Calendario
Info da proba

Culleredo

18/06/2023 11:00 - 12:00
Regulamento X CARREIRA POLA RIA DO BURGO
18 DE XUÑO 2023
REGULAMENTO
1.-O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a
Deputación da Coruña, a X Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 18 de xuño, A
proba forma parte do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
2.-DENOMINACIÓN. A proba recibe a seguinte denominación: “X Carreira pola ría do Burgo”.
3.-DATA E LUGAR. A proba celebrarase o domingo 18 de xuño no paseo marítimo da ría do
Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da
ría, na zona das pistas polideportivas
4.-CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS: Establécense as seguintes categorías, en función da
data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias
5.-INSCRICIÓNS: Permanecerán abertas dende o mércores 31 de maio ás 00:00 horas ata as
23:59 do mércores 14 de xuño na web www.carreirasgalegas.com; o prezo da mesma será de 5
euros na carreira dos 6 km da proba absoluta. O número máximo de participantes será de
999.
6.-PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e
feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías
pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
CATEGORÍA IDADE DISTANCIA HORA
MENORES SEN
CLASIFICACION
Pequerrecho Nados/as en 2018-2019 70 m aprox 12:55
Prebenxamín Nados/as en 2016-2017 110 m aprox 12:45
MENORES
Sub10 Nados/as en 2014-2015 1100 m aprox
( 1 volta pequena) 12:35 Sub12 Nados/as en 2012-2013
Sub14 Nados/as en 2010-2011
2130 m aprox Sub16 Nados/as en 2008-2009
(2 voltas pequenas) 12:10
Sub18 Nados/as en 2006-2007
ABSOLUTA
Sub20 Nados/as en 2004-2005
6 km aprox. 11:00
Sub23 Nados/as en 2001-2002-2003
Sénior Nados/as en 2000 ata 1989
Máster 1 Nados/as en 1988 ata 1983
Máster 2 Nados/as en 1982 ata 1973
Máster 3 Nados/as en 1972 ata 1963
Máster 4 Nados/as antes do ano 1963
X CARREIRA POLA RIA DO BURGO
18 DE XUÑO 2023
7.-DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de
Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ao dorsal e poderán recollerse entre o
venres 16 de xuño de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 17 de xuño de 11:00 a 13:00 horas
e de 18:00 a 20:30 horas na caseta de turismo do paseo marítimo (recinto ferial do BurgoPonte do Burgo 43.315972, -8.361034), ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as
10:30 horas o mesmo día da carreira. Cronometraranse electronicamente todas as categorías
agás a de pequerrechos e prebenxamín.
8.-AVITUALLAMENTO: Será na zona de meta para todas as categorías.
9.-OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN. Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha bolsa
conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
10.-SERVIZOS. Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na
zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da
proba. Non haberá servizo de vestiarios, duchas ou gardarroupa.
11.-RECLAMACIÓNS. As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente
ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de trinta minutos despois da publicación dos
mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
Regulamento da F.G.A., e R.F.E.A. en vigor.