Calendario
Info da proba

San Sadurniño

04/06/2023 11:30 - 12:30
Regulamento ARTIGOS
Art. 1- DATA.
DOMINGO 5 DE XUÑO DE 2022.
Art. 2-HORARIOS, DISTANCIAS, IDADES, CATEGORÍAS E CIRCUÍTOS.
HORA DISTANCIA CATEGORÍAS IDADES CIRCUÍTO
11.30h. 5 kms.
ABSOLUTA
SUB 16. Masc. e Fem.
SUB 18. Masc. e Fem.
SENIOR. Masc. e Fem.
MÁSTER M40. Masc. e Fem.
MÁSTER M50. Masc. e Fem.
Nados/as 2007 e 2008
Nados/as 2005 e 2006
Nados/as 1983 a 2004
Nados/as 1973 a 1982
Nados/as 1972 e
anteriores
Circuíto 3
11.00h. 900 mtrs. SUB 14. Masc. e Fem. Nados/as 2009 e 2010 Circuíto 2
12.30h. 600 mtrs. SUB12. Masc. e Fem. Nados/as 2011 e 2012 Circuíto 2
12.45h. 280 mtrs. SUB 10. Masc. e Fem. Nados/as 2013 e 2014 Circuíto 2
13:00h. 65 mtrs. PEQUES Nados/as 2015 e
posteriores.
Circuíto 1
Art. 3-LUGAR.
A Carreira Popular de San Sadurniño terá lugar no Paseo Fluvial do río Xubia de San
Sadurniño e Finca A Cortiña (lugar de Bidueiro. San Sadurniño).
https://goo.gl/maps/r4Xy4J9m3SE2
https://goo.gl/maps/g3totvB78T62
Art. 4- ENTIDADE ORGANIZADORA.
Concello de San Sadurniño.
Concellaría de Deportes
Art. 5-REGULAMENTO.
1. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo (FGA).
2. “Proba oficial da FGA con distancia non homologada”.
3. A proba está aberta a todos e todas os atletas federados ou non, sen
distinción de sexo ou nacionalidade.
4. As persoas participantes nesta proba deportiva, coas excepcións previstas
neste regulamento, están obrigados/as ao cumprimento das normas
particulares do regulamento da proba e ás que nun momento determinado
estableza ou adopte, por seguridade, o responsable da proba ou a
autoridade competente.
5. As categorías serán dende Peques ata Máster M50.
6. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade é suponse que dispón dun
nivel de condición física óptimo para afrontala proba.
7. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no
peito e terá que ser visible o longo de toda a proba.
8. Todas as categorías, exceptuando as categorías SUB 10 e peques, estarán
controladas con chip. Na categoría SUB 10 a cronometraxe será realizado
polos/as xuíces da Federación Galega de Atletismo.
9. Durante o transcurso da proba, faranse controis de paso en varios puntos do
circuíto que a organización establecerá, polos cales terán que pasar todas as
persoas participantes para non ser descualificadas.
10. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente o/a xuíz árbitro, non máis
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
11. Ningún atleta federado/a poderá competir con outro Club que non sexa o
que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta
situación, será descualificado automaticamente.
12. RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA que estarán
autorizados a descualificar.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
◦ Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no
peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
◦ Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor/a.
◦ Non pasar polos controis de carreira establecidos.
◦ Non realizar o percorrido de carreira completo.
◦ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
◦ Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
◦ Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
◦ Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non
sexa motivo de expulsión do circuíto.
◦ Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da
carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora
de sanción disciplinaria.
◦ Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
◦ Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
◦ Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra
do espírito deportivo.
13. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA (Federación Galega de Atletismo), RFEA (Real
Federación Española de Atletismo) e IAAF (Federación Internacionnal de
Atletismo Amateur) para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
14. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa propia
responsabilidade e polo feito de inscribirse aceptan o presente regulamento.
15. Seguro: Cada participante estará amparado por unha póliza de
Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos
derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis
ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo
á organización, estando estes últimos debidamente identificados.
16. A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E AMBULANCIA dende unha
hora antes do comezo da carreira e ata que finalice a última carreira.
17. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizala inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización trate informaticamente e con
finalidade exclusivamente deportiva e/ou promocional os seus datos de
carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías,
vídeo, redes sociais, etc.
18. En función do número de participantes, a organización poderá establecer
varias saídas para as categorías inferiores.
19. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de
nacemento dos participantes. A non aportación desta, poderá ser motivo de
descualificación.
20. Non está permitido o acompañamento en ningunha das probas de ningún
vehículo alleo á organización. Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de
persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches
ou cadeiras, nin correr acompañados destes en ningún momento.
21. A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno. O
mal tempo non será motivo de suspender a proba, agás que axa aviso de
alerta vermella e quede suspendido todo tipo de actividade deportiva ao aire
libre.
22. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible
colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no
regulamento, poderá ser descualificado/a.
23. A carreira da categoría absoluta (5Kms) poderase realizar correndo ou
correndo-camiñando, sendo o tempo máximo para realizar a carreira de 55
minutos.
24. En caso de retirada, avisarase ao persoal da organización. No caso de lesión
ou impedimento para regresar polos propios medios á meta, solicitarase
axuda á organización, que xestionará a recollida.
25. Os premios non son acumulativos, exceptuando o premio o/a participante
de maior idade.
26. Todas as carreiras estarán pechadas ao tráfico. Na carreira da categoría
absoluta a organización disporá dun vehículo de apertura: Portador do cartel
coa inscripción «Atención: proba deportiva.STOP» cunha bandeira vermella, e
un vehículo de peche: Portador do cartel coa inscrición «Fin de carreira.
CONTINÚE», cunha bandeira verde.
Art. 6-RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas
participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba, e exime á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que
cubrirá os incidentes inherentes á proba.
Art. 7-OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar todos/as aqueles atletas que o desexen, por norma xeral, en
competicións do calendario autonómico non porán participar atletas españois con
axuda económica da RFEA.
O descoñecemento do presente regulamento non exime do seu cumprimento.
Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Art. 8-CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
Art. 9-SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente ao Xuíz Árbitro da proba ata 30
minutos despois da publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip. As persoas participantes
que non cumpran co paso por todos os puntos poderán ser descualificadas coa
consecuente non aparición nos resultados finais.
Art. 10-CLASIFICACIÓN.
• Absoluta. A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e estará
controlado técnicamente pola Federación Galega de Atletismo.
• SUB12 e SUB 14. A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip
e estará controlado tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo.
• SUB 10. A cronometraxe será realizado polos/as xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
• Peques non haberá clasificación nin cronometraxe, estará controlado
tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo. Os/as participantes
correrán co dorsal número 1.
As clasificacións da carreira poderán ser consultadas:
- No lugar habilitado para tal efecto no lugar da carreira.
- Na páxina web do Concello de San Sadurniño www.sansadurnino.ga l
- Na páxina web www.emesport.es
- Na web da FGA: www.carreirasgalegas.co m
Art. 11- PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O tempo de realización máxima da carreira será de 55 minutos. Ao cumprirse este
tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto Consideraráselles “fóra de
carreira” e non figurarán nas clasificacións.
Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade.
Art. 12- INSCRICIÓN.
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do
servizo, é imprescindible que as persoas participantes formalicen a súa inscrición
dentro dos prazos indicados.
12.1.- Prezo:
CATEGORÍAS IDADES PREZO
ABSOLUTA
SUB 16 Masc. e Fem.
SUB 18 Masc. e Fem.
SENIOR Masc. e Fem.
MÁSTER M40 Masc. e Fem.
MÁSTER M50 Masc. e Fem.
Nados/as 2007 e 2008
Nados/as 2005 e 2006
Nados/as 1983 a 2004
Nados/as 1973 a 1982
Nados/as 1972 e anteriores
5 euros
SUB 14 Masc. e Fem. Nados/as 2009 e 2010 Gratis
SUB12 Masc. e Fem. Nados/as 2011 e 2012 Gratis
SUB 10 Masc. e Fem. Nados/as 2013 e 2014 Gratis
PEQUES Nados/as 2015 e posteriores.
Menores de 8 anos Gratis
12.2.- Forma de pago:
A única forma de pago será na plataforma habilitada para tal efecto.
12.3.- Devolución da inscrición:
Se algún dos/as participantes decide anular voluntariamente a inscrición, a
organización non devolverá o importe de dita inscrición.
Tampouco devolverase o importe da inscrición se o/a atleta é descualificado.
12.4.- Nº de Prazas:
- Na carreira da categoría absoluta (5 Kms): 500 atletas
- O resto das categorías sen límite de prazas.
12.5.- Prazo de inscrición.
O prazo de inscrición remata o luns 30 de maio ás 14:00h. Non se
realizarán inscricións o mesmo día da proba.
12.6.- Lugar e forma de inscribirse.
Na plataforma habilitada para tal efecto.
Art. 13- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase o mesmo día no lugar da proba. Haberá
unha carpa habilitada para a retirada dos dorsais e chips. O horario de retirada será:
- Carreira Absoluta. De 9:10 a 11:15 horas
- O resto das categorías ata 40 minutos antes do inicio de cada proba.
Art.14- AVITUALLAMENTO.
Na meta colocarase un avituallamento líquido e sólido ó final da proba para todas
as persoas participantes. Ademais, poñeranse ao dispor dos corredores/as
colectores para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo
que a non utilización destes por parte dos/as atletas poderá supoñer a
descualificación.
Art. 15- SERVIZO DE FISIOTERAPIA.
A organización porá a disposición dos/as participantes da carreira absoluta un
servizo de fisioterapia para aquelas persoas que sufran algún tipo de incidente
durante a carreira.
Art. 16- APARCADOIRO.
O Concello habilitará unha zoa específica o carón dos circuítos para que tanto as
persoas participantes como o público poidan deixar o coche.
https://goo.gl/maps/c5rAhqYPrfK2
Art. 17- DUCHAS.
As duchas e vestiarios para as persoas participantes estarán situadas no Pavillón
Polideportivo Municipal (Avda. Marqués de Figueroa nº 19). Non se atopan no
mesmo lugar da proba.
https://goo.gl/maps/oCw2X4ULcP32
Art. 18- TOLDO.
Para os que desexen repoñer forzas haberá un toldo para poder tomar algo ao
finalizar a proba.
Art. 19- AGASALLOS.
Agasallo para todas as persoas participantes na carreira popular.
Art. 20- CATEGORÍAS E PREMIOS.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento
no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes
da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do
seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio
as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o
propio atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no
momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de
Deportes, durante un prazo máximo 10 de 15 días, onde se custodiarán os trofeos
non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a
este.
CATEGORÍAS PREMIOS
PEQUES Medalla para cada participantes
SUB 10
Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino e
medalla para cada participante
SUB 12 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 14 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 16 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SUB 18 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
SENIOR Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER M40 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
MÁSTER M50 Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Participante de
Maior Idade Placa ao participante masculino e feminino de maior idade
Categoría
ABSOLUTA
3 primeiros
clasificados da
xeral
Trofeo para os tres primeiros clasificados masculino e feminino
Art. 21- COMPROMISO.
Cada participante comprométese a:
1.- Aceptar estritamente todos os artigos do presente regulamento.
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a organización véxase
obrigada a modificar por causas alleas a súa vontade.
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se realizará
devolución do importe da inscrición baixo ningunha causa.
4.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o
compromiso que a continuación se expón: “Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo á organización, óssponsors ou patrocinadores comerciais,
directivos/as, empregados/as e demais persoal organizador de toda
responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como
lesión, perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias”.
5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non
acepte os termos e condicións do evento expostos no presente regulamento.
No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo,
estarase ao que dispoña a organización.
6.- Dar o seu consentimento para que a organización trate
informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva ou
promocional, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe
dentro da proba mediante fotografías, vídeo, etc.
Art. 22- SERVIZOS AS PERSOAS INSCRITAS
A inscrición inclue os seguintes servizos:
• Dereito a participar na proba
• Avituallamento líquido e sólido na meta
• Seguro de responsabilidad civil e de accidentes
• Agasallo
• Aparcadoiro
• Duchas
• Dorsal
• Cronometraxe con chip
• Servizo médico axustándose á normativa legal deste tipo de eventos
• Servizo de fisioterapia
Art. 23- CIRCUÍTOS.
Haberá 3 circuítos debidamente sinalizados:
Circuito 1: Categoría Peques
Circuito 2: Categoría SUB 10, SUB 12 e SUB 14
Circuito 3: Categoría Absoluta
23.1.- Sinalización.
Todos os circuítos estarán balizados. Os diferentes circuítos estarán sinalizados con
valos, conos, cinta e marcas no chan, que será retirado pola organización unha vez
remate a proba.
A saída será común para tódalas categorías, estará sinalizada cun arco de saída e a
meta tamén será común para tódalas categorías, estará sinalizada cun arco de
meta.
Nas categorías inferiores a organización colocará na cabeza da carreira uns ciclistas
que dirixirán e abrirán a carreira e na parte final outros/as ciclistas como peche da
mesma.
23.2.- Circuítos.
23.2.1- Mapa Xeral dos circuítos.
23.2.2- Mapa Específico do circuíto de cada categoría.
Circuíto Categoría Mapa
Circuíto 1
65 mtrs.
PEQUES
Circuíto 2
280 mtrs.
SUB 10
Circuíto 2
600 mtrs.
(2 voltas)
SUB 12
Circuíto 2
900 mtrs.
(3 voltas)
SUB 14
Circuíto 3
5 Kms.
SUB 16 ata Máster M50
* Ver descrición de cada circuíto (Art. 24)
23.3.- Vehículos.
Nas diferentes carreiras o tráfico rodado estará pechado. Non está permitido o
acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo alleo á organización.
Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
23.4.- Acceso os circuítos.
Só se poderá acceder os circuítos andando, tanto o público como os/as
participantes na carreira.
23.5.- Saídas:
Común para todas as carreiras. A saída é dende o camiño principal do arboreto.
Estará sinalizada cun arco de saída.
23.6.- Meta:
Común para todas as carreiras. A meta está ao final do camiño principal do
arboreto. Estará sinalizada cun arco de meta.
Art. 24- DESCRICIÓN DOS CIRCUÍTOS.
24.1.- Circuíto 1.
Categoría: Peques
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto.
Os/as atletas unha vez tomada a saída e transcorridos 65 metros en liña recta
realízase a entrada en meta.
Poderán darse varias saídas en función do número de participantes.
Todos/as os/as atletas correrán co dorsal Nº 1.
- Hora da saída: 13:00h.
- Distancia: 65 metros
- O tempo estimado da proba é de 8 minutos.
Mapa do circuíto 1.
24.2.- Circuíto 2.
Categoría: SUB 10, SUB 12 e SUB 14
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto.
Este circuíto será o mesmo para as categorías SUB 10, SUB 12 e SUB 14 coa
diferenza de que os/as atletas terán que dar 1, 2 ou 3 voltas ao circuíto (según a
categoría) antes de realizar a entrada en meta.
Os/as atletas o pouco de tomar a saída realizarán un xiro de case á esquerda para
dirixirse por un camiño cara o paseo fluvial, o final deste camiño xiro de 90º á
esquerda para coller o paseo fluvial, transcurridos 150 metros polo paseo novo xiro
de 90º á esquerda para coller un camiño e dirixirnos hacia o camiño principal de
onde saimos. O final deste camiño novo xiro de á dereita para incorporarse ao
camiño principal do arboreto e dirixirse a realizar a entrada en meta.
No caso de ter que dar 2 voltas (categoría SUB 12) ou 3 voltas (categoría SUB
14) o xiro será á esquerda para volver a pasar por baixo do arco de saída. O
rematar a 2ª ou 3ª volta xiraremos á dereita para dirixirse a realizar a entrada
en meta.
Poderán darse varias saídas en función do número de participantes.
- Hora da saída:
Categoría SUB 10: 12:45h
Categoría SUB 12: 12:30h
Categoría SUB 14: 11:00h
- Nº de voltas:
Categoría SUB 10: 1 volta
Categoría SUB 12: 2 voltas
Categoría SUB 14: 3 voltas
- O tempo estimado da proba é de 14 minutos
- Distancia:
Categoría SUB 10: 285 mtrs.
Categoría SUB 12: 600 mtrs.
Categoría SUB 14: 900 mtrs.
Mapa do circuíto 2.
24.3.- Circuíto 3 (Carreira Absoluta)
Categorías: SUB 16 ata Máster M50
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto, transcorridos 75
realizamos o primero xiro á esquerda, logo de 125 metros realízase un novo xiro
Categoría SUB 10: 1 volta
Categoría SUB 12: 2 voltas
Categoría SUB 14: 3 voltas
cara a esquerda para coller o paseo fluvial do río Xubia ata o final do paseo e seguer
polo aparcadoiro do mesón A Granxa, para incorporarnos á estrada DP 7601
pasados uns 480 mtrs realízase un xiro de 90º á dereita para coller a estrada de 291
dirección Intasa. O chegar preto da entrada da fábrica realizamos un novo xiro á
dereita. Despois de percorrer uns 575 metros realizamos un pequeno xiro á
esquerda dirección Vidueda. Logo de 270 metros por esta estrada, realizaremos un
novo xiro á dereita en subida de case 90º para ir dirección Cornide. Logo duns 490
mtrs, ao chegar ao cruce de Cornide, novo xiro á dereita para ir baixando uns 300
mtrs e realizar un novo xiro á dereita de case 90º para iniciar unha forte baixada cara
o paseo fluvial. Xusto antes de chegar a unha ponte realizamos un novo xiro de 90º
á dereita para coller o paseo fluvial pola outra beira, seguiremos ata o final do paseo
onde realizaremos un novo xiro de 90º á esquerda para cruzar unha ponte peatonal
e volver a xirar inmediatamente a esquerda para coller o paseo do ría pola outra
beira e dirixirnos ata o final do paseo onde realizamos un novo xiro á dereita para
dirixirnos por unha estrada cara o arboreto de onde saímos, pasar por baixo da
pancarta de saída e realizar a entrada en meta.
- Hora da saída: 11:30 horas
- O tempo máximo estimado da proba é de 55 minutos
- Distancia total: 5.100 metros