3 ANOS serán 20 mts.
4-7 ANOS serán 50 mts.
8-11 ANOS serán 200 mts.
12-15 ANOS serán 500 mts.
6. PERCORRIDO
6.1 A proba comezará as 11:00 horas dende o Campo da Festa de San
Roque de Larín,anexo ao Campo de Fúbol.
6.2 A organización reservase o dereito de cambiar ou modificar o percorrido
públicado, se fose o caso informarase e publicarase con antelación suficiente
nos diferentes medios de difusión da carreira.
6.3 Percorrido carreira (10 km):
6.4 Percorrido andaina ( 5 Km)
FICHA TÉCNICA:
Distancia: carreira: 10 km, andaina: 5 km.
Dificultade física: media Dificultade técnica: media.
Punto de saída e meta: campo da Festa de Larín.
Avituallamento: líquido 4’5 Km.
Información: www.championchipnorte.com,no local do Campo da Festa
os días 20-27 de Maio eo 3 de Xuño, de 18:00 á 20:00.
Teléfonos: 620 34 10 65/ 665 93 79 86/ 618 19 62 73.
Hora de saída: 11:00 horas.
Hora de chegada dos primeiros corredores: 11:35 horas.
Entrega de premios: 14:00.
7. CRONOMETRAXE:
A proba estará controlada por persoal cualificado da organización e conta con
cronómetro especial para éste tipo de probas.
8. SEÑALIZACIÓN É CONTROLES DE PASO:
O percorrido estará señalizado con cachos de cinta plástica de sinxela
visualización, e con calquer outro tipo de sinal por onde será obrigatorio o
paso.
É responsabilidades de cada participante seguir o percorrido marcado, non
respetalo será causa de penalización ou descalificación.
Os participantes durante todo o percorrido, deberán seguir en todo momento
as indicacións do persoal da organización nos cruces.
Existirán voluntarios que actuarán de escobas, a maiores de Protección Civil
é Policía Local do Concello de Arteixo.
9. ABANDONOS
En caso de abandoar a proba, o corred@r deberá indicalo o persoal de
organización no posto ou cruce máis cercano,éstes informaran mediante
chamada ao posto principal.
10. RESPETO AO MEDIO ÁMBIENTE
Os participantes deberán respetar o medio onde se realiza a proba e manter
limpo o entorno. Deberán utilizar os puntos habilitados para o caso.
11. SEGURIDADE
A organización da proba garantiza a seguridade dos participantes poñendo
para ilo as medidas e persoal necesario. Contémplase a presencia de
vehículos oficiais, tanto da organización como de medios de seguiridade
debidamente identificados. Disponse de ambulancia con médico para intervir
en caso de necesidade.
O persoal dos controis e cruces está facultado para indicar a conducta a
seguir en caso de perigos, accidentes ou abandonos.
12. ACCESOS, APARCADOIROS, VESTIARIOS É ASEOS
-Os aparcadoiros contan con un total de 350 prazas,baños e vestiarios para
ambos sexos con auga quente para quen desee ducharse, os accesos para
acceder o evento son varios pero os de máis facilidade son dous, 1 dende a
Coruña, o cal pode acceder xentes de A Coruña, Arteixo,Culleredo…, é
outro dende Carballo, o acceso 2, con conexión coa autoestrada AC552 ou
Autopista AG55,procedentes de A Coruña,Arteixo, A laracha, Carballo…
APARCADOIROS: señalizados con circulo amarelo
ACCESO 1: Dende a nacional 552 “Coruña-Fisterra”
ACCESO 2: Dende AG55 ( saída Paiosaco) “Coruña-Carballo”
VESTIARIOS CON ASEOS: señalizados con circulo vermello
ASEOS: señalizados con circulo azul
*Os accesos á saída da carreira estarán sinalizados na nacional 552 e na
saída da AG55 (saída de Paiosaco).