Calendario
Info da proba

Ames

22/10/2023 10:30 - 12:00
Regulamento XXII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES
DATA: 22 de outubro de 2023
LUGAR: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (Inmediacións da Casa do Concello)
1. O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo a vixésima
segunda edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, o domingo 22 de outubro. Esta
proba pertence ao IX CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.
2. As probas realizaranse o domingo, 22 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e
chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do
Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en
cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de
Atletismo.
3. Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
4. As inscricións da carreira en todas as súas categorías realizaranse a través da web
www. emesports.es enchendo o formulario de inscrición. Tamén se poderá realizar
presencialmente na seguinte tenda deportiva:
- Deportes Amesport: Avenida da Maía 83 Baixo (Bertamiráns- Ames)
O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o mércores 18 de outubro ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICIÓN
Categorías escolares (de pitufo a xuvenil): GRATUÍTA
Proba absoluta (de júnior a veterano): 7 €
* Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
** Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido, nin o día da carreira.
NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN
RUTA (SÓ EN PROBAS HOMOLOGADAS)
5. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do
Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 21 de outubro) en horario de 17:00 a
20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para non
gardar colas recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.
6. A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip que se entregará a
cada corredor/a xunto cun dorsal de competición. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu
dorsal ou sen o seu chip ou non o leve o dorsal colocado de xeito correcto, na parte anterior do
corpo, será automaticamente descualificado/a.
7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
 Recibirán un trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
 Na proba absoluta recibirán un trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais
empadroados/as no Concello de Ames.
 Tamén recibirán un trofeo os 3 primeiros clubs da carreira absoluta.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos
(agás os premios aos/ás atletas locais).
PREMIOS EN METÁLICO INDIVIDUAIS DA PROBA ABSOLUTA:
1º/1ª CLASIFICADO/A 250,00 €
2º/2ª CLASIFICADO/A 200,00 €
3º/3ª CLASIFICADO/A 100,00 €
4º/4ª CLASIFICADO/A 50,00 €
PREMIOS EN METÁLICO A CLUBS FEDERADOS DA PROBA ABSOLUTA:
1º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 250,00 €
2º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 175,00 €
3º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €
4º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 75,00 €
A clasificación de clubs establecerase a través das 10 primeiras persoas clasificadas do mesmo,
sexan homes ou mulleres, pola suma dos seus postos. Os mesmos deberán estar compostos polo
menos por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor.
Para entrar nestes premios os clubs deberán remitir a relación de inscritos co seu nome e apelidos
e o seu número de licenza ao enderezo electrónico santiago@atletismo.gal antes do peche de
inscricións.
A entrega de trofeos farase ao remate de todas as probas diante da Casa do Concello.
Non haberá premios nin trofeos para os/as participantes das categorías prebenxamín e pitufo.
Nestas categorías entregaráselle unha medalla de chocolate a cada participante.
Aos/ás atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa
presentación do DNI ou pasaporte.
8. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E ESTRANXEIROS/AS:
Esta carreira está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo, polo cal a
participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co
disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do regulamento de competicións da Real
Federación Española de Atletismo, que se pode consultar no seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-04/Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pd
9. Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa
proba. Na proba absoluta estableceranse caixóns de saída, polo cal os/as atletas participantes
deberán acreditar no momento da inscrición a súa marca en 10 km en ruta.
10. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os e as
participantes.
As reclamacións dos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición sen
sobrepasar os 30 minutos despois da publicación dos resultados.
11. Os horarios das saídas poderán ser modificados, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función
do número de participantes de cada categoría.
12. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal de
Bertamiráns.
13. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA
en vigor.
14. Establécense as seguintes categorías e horarios, segundo o ano de nacemento:
HORARIOS
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PITUFO FEMININO nados/as no 2019 e posteriores 200 m aprox 12:00 horas
PITUFO MASCULINO 12:05 horas
PREBENXAMÍN FEMININO nados/as no 2016, 2017 e 2018 350 m aprox 12:10 horas
PREBENXAMÍN MASCULINO 12:20 horas
SUB 10 FEMININO nados/as no 2014 e 2015 1.300 m aprox 12:30 horas
SUB 10 MASCULINO 12:40 horas
SUB 12 FEMININO nados/as no 2012 e 2013 1.300 m aprox 12:50 horas SUB 12 MASCULINO
SUB 14 nados/as no 2010 e 2011 1.900 m aprox 13:00 horas SUB 16 nados/as no 2008 e 2009
SUB 18 nados/as no 2006 e 2007 5,25 km (1 volta)
10:30 horas
SUB 20 nados/as no 2004 e 2005
10 km homologados
pola RFEA
SUB 23 nados/as no 2001, 2002 e 2003
SÉNIOR nados/as entre 1989 e 2000
MASTER 1 MASC/FMNO nados/as entre 1983 e 1988
MASTER 2 MASC/FMNO nados/as entre 1973 e 1982
MASTER 3 MASC/FMNO nados/as entre 1963 e 1972
MASTER 4 MASC/FMNO nados/as en 1962 e anteriores
PERCORRIDOS
Sub 18 (1 volta) sub 20, sub 23, sénior e máster 1, máster 2, máster 3 e máster 4
(10 km): 10:30 horas. PLANO PROBA ABSOLUTA (2 VOLTAS).