Calendario
Info da proba

Santiago

16/04/2023 16:30 - 18:00
Regulamento 10 K Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña organizará coa colaboración do Concello de Santiago de
Compostela, o vindeiro 16 de abril de 2023 a proba “Os 10000 peregrinos da Deputación da
Coruña”, unha proba que entra dentro da especialidade de atletismo en ruta e que constará
das seguintes probas:
• Carreira de 10 km en ruta, proba homologada pola Real Federación Española de
Atletismo;
• Carreira de 5 km en ruta, proba homologada pola Real Federación Española de
Atletismo:
• Carreira de 2 km en ruta, proba non homologada;
• Andaina de 5 km en ruta.
Esta proba celebrarase coa intención de impulsar a participación entre os nenos/as,
mozos/as e maiores da provincia da Coruña, creando unha proba de gran relevancia no
atletismo provincial e autonómico, para fomentar e promocionar o deporte en xeral a través
da práctica do pedestrismo, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar
nunha proba única na provincia da Coruña, nun rango de idade que dará cabida a desde os
máis xoves ata os de maior idade.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e rexerase polo seguinte regulamento:
1.- Horarios
HORA PROBA
16:30 h 10 km homologados pola RFEA
18:00 h 5 km homologados pola RFEA
18:05 h Andaina popular de 5 km
19:15 h 2 km escolares
20:00 h Entrega de premios (Praza do Obradoiro)
2.- Participantes e inscricións
Poderán participar un total de 3000 deportistas distribuídos do seguinte xeito:
• 1300 atletas como máximo para a proba de 10K;
• 800 atletas para a proba de 5K;
• 600 atletas para a proba de 2K;
• 300 participantes nunha andaina para tódolos públicos.
Se nalgunha proba das anteriormente mencionadas non se completasen as prazas
ofertadas, procederemos a aumentar ditas prazas noutra modalidade.
3.- Cota e prezos de inscricións:
As inscricións realizaranse a través da plataforma de inscrición en liña inserida na páxina
web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.
Os prazos e cotas de inscrición serán os seguintes:
Proba de 10 K (adultos): GRATUITA
Proba de 5 K (adultos): GRATUITA
Proba de 2 K (escolares): GRATUITA
Andaina de 5 K: GRATUITA
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 15 de marzo ao 12 de abril de 2023.
Cada participante só se poderá inscribir nunha das probas ofertadas. Deberán indicar a
talla de camiseta (agasallo do participante) no momento da inscrición.
4.- Lugar de saída e meta das probas e data de celebración.

O 10K Deputación da Coruña celebrarase en Santiago de Compostela a mañá do 16 de abril
de 2023.
A saída de todas as probas será desde a rúa San Francisco. A meta estará ubicada na
Praza do Obradoiro.
5.- Categorías dos participantes:

10 k
5 k
CATEGORÍA ANO
Xuvenís / sub 18 2006-07
Xuniors/sub 20 2004-05
Promesa/sub 23 2001- 2002 -2003
Senior 1989-2000
Master 1 1983-1988
Máster 2 1973-1982
Máster 3 1963-1972
Máster 4 1962 e anteriores

2 k

CATEGORÍA ANO
Cadetes / sub 16 2008-09
Infantiles / sub 14 2010-11
Alevíns / sub 12 2012-13
ANDAINA

2015 e anteriores
CAIXÓNS DE SAÍDA:
Nas probas de 10 k e 5 k estableceranse caixóns de saída por orde de marcas, para o cal
os/as participantes terán que facilitar a marca oficial na distancia no momento de realizar a
súa inscrición.

PECHE DE CONTROL:
A proba de 10 K pecharase ás 11:15 horas. Todo/a participante que transcorrido ese tempo
non chegase a meta, quedará fora de carreira.
6.- Sistema de clasificación para premios
Outorgaranse só na proba de 10 km homologada os seguintes premios económicos por
clasificación:
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º 900 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
2º 650 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
3º 500 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
4º 350 € Realizar 33:00 ou menos Realizar 36:00 ou menos
5º 250 € Realizar 34:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
6º 150 € Realizar 34:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.

Atletas galegos/as (premios acumulable coa xeral)
(1):
POSTO PREMIO
CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º Galego/a 500 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 36:00 ou menos
2º Galego/a 300 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 36:00 ou menos
3º Galego/a 175 € Realizar 33:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
4º Galego/a 125 € Realizar 34:00 ou menos Realizar 38:00 ou menos
5º Galego/a 100 € Realizar 34:00 ou menos Realizar 38:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
(1) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o
seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento á
dirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Os premios económicos non son acumulativos (levarase o de maior contía) outorgándose
os premios non entregados ao seguinte que lle corresponda segundo a súa clasificación..
7.- Trofeos
Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos das probas de 10
k e 5 k, e os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento.
8.- Entrega de premios
A entrega de premios terá lugar a partir das 13.00 horas na Praza do Obradoiro.
9.- Avituallamentos
Haberá servizo de avituallamento líquido no punto km 5 da proba de 10 k, e avituallamento
líquido e sólido no resto de probas.
10.- Entrega de dorsais .-
A entrega de dorsais terá lugar nos seguintes prazos:
LUGAR: PROXIMAMENTE
➢ Horarios e días:
▪ 14 de abril de 16:00 a 20:30 horas
▪ 15 de abril de 10:00 a 20:30 horas
ENTREGARANSE DE XEITO EXCLUSIVO DORSAIS O DÍA
DA PROBA DE 08:30 a 09:30 HORAS NA PRAZA DO OBRADOIRO
10.- Circuíto
As probas disputaranse sobre un circuíto de 10 km en ruta, e outro de 5 km en ruta,
ambos homologados pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán ao
ranking galego e nacional en ambas distancias. Os circuítos estará publicados nas
páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal.
Tamén haberá un percorrido de 2 km non homologado para as categorías escolares.
A saída de todas as probas será na Rúa San Francisco e a meta será na Praza do
Obradoiro.
OS PERCORRIDOS QUEDARÁN PECHADOS AO TRÁFICO RODADO A PARTIR DAS 09:30 H.
11.- Servizo de duchas e fisioterapia
Habilitaranse servio de duchas e vestiarios (comunicarase o lugar antes da celebración
da proba), e servizo de fisioterapia na zona de chegada das probas (praza do Obradoiro)
12.- Outra consideración regulamentarias
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta
da FGA e da RFEA en vigor.
A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante
declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico
que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á
organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes Deportivos e Responsabilidade Civil que
cubrirá as incidencias inherentes á proba.