Calendario
Ver carrera

Ribeira

30/09/2023 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción XXIV CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIBEIRA
SÁBADO 30 DE SETEMBRO DE 2023
O Concello de Ribeira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 30 de
setembro de 2023, a partir das 17.00 horas, a XXIV edición da Carreira Popular de Santa
Uxía que formará parte do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación
da Coruña, así como do VI Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa.
A proba absoluta disputarase sobre a distancia 10 km. As probas levaranse a cabo na
localidade de Ribeira e estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación
Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 6 2020-2019-2018
SUB 8 2017-2016
SUB 10 H/M 2015-2014
SUB 12 H/M 2013-2012
SUB 14 H/M 2011-2010
SUB 16 H/M 2009-2008
SUB 18 H/M 2007-2006
SUB 20 H/M 2005-2004
SUB 23 H/M 2003-2002-2001
SENIOR H/M De 2000 ata 1989
MASTER 1 H/M De 1983 ata 1988
MASTER 2 H/M De 1973 ata 1982
MASTER 3 H/M De 1963 ata 1972
MASTER 4 H/M Nados antes do 1963
“SAPATILLA
INCLUSIVA”
Categoría única absoluta para persoas
con diversidade funcional
3. DISTANCIAS E HORARIOS
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIBEIRA (Paseo
marítimo).
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17.00 h Sub 14 – Sub 16 2.100 metros
17.30 h Sub 12 1.400 m
17.40 h Sub 10 700 m
17.50 h Sub 8 500 m
18.00 h Sub 18, Sub 20, sub 23,senior e
máster
10 km
(2 voltas)
18.00 h “Sapatilla Inclusiva” 5 km
(1 volta)
19.10 h Sub 6 (2 ou 3 saídas) 100 m
19.30 h ENTREGA DE PREMIOS
4. INSCRICIONS
Os participantes na XXIV Carreira Popular de Santa Uxía poderán realizar a súa inscrición na
web https://www.ribeira.gal/ e www.emesports.es, con data límite o mércores 27 de
setembro ás 23.59 horas.
PREZOS DA INSCRICIÓN
- CATEGORIAS BASE (ata sub 16 incluido): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (De sub 18 a máster): 6,00 €
- Nesta proba abrirase un segundo e prazo final de inscrición ao Circuito de
Carreiras Barbanza Arousa 2023.
I M P O R T A N T E: Non se permitirá a participación de ningún deportista que non
houbera realizado a inscrición previa. Non se realizarán inscricións o día da proba.
Os participantes xa inscritos no circuito de carreira populares de
Barbanza Arousa, non terán que volver a inscribirse.
5. PREMIOS
Na XXIV Carreira Popular de Santa Uxía outorgaranse os seguintes premios:
a) PREMIOS ECONÓMICOS PROBA DE 10 kilómetros*:
1º clasificado/a 300,00 euros + trofeo
2º clasificado/a 150,00 euros + trofeo
3º clasificado/a 90,00 euros + trofeo
*Os premios económicos serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal as/os
atletas gañadoras/es terán que facilitar os seus datos persoais e bancarios unha vez remate a
proba.
• Medallas conmemorativas ós tres primeiros clasificados de cada categoría
establecida no presente regulamento.
• Medallas conmemorativas ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
• OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, a excepción dos primeiros clasificados
locais.
Ojo morado Categorías base:
• Medallas Conmemorativas para os tres primeiros clasificados/as das categorías
sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.
• Medallas para todos os participantes das categorías sub 6 e sub 8. Nestas dúas
categorías non se realizará clasificación nin entrega de trofeos.
6. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba na zona do Malecón (preto da oficina de turismo), en caso
de mal tempo trasladarase o AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde, ata
media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a
súa extensión, colocado na parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que
entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.
OS PARTICIPANTES NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES BARBANZA
AROUSA 2023 TERÁN QUE RECOLLER UN DORSAL NOVO EN CADA PROBA DO
CIRCUITO INCLUIDA ESTA, CO CAL TERÁN QUE COMPETIR. Poderán ademais
recoller o agasallo de organización se non o recolleron na carreira anterior.
7. DESCUALIFICACIÓNS
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquera participante que incumpra as normas de competición,
as establecidas nos regulamentos da FGA ou RFEA para probas en ruta, por esta orde, ou que
cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a
proba.
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
▪ Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A
Fieiteira ou Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso).
▪ Haberá servizo de gardarroupa (Oficina de turismo).
▪ Haberá servizo de ambulancia, e seguro deportivo (licenza de día) para os
participantes.
▪ Haberá sinalización dos puntos quilométricos.
▪ Haberá avituallamento intermedio líquido e líquido/sólido final.
▪ Aparcamento nas inmediacións da saída, na zona portuaria.
▪ Haberá sorteo de agasallos entre os corredores ao finalizar as probas.
▪ A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
9. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
ubicado na zona próxima á meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións
dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola ORGANIZACIÓN.
10. PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS AUTONÓMICAS E
EXTRANXEIROS/AS
Nesta proba a participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexerase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS
COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2023”.
11. ARTIGO 23: LOPD.
Todos/a os/asas corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA e
RFEA.

[ Go Back ]