Calendario
Info da proba

Tui

15/04/2023 11:00 - 12:00
Regulamento O próximo Sábado 15 de Abril o Club Atletismo Tui e o Concello de Tui organizarán unha nova edición da Carreira Popular Solidaria de San Telmo.
Información Xeral
Acreditacións e entrega de dorsais: de 9.30 a 10.45 horas no paseo da Corredoira para a Carreira dos maiores e ata 15 minutos antes de cada saída para os demais.
Horarios das Probas.
Categoría Ano Nacemento
Horario Distancia
Xuvenil – Junior 2004/2007 11.00h 5000 m.
Senior entre 1988 e 2003 11.00h 5000 m.
Veterán A entre 1978 e 1987 11.00h 5000 m.
Veterán B 1977 ou anterior
11.00h
5000 m.
Cadete
08/09 11.45h 1875 m.
Infantil 10/11 11.45h 1875 m.
Alevín 12/13 12.00h 680 m.
Benxamín 14/15 12.15h 340 m.
Prebenxamín 16/17 12.30h 170 m.
Pitufos 18/19/20 12.45h 100 m.
Entrega de Premios: 13 horas aproximadamente para a carreira absoluta. Ao remate de cada carreira para as carreiras dende Pitufos ata Cadetes.
A soa inscrición nesta proba implica a total aceptación das condicións recollidas no seguinte regulamento.
Inscricións
Cubrindo o seguinte formulario.
O prazo de inscricións pechará o mércores previo á carrera ás 22h.
Non se admiten incricións fora dese prazo, nin no mesmo día da proba.
A inscrición é gratuíta estando aberto no momento de recollida do dorsal a “Operación Kilo” que consistirá na entrega de 1 kilo de alimentos non perecedoiros que serán doados.
Categorías
Pitufos: nados nos anos 18/19/20.
Prebenxamín: nados nos anos 16/17.
Benxamín: nados nos anos 14/15.
Alevín: nados nos anos 12/13.
Infantil: nados nos anos 10/11.
Cadete: nados nos anos 08/09.
Xuvenil – Junior: nados entre 2004 e 2007.
Senior: nados entre 1988 e 2003.
Veterán A: nados entre 1978 e 1987.
Veterán B: nados en 1977 ou antes.
Circuitos
Con saída e meta no paseo da Corredoira a carreira consta dun circuito grande de 2330 metros e outro pequeno de 340. Na carreira absoluta hai que dar unha volta ao circuito pequeno e logo dúas ao grande para completar os 5000 metros. A carreira infantil e cadete consiste en dar unha volta mediana, que recorta a parte que baixa ao paseo fluvial da volta grande. A carreira Alevín son dúas voltas pequenas. A Benxamín está formada por unha volta pequena. A Prebenxamín é media volta pequena, mentres que os Pitufos fan 100 metros na Corredoira.
Premios
Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín no apartado feminino e masculino e medallas para os máis pequenos. Ademais entregarase premio ao 1º e 1ª tudense clasificados no apartado absoluto.
Organizadores
Concello de Tui
Club Atletismo Tui