Calendario
Info da proba

O Pino

23/04/2023 10:00 - 13:00
Regulamento A Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle organizará o domingo 23 de abril de
2023 a II Edición do Trail-Cros Comarca do Ulla - Tambre.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Como novidade, nesta edición tamén contaremos cunha andaina de 5 quilómetros
aproximadamente proba aberta a tódolos públicos a fin de fomentar o deporte, que discurrirá
durante catro quilómetros polo percorrido do trail-cros acampañando aos corredores.
A proba do Trail-cros rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META
O Trail-cros Comarca do Ulla - Tambre terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAÍDA MEDA
10:00 H Trail-Cros 18 km Área Recreativa
de Brandelos
(Touro)
Cruceiro de Arca
O Pedrouzo (O
Pino)
Ubicación do lugar de SAÍDA (Área Recreativa de Brandelos – Touro):
• https://goo.gl/maps/kwQ1P5RAG55Shbfc8
Ubicación do lugar de META e punto onde se collen os autobuses para traslado ao lugar de
saída (Cruceiro de Arca O Pedrouzo – O Pino):
• https://goo.gl/maps/ZuyLS9doQboXaXuB7
Os participantes tanto do TRAIL como da ANDAINA serán trasladados en autobús desde o
Cruceiro de Arca, O Pedrouzo (O Pino) ate o punto os distintos puntos de SAÍDA (Artigo 7).
A proba da andaina será de 5 quilómetros aproximadamente, sairá as 10:30 horas da
Carballeira do San Pedro (O Pino) e a chegada será a mesma do trail-cros sito Cruceiro de Arca
O Pedrouzo – O Pino
Ubicación do lugar de SAÍDA da andaina:
• https://goo.gl/maps/1wGJpsv31EvwshqDA
Ubicación do lugar de META da andaina:
• https://goo.gl/maps/ZuyLS9doQboXaXuB7
Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MÍNIMA DE PARTICIPACIÓN
CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL
ANDAINA
ANDAINA: Poderá participar calquera persoa federada ou non federada,
independentemente da súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen
clasificación ou resultado algún.
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no Trail no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING,
polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da
súa correspondente licencia. Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de
día.
Todos os participantes inscritos na andaina no prazo preciso correrán cunha licenza de día da
Federación Galega de Atletismo que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de
responsabilidade civil.
Artigo 4. DISTANCIAS E
DESNIVEIS TRAIL-CROS
• DISTANCIA:
Trail: 18,00 km aprox.
• DESNIVEL POSITIVO:
Trail: 750 m aprox.
• DESNIVEL ACUMULADO:
Trail: 1.450 m aprox.
ANDAINA:
5 km
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
• PÁXINA WEB: https://www.carreirasgalegas.com/calendario e https://atletismo.gal/
• PECHE DE INSCRICIÓNS: mércores 19 de abril ás 23.59 h
• PREZOS DA INSCRICIÓN TRAIL-CROS: 12,00 €
• PREZO DA INSCRICIÓN ANDAINA: 4,00 €
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais para o Trail-cros e andaina poderán recollerse no mesmo día a partir das 08:15 horas
no lugar de meta (Cruceiro de Arca, O Pedrouzo (O Pino).
Ubicación: https://goo.gl/maps/HAMLT7JahzjzrHav5
Artigo 7. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAÍDA DO TRAIL-CROS E ANDAINA
Para poder participar no Trail-Cros, trasladarase aos participantes desde o punto de meta
(Cruceiro de Arca, O Pedrouzo (O Pino), ao punto de saída das probas (Área Recreativa de
Brandelos - Touro) do seguinte xeito:
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS
AUTOBUSES E DIRECCIÓN
TRAIL – CROS A partir das 08:30 horas Saída dos autobuses do
Cruceiro de Arca, O Pedrouzo
(O Pino) en dirección a Área
Recreativa de Brandelos
(Touro)
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS
AUTOBUSES E DIRECCIÓN
ANDAINA Ás 10:00 horas Saída dos autobuses do
Cruceiro de Arca, O Pedrouzo
(O Pino) en dirección á
Carballeira de San Pedro (O
Pino)
Artigo 8. PERCORRIDO TRAIL e ANDAINA
TRAIL-CROS
O percorrido sairá da Área Recreativa de Brandelos no Concello de Touro ata o miradoiro do
Couto de San Sebastián, tramo técnico que dará paso a un tramo de pistas forestais non
técnicas que comunicarán os Concellos de O Pino e Touro.
Xa no Concello do Pino ascenderase ate o miradoiro do Picón e baixarase cara o lugar de
Astrar, aumentando de novo a complexidade técnica ata meta ubicada no cruceiro de Arca, O
Pedrouzo (O Pino) (ubicación: https://goo.gl/maps/ZuyLS9doQboXaXuB7 – Avda da Igrexa - O
Pedrouzo).
ANDAINA
Saída da Carballeira de San Pedro (O Pino) en dirección Astrar, continuando os outros 4 km
seguindo o percorrido do trail-cros que pasará pola Carballeira de Santa Cristina cerca do Pazo
do Picón.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
 Premios en produtos da zona para 3 primeiros/as clasificados/as de cada
categoría establecida no presente regulamento, senior, M1, M2, M3, absoluto/a
Premio “especial sorpresa” para o/a primeiro/a absoluto/a
Premio “especial sorpresa” para o/a primeiro/a absoluto/a atleta local (enténdese por local
tanto os empadroados no Pino como en Touro)
Os premios non serán acumulativos a excepción do primeiro/a absoluto/a atleta local.
 AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como
na Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os
autobuses).
PREMIOS ECONÓMICO A CLUBES: Daranse premios económicos aos 3 primeiros equipos
federados. Para elo tomarase como referencia aos 6 primeiros clasificados/as de cada equipo,
a suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor
clasificado/a do equipo). Os equipos poderán ser mixtos.
1º equipo federado 150€
2º equipo federado 100€
3º equipo federado 75€
A entrega de premios realizarase a partir das 13:00 horas no lugar de META , tempo límite para
entrar en meta.
Artigo 10. AVITUALLAMENTOS
Haberá 3 puntos de avituallamento no Trail (2 no percorrido, e 1 na meta). Será obrigatorio
levar avituallamento persoal ou mochila de hidratación:
• AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO KM 5 APROX
• AVITUALLAMENTO 2: LÍQUIDO E SÓLIDO KM 11 (monte do Picón)
• AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO
MATERIAL OBRIGATORIO: será obrigatorio levar mochila de hidratación e teléfono móvil.
Artigo 11. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde
de 30’ despois da publicación dos mesmos. Todo o non recollido no presente reglamento
rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas de Trail Running.