Calendario
Info da proba

Santiago

11/06/2023 11:45 - 12:45
Regulamento VI Carreira e Andaina Solidaria pola Esclerose Múltiple
REGULAMENTO XERAL
Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “VI
Carreira e Andaina Solidaria pola Esclerose Múltiple”, o domingo 11 de xuño de
2023, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo.
Art.2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha
clasificación conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo da
Federación Galega de Atletismo.
Art.3) CATEGORÍAS
Masculina e Feminina:
 Peques: ano nacemento (2017 - actualidade)
 Escolares A: ano nacemento (2014-2016)
 Escolares B: ano nacemento (2011-2013)
 Escolares C: ano nacemento (2010 ata os 16 anos)
 Absoluta:
- Sub 23: 17-23 anos
- Senior: 24-34 anos
- Veteran@s 21: 35-44 anos
- Veteran@s 2: dende os 45 anos
 ANDAINA: todas as idades
Art.4) DISTANCIAS E HORARIOS
 Peques: 50 metros. Saída: 12:40
 Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
 Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
 Escolares C:2, 5 km. Saída: 11:30
 Absoluta (Sub23-Senior- Veteran@s1 e 2): 4.5 km. Saída: 11:45
 ANDAINA: 2 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta
Art.5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria
(Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo
da Alameda e a Residencia.
Art. 6) INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 6 euros. A carreira será de balde para as categorías
peques e escolares.
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cota, que
poderá realizarse nas formas seguintes:
 Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos
Pinos 4, (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a
venres de 9:00 a 14:00 horas.
 A través da web https://www.carreirasgalegas.com/
O prazo de inscrición rematará o mércores 7 de xuño ás 23:59hrs. tanto para as
inscricións presenciais en A.C.E.M como para as on line
(https://www.carreirasgalegas.com)
Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS (lugar e hora)
A retirada dos dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple ACEM
(R/Queixume dos pinos, 4 15705 Santiago) o venres 9 de xuño de 11 a 18h.
e no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela (R/ Miguel
Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela) o sábado 10 de xuño
nos seguintes horarios: de 11 a 14h e de 16 a 20h.
2) O mesmo día da carreira no lugar de saída (Estanque da Residencia), dende
as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da
andaina.
Art. Molón PREMIOS
Individuais:
Ós/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina
como feminina (agás na categoría Peques, que recibirán todos un agasallo).
No caso de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a
organización resérvase o dereito de unila a outra.
Haberá un gañador absoluto e unha gañadora absoluta da Carreira, que
corresponderán á mellor marca de tempo.
Grupos:
Premios por Club: Premio ós tres primeiros clubs absolutos. A clasificación
será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de
meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos
acade. En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º
compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será
imprescindible que cada atleta indique o nome do club na súa inscrición
individual.
Art. 9) DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data
de nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), teléfono. Rexeitarase
calquera inscrición á que lle falte algún dos datos sinalados.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descalificados.
Art. 10) CLASIFICACIÓN
A clasificación será absoluta, por categorías (agás Peques).
Art. 11) CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través de dous chips desechables que se
entregará a cada corredor/a, que levará no dorsal. Todo corredor/a que non entre
na liña de meta co seu dorsal, ben visible, colocado por diante ou que incumpra as
normas establecidas, será descalificado.
A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que
regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
O control da chegada pechará 50 minutos despois de que entre en meta o primeiro
corredor da categoría absoluta.
Art. 12) VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Debido ás características da proba, permitiranse as cadeiras de rodas con ou sen
motor.
Art. 13) RECLAMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente na zona de
meta non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 14) SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e escoba.
Contarase con duchas (pavilllón do Colexio Pio XII) e garda-roupa.
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
A proba conta tamén cun seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de
Accidentes Deportivos para todos os participantes (carreiras-andaina).
Art.15) PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.)
e a entidade MGC Mutua, por si mesmos ou por terceiras entidades, traten coa
finalidade exclusivamente aseguradora e deportiva, os seus datos de carácter
persoal, de acordo coas opcións contidas na inscrición.
De acordo co que establece o Regulamento Europeo de Protección de Datos e a Lei
Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía
dos dereitos dixitais, o participante poderá exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, supresión, dereito ao esquecemento, limitación del tratamento,
portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD, a non ser obxecto de
elaboración de perfís e dereito a revocar o consentimento prestado. Para exercitar
os seus dereitos deberá solicitalo nas direccións indicadas na ficha de inscrición.
Asemade, informámoslle que debido a que a Carreira e a Andaina están
patrocinadas é imprescindible a filmación da mesma para a xustificación da súa
realización, co cal vanse sacar fotografías. A inscrición na carreira implica a
posibilidade de aparecer en ditas fotografías, coa finalidade de promocionar e
xustificar a devandita actividade. No caso de non desexar aparecer nas mesmas,
debe solicitalo ou ben con anterioridade ao día da carreira ou ben antes da mesma.
Art. 16) OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co
regulamento da RFEA e IAAF en vigor.