Calendario
Info da proba

Sada

08/10/2023 10:00 - 11:30
Regulamento LUGAR DE SAÍDA:
 Paseo Marítimo xunto a Casa da Cultura Pintor Llorents, Sada
CARREIRAS:
 Carreira 10 km(Sub 23 en adiante)
 Competicións para nenos de diferentes distancias (prebiberóns - sub20)
 Andaina longa 11 km.
 Andaina curta 3 km aprox.
Estas carreiras forma parte do IX Circuíto de Carreiras populares da
Deputación Provincial Da Coruña e como tal réxese polo regulamento de tal
circuíto, que podedes ver no seguinte enlace:
https://www.dacoruna.gal/files/3116/8328/1503/Carreras_circuitores_seleccion_asinada.pdf
e está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
CATEGORIAS:
 Prebiberóns: nados en 2020/21/22 Homes e mulleres, 100 m
 Biberóns: nados en 2018-2019 Homes e mulleres, 100 m.
 Sub8: nados en 2016-2017 Homes e mulleres, 350 m.
 Sub10: nados en 2014-2015 Homes e mulleres, 350 m.
 Sub12: nados en 2012-2013 Homes e mulleres, 700 m.
 Sub14: nados en 2010-2011 Homes e mulleres, 700 m.
 Sub16: nados en 2008-2009 Homes e mulleres 1.4 km.
 Sub 18: nados en 2006-2007 Homes e mulleres 2.8 km.
 Sub 20: nados en 2004-2005 Homes e mulleres 2.8 km.
 Sub23: nados en 2001-2003 Homes e mulleres 10 km.
 Sénior: nados en 2000 ata 1989 Homes e mulleres 10 km.
 Máster 1: nados en 1988-1983 Homes e mulleres 10 km.
 Máster 2: nados en 1982-1973 Homes e mulleres 10 km.
 Máster 3: nados en 1972-1963 Homes e mulleres 10 km.
 Máster 4: nados 1962 ou antes Homes e mulleres 10 km.
 Adaptada.
HORARIOS PROVISIONALES:
Los definitivos se publicaranse o venres 6
HORA DISTANCIA CATEGORÍA ANO SEXO
10:00 10km Sub23, séniors, e másters 2001 en adiante Mixto
10:05 11km Andaina longa - -
10:20 3km Sub18 e sub20 2004-2006 Mixto
11:15 Quencemento nen@s categorías sub14 e inferiores
11:30 1.5km Sub16 2008-2009 Mixto
11:45 700m Sub14 2010-2011 Feminino
11:55 700m Sub14 2010-2011 Masculino
12:05 700m Sub12 2012-2013 Feminino
12:15 700m Sub12 2012-2013 Masculino
12:25 350m Sub10 2014-2015 Feminino
12:30 350m Sub10 2014-2015 Masculino
12:35 350m Sub8 2016-2017 Feminino
12:40 350m Sub8 2016-2017 Masculino
12:45 100m Biberóns 2018-2019 Mixto
12:50 100m Prebiberóns 2020-2022 Mixto
12:55 3km Andaina Curta - -
13:30 Ceremonia de premiación
INSCRICIÓNS:
As inscricións de máster, sénior,sub23, sub20, sub18, sub16, sub14, sub12,
sub10 e sub8 realizaranse exclusivamente en:
www.championchipnorte.com
Por tratarse dunha carreira solidaria en beneficio de Unicef, as inscricións terán
un donativo que será doado integramente a UNICEF.
Prezos ata o venres 15 de setembro.
6 € carreira de 10 km e andainas de 11 e de 3 km.
4€ sub20, sub18 e sub16.
3€ as categorías de prebiberón ata sub14.
Do sábado 16 ó venres 29 subirán a 8€ a carreira de 10 km e andainas de 11 e
de 3 km.
Do sábado 30 ó mércores 4 de outubro subirán a 10€ a carreira de 10 km e
andainas de 11 e de 3 km.
A partir do xoves 5 as 00:00 ata o domingo 8 todas as inscricións, salvo
biberóns, prebiberóns e as andainas que manterán o prezo, terán un custo de
30€ e se poderán inscribir o ata día da proba na carpa habilitado para iso ata
½hora antes da carreira ou ata finalizar as existencias de dorsais.
Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos
adicionais desde 1 a 50 €, sempre a favor da causa de UNICEF.
A cronometraxe farase con chip desde a categoría sub8 ata os máster, as
andainas e carreiras de biberóns e prebiberóns non son competitivas polo que
non haberá clasificación.
Os non propietarios de chip amarelo deberán abonar 1 € en concepto de
aluguer.
AVITUALLAMENTO E DUCHAS:
A metade de percorrido, no km 5 aproximadamente haberá un posto de
avituallamento onde se repartirán augas.
Ao finalizar a proba dispoñerase de duchas no pavillón municipal de Sada,
situado a 1,4,km da saída, localización: Google Maps
RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais se recollerán o mesmo día da proba nas carpas habilitadas o efecto
no lugar da saída ata 30’ antes do inicio de cada competición.
Recomendase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.
Para a recollida de dorsais poderase exixir a presentación do DNI ou
documento oficial que acredite a identidade.
CONTROL DE CHEGADA:
A proba será controlada pola Federación Galega de Atletismo.
A cronometraxe correrá a cargo da Empresa ChampionChipNorte.
O atleta deberá colocar o chip no nocello ou zapatilla e o dorsal visible na parte
dianteira da camiseta. A incorrecta colocación ou a perda dos mesmos no
transcurso da carreira implica o non rexistro no sistema á chegada, e por tanto a
exclusión da clasificación final.
Non se admiten reclamacións de corredores que entrasen en meta sen o chip ou
dorsal.
Todas as persoas inscritas na proba deberán devolver o chip alugado ao
finalizar a mesma. A non devolución implica o pago do mesmo, 20 euros.
Ao longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime
oportunos, estando autorizados para retirar a calquera corredor que cometa
algunha irregularidade ou desobediencia aos voluntarios encargados do control
da proba.
Os puntos quilométricos estarán sinalizados ao longo de todo o percorrido.
TROFEOS E PREMIOS:
As reclamacións poderánse efectuar ao Xuiz arbitro da proba, de maneira
verbal ata 30’ despois da exposición dos resultados.
Recibirán medalla todos os nenos participantes nas categorías biberón e
prebiberóns.
De Sub8 en diante os primeiros clasificados recibirán un magnífico trofeo de
cerámica deseño de Cerámicas Sargadelos, e os segundos e terceiros recibirán
medalla.
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados absolutos da carreira de 10
km masculino e feminino
Este trofeo NON é acumulativo.
Recibirán trofeo/medallas os primeiros clasificados do municipio de Sada,
masculino e feminino. Este trofeo poderá ser acumulativo con outro
PERCORRIDOS:
Biberóns e Prebiberóns - 100 m
Sub8 e Sub10 - 1 volta 350 m
Sub 12 e Sub14 - 2 voltas 700m
X CARREIRA DA AUGA UNICEF
SADA 08 de outubro do 2023
www.clubatletismosada.com 9
Sub16 – 1 volta 1.500m
Sub18 e sub20 – 2 voltas 3.000m
Sub23, senior, masters 1-2-3-4 - 10 Km