Calendario
Info da proba

A Baña

01/10/2023 9:45 - 15:00
Regulamento TRAIL DA BAÑA 2023
Trail: 28,00 Km.
Mini Trail: 16,00 Km.
Andaina Longa non competitiva: 16,00 Km.
Andaina Curta non competitiva: 10,00 Km.
1. O Clube Seixos organiza coa colaboración do Concello da
Baña e a Asociación de Empresarios A Baña Emprende o
TRAIL DA BAÑA 2023, con dúas distancias na modalidade
de Trail, unha aproximada de 28 km aprox. e un desnivel
positivo de uns 780 mts, denominado Trail do Xabarín
outra distancia de aproximada de 16 km aprox. e un
desnivel positivo aproximado de uns 500 mts, as outras
duas probas na namodalidade de andaina non competitiva,
teñen unha distancia de 16 km aprox. con unha dificultade
media e outra de 10 km aprox. de dificultade baixa.
2. As probas celebraránse o Domingo 01 de outubro de 2023,
e as saidas serán as 09:45 h. nas modalidades de Trail e
as 10:00 h, para as modalidades de andaina, ambas, con
saida e chegada nas proximidades do pavillón Municipal. O
evento e libre, podendo participar tanto federados como
non federados. A idade mínima para participar en ambas
probas será de 18 años, para os menores de esta idade e
ata os 16 anos deben de ter un consentimento do titor
asinado. No caso das andainas, poden participar menores
de idade acompañados do Titor.
3. Hai un tempo máximo para completar a proba de Trail,
Mini Trail e Andaina Longa, en ningún caso está permitido
superar as 5 horas como máximo dende a saida.
transcorrido este tempo, cerrase o control de chegada
coincidindo con as 15:00h.
Hai controis de paso, e a organización poderá en todo momento
alteralos por seguridade ou por causas metereoloxicas.
A Organización reservase o dereito de poder retirar da carreira a
calquera participante que pase os controis fora do tempo
proporcionais establecidos. O participante de poder continuar
pola sua conta e risco sen ningún tipo de apoio por parte da
organización e baixo a sua responsabilidade.
Os participantes que non terminen no tempo establecido pola
Organización quedaran descalificados por tempo.
As andainas estarán auxiliadas por membros da organización no
percorrido, e nunca se poderá abandonar dito percorrido se non
está autorizado polo responsable organizativo, xa que hai partes
comuns nos percorridos das outras probas e pode xerar
confusión ou accidentes.
E responsabilidade de cada participante seguir na ruta correcta
da etapa, para o cal a Organización sinalará con todos os
medios dispoñibles os enclaves conflictivos de cada unha delas e
será motivo de descalificación non seguir o trazado designado
ou saltarse os controis de paso, así como detectar recortes no
percorrido. A Organización reservase a posibilidade de
cancelación por causa xustificada e tamén o cambio de datas e
lugares de celebración, o cal será sempre comunicado con
antelación, salvo que se teña que suspender o mesmo fin de
semana por causas climatolóxicas ou xustificadas, neste último
caso no habrá dereito a devolución da inscripción.
4. AVASTECEMENTOS.-
TRAIL: Tres líquidos e sólidos, intermedio (nº2, km.12) e (nº3,
km.19) e meta (km.28) , e Un líquido no paso intermedio (nº1,
km.6,5). Aprox.
MINI TRAIL: Tres líquidos e sólidos (nº2, km. 5), paso
intermedio (km.10), e meta (km.16) Aprox.
ANDAINA LONGA: Tres líquidos e sólidos (nº2, km. 5), paso
intermedio (km.10), e meta (km.16) Aprox.
ANDAINA CURTA: Dous líquidos e sólidos (nº2, km. 4) e meta
(km.10) Aprox.
Estes puntos kilométricos son aproximados a organización podrá
aumentar o número ou mover os avastecementos según a
climatoloxía, sempre en beneficio do desenrolo da proba.
Semi-autosuficiencia. Estas carreiras rixense por o principio da
carreira individual en semi-autonomía, e decir, a capacidade dun
corredor de organizarse a sua propia supervivencia entre dous
avastecementos, tanto desde o punto de vista alimentario como
de vestuario, o de seguridade, permitindo a resolución sen
axuda dos posibles problemas previsibles considerando o
entorno (enfermedade, problemas psíquicos, feridas, etc.). Cada
corredor debe levar durante toda la carreira todo o material
obrigatorio si é o caso ou facer caso das recomendacións con
respecto a esto que fai a Organización.
Este material pode ser requerido na saída, a vez que en calquer
momento os responsables dos puntos de control da carreira
poden solicitar una comprobación de dito material. Todos os
corredores están obligados a someterse a dito control con
amabilidade, incumplir dito control ou non levar o material
obligatorio conleva a unha retirada ou penalización.
Para este tipo de Probas non e obligatorio ningún tipo de
material auxiliar
Material Recomendable para as probas: - Impermeable, teléfono
móvil cargado, vaso e sistema de hidratación propio.
Dado do noso compromiso co medio ambiente e co fin de
evitar xerar moitos residuos, no habrá vasos plásticos,
habrá una cantidade limitada de vasos reciclados de
cartón nas zonas dos avastecementos, recomendamos a
utilización de medios propios para este fin. Os participantes
que porten envases ou residuos deberán cargar con eles ata
depositalos no avastecemento máis próximo ou na liña de meta
donde habrá depósitos para a sua recollida.
5. CATEGORIAS e PREMIOS.- As idades de referencia das
categorías tendrán que estar cumpridas na data da
carreira.
TRAIL*
 Absoluta 18 anos en adiante (todos os corredores).
 Tres primeiras clasificadas.
 Tres primeiros clasificados.
 Veteran@s 1 dende 40 anos en adiante.
 Tres primeiras clasificadas.
 Tres primeiros clasificados.
 Veteran@s 2 dende 50 anos en adiante.
 Tres primeiras clasificadas.
 Tres primeiros clasificados.
 Val de Barcala (Negreira e A Baña).
 1 primeira clasificada.
 1 primeiro clasificado.
*Premios non acumulativos.
MINI TRAIL*
 Absoluta 18 anos en adiante (todos os corredores).
 Tres primeiras clasificadas.
 Tres primeiros clasificados.
 Veteran@s 1 dende 40 anos en adiante.
 Tres primeiras clasificadas.
 Tres primeiros clasificados.
 Veteran@s 2 dende 50 anos en adiante.
 Tres primeiras clasificadas.
 Tres primeiros clasificados.
 Val de Barcala (Negreira e A Baña).
 1 primeira clasificada.
 1 primeiro clasificado.
*Premios non acumulativos
O titor que firme a autorización é o responsable en todo
momento do menor, dando consentimiento a organización de
poder grabar imáxenes ou sacar fotos dentro do recinto e
pudéndo ser publicadas ou divulgadas posteriormente. Todo
Corredor tendrá que avisar os seus acompañantes de dito
consentimento, de non facerse, o corredor asumirá toda a
responsabilidade.
Para entrar con menores o recinto de degustación habrá que
cubrir un formulario de consentimento e responsabilidade. Este
podrá solicitarse na mesa da Organización.
A inscripción realizarase online a través da web
http://www.galitiming.com realizando o ingreso a través da
pasarela de pago mediante tarxeta bancaria. Os dorsais unha
vez asignados son personais e intransferibles, debendo
colocarse na camiseta, a altura do peito, con imperdibles ou
cinta porta-dorsal, permanecendo sempre visible.
Todo corredor/corredora que porte un dorsal que no sexa o seu
poderá ser penalizado e retirado da proba e en caso de entrar
en meta en posición de pódium, será descalificad@. A retirada
de dorsais será o domingo 1 de outubro dende as 8:00h as
9:30h na carpa de secretariado na Praza do Concello, debendo
presentar para a sua retirada documento de identidad. No caso
de non poder recoller o dorsal en persoa, debese entregar unha
autorización impresa previamente firmada a un terceiro coa
documentación necesaria e mostrar fotocopia o DNI/NIE orixinal
do titular do dorsal, entregando dita autorización nas mesas de
recollida de dorsais.
No se entregarán dorsais a aqueles que no cumplan con estos
requisitos.
Haberá unha charla técnica no Domingo 1 de outubro previa as
saidas das probas, pregase atención xa que a información e
importante.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de Galitiming
por Chip, no caso dos reglamentariamente inscritos.
Todo corredor/a non inscrito será responsable de cualquer dano
ou destrozo causado durante el trascurso do evento.
A retirada da proba voluntaria debe facerse sempre nos
avastecementos e comunicarlle o personal da Organización dito
feito indicando o seu numero de dorsa.
6. INFRACCIONS.-
.-Non auxiliar ou socorrer a outro participante que se encontre
en perigo ou accidentado.
.-Realizar cualquer acción voluntaria que dane o entorno
natural.
.-Arroxar cualquer desperdicio durante o percorrido, fora dos
depósitos previstos pola Organización ou áreas de
avastecementos.
.-Non realizar o percorrido completo.
.-Non llevar o dorsal, manipúlalo ou cedelo a outra persoa.
.-Alterar os datos facilitados a Organización con respecto os que
figuren no seu D.N.I ou N.I.E.
.-Comportamento non deportivo ou non respetuoso con
organizadores, colaboradores, público e outros participantes.
.-Responsabilidade ou participación neglixente nun accidente no
que se ve envolto outro participante.
.-Cualquer outro motivo non reflexado entre os puntos
anteriores que se considere sancionable pola Organización. A
Organización podrá designar una sanción tanto de tempo como
de suspensión do participante.
7. TROCOS.-
A Organización reservase o dereito de realizar cualquer cambio
por necesidades organizativas ou polo beneficio dos
participantes, debendo comunicalo os mesmos antes da saída ou
cuando sea posible durante o transcurso da mesma. Ademáis
podrá suspender e aprazar a proba si se observa un risco para a
seguridade dos participantes, por causa de forza maior, por
condicións meteorológicas extremas que o desaconsellen ou
cualquer otro motivo que esté xustificado. Cualquer modificación
se notificará debidamente.
8. RESPONSABILIDADE.- Cada participante no momento
da súa inscripción manifesta encontrarse en unha forma
física e psíquica adecuada para afrontar o reto desta proba
e asume o risco derivado desta práctica deportiva.
A Organización non se fai responsable dos danos, perxuicios ou
lesións que os participantes poidan sufrir ou causar a terceiros,
como tampouco dos gastos, deudas ou danos que pudieran
contraer durante o evento. A Organización, ten suscrito un
seguro de R.C. e otro de accidentes para todos os participantes
debidamente inscritos que cubrirán as incidencias dentro da
proba. Quedan excluidos da póliza os casos derivados dun
padecimento latente, inobservancia das leis, imprudencia, os
producidos por desprazamento a ou desde o lugar no que se
desarrola a proba.
9. ACEPTACIÓN, DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E
PROTECCIÓN DE DATOS.- Os participantes, polo feito de
inscribirse libre e voluntariamente, declaran coñecer e
aceptar plenamente o presente Regulamento. No caso de
dudas ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo, prevalecerá o que dispoña a tal efecto a
Organización. Polo sólo feito de inscribirse, o participante
declara o seguinte:
Encontrome en estado de saúde óptimo para participar no Trail
da Baña 2023. Ademais, eximo de toda responsabilidade a
Organización, patrocinadores e otras institucions participantes
ante cualquer accidente o lesión que puidera sufrir antes,
durante e ou despois do evento deportivo, renunciando dende
xa a cualquer acción legal en contra de calquera das entidades
mencionadas.
Autorizo ademáis a que a Organización faga uso publicitario de
fotos, videos e cualquier outro tipo de material audiovisual no
que poida figurar eu e acompañantes ou outros corredores que
eu inscriba, debendo notificalos de dita cesión ou autorización, e
aceptando a publicación de nomes e apelidos na clasificación da
proba, e nos medios de comunicación e/ou Internet, sin esperar
pago, compensación ou retribución algunha por este concepto”.
O Clube Seixos ou cualquer otro patrocinador da proba, por si
mesmos ou mediante terceiras entidades, podan almacenar,
tratar como establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de
Decembro, da protección de Datos de Carácter Persoal, todos os
datos personais facilitados por os participantes e as imáxes
obtidas no desenrrolo da carreira serán almacenadas en
ficheiros da entidade coa finalidade de xestionar a participación
na carreira, así como a promoción, a distribución, e a difusión da
mesma. Pudendo en cualquer momento exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando un escrito
acompañado do seu DNI o mail:
seixosrutasenxebres@gmail.com
A efectos de notificación todo corredor inscrito autoriza como
medio de notificación legal o correo electrónico e o móvil.