Calendario
Info da proba

Serra do Barbanza

09/04/2023 10:00 - 14:00
Regulamento TRAIL SERRA DO BARBANZA.
X CARREIRA DE MONTAÑA CONCELLO DA POBRA DO
CARAMIÑAL
VIII CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO DE
2023
O Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación de Deportes e Atletismo do Barbanza e a Federación
Galega de Atletismo organizarán no domingo 9 de abril de 2023 o Trail Serra do Barbanza, X Carreira
de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal, que será, pola súa vez, o VIII CAMPIONATO DE
GALICIA ABSOLUTO E DAS CATEGORÍAS SUB-20, SUB-23 E MÁSTER DE TRAIL DE 2023.
A proba entra dentro da especialidade atlética do trail running e estará baixo o control técnico do
Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexerase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META
O Trail Serra do Barbanza terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAÍDA META
10:00 h TRAIL CURTO 14 km aprox. Miradoiro da
Curotiña
Miradoiro da
Curotiña
10:00 h TRAIL 25 km aprox. Miradoiro da
Curotiña
Miradoiro da
Curotiña
10:00 h CAMPIONATO
DE GALICIA
DE TRAIL
25 km aprox. Miradoiro da
Curotiña
Miradoiro da
Curotiña
Situación do lugar de SAÍDA da proba: https://goo.gl/maps/pRa57qi4eJ12 .
Os/as participantes tanto na modalidade do TRAIL CURTO coma na modalidade do TRAIL teranse que
presentar no lugar da saída coa suficiente antelación para recolle-los dorsais de competición e
pasaren á correspondente CÁMARA DE CHAMADAS (só participantes no Campionato de Galicia de
TRAIL).
O CAMPIONATO DE GALICIA REALIZARASE NA DISTANCIA DE TRAIL
(25 KM APROX.) PARA AS CATEOGORÍAS SUB 23, MÁSTER E ABSOLUTA, E NA
DISTANCIA DE TRAIL CURTO PARA A CATEGORÍA SUB 20
Artigo 2. CATEGORÍAS e IDADE MÍNIMA DE PARTICIPACIÓN
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA A MODALIDADE DO TRAIL CURTO
CATEGORÍA DATAS DE NACEMENTO
SÉNIOR
MASC./FEMININO
Nados/as desde 2005 ate Máster
MÁSTER 1 MASC./
FEMININO
Nadas/os entre 1978 e 1988
MÁSTER 2 MASC./
FEMININO
Nadas/os entre 1973 e 1977
MÁSTER 3 MASC./
FEMININO
Nadas/os en 1972 e anteriores
ABSOLUTA
MASC./FEMININO
Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA A MODALIDADE DO TRAIL TRAIL LONGO
CATEGORÍA DATAS DE NACEMENTO
SÉNIOR
MASC./FEMININO
Nados/as desde 2001 ate Máster
MÁSTER 1 MASC./
FEMININO
Nadas/os entre 1978 e 1988
MÁSTER 2 MASC./
FEMININO
Nadas/os entre 1973 e 1977
MÁSTER 3 MASC./
FEMININO
Nadas/os en 1972 e anteriores
ABSOLUTA
MASC./FEMININO
Calquera das categorías anteriores
AS CATEGORÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL SERÁN AS OFICIALMENTE ESTABELECIDAS
NA CIRCULAR DO CAMPIONATO PUBLICADA NA WEB -> https://atletismo.gal/circulares/
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado/a. Tódolos/as participantes
inscritos/as no prazo preciso correrán cunha licenza de día de trail running que incluirá un seguro de
accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán federadas no deporte de
atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os/as deportistas federados/as polo
deporte do atletismo estarán cubertos/as polo seguro da súa correspondente licenza. Para o resto de
participantes subscribirase un seguro de licenza de día de trail running.
Artigo 4. DISTANCIA E DESNIVEL
DISTANCIA
Trail Curto: 14 km aprox.
Trail: 25 km aprox.
DESNIVEL POSITIVO:
Trail Curto: 654 m aprox.
Trail: 1 122 m aprox.
DESNIVEL ACUMULADO:
Trail Curto: 1 308 m aprox.
Trail: 2 224 m aprox.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
. INSCRICIÓNS PROBAS POPULARES: faranse a través das páxinas web
www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal
. INSCRICIÓN PARA O CAMPIONATO GALICIA DE TRAIL: a través da web
https://isis.rfea.es/sirfea2/
- APERTURA DE INSCRICIÓNS: mércores 15 de marzo ás 10.00 h.
- PECHE DE INSCRICIÓNS: martes, 4 de abril ás 23.59 h.
- PREZOS DA INSCRICIÓN:
*Trail Curto: 10 euros
*Trail Longo: 15 euros
A INSCRICIÓN DOS PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL DE 2023
SERÁ GRATUITA. ESTA INFORMACIÓN SERÁ PUBLICADA NA CIRCULAR DO CAMPIONATO
E PECHARASE O PRAZO DE INSCRICIÓN O LUNS 3 DE ABRIL ÁS 20.00 HORAS.
PARA OPTAR AOS PREMIOS DOS TRAILS POPULARES CURTO E LONGO DEBERÁN
FORMALIZAR A SÚA INSCRICIÓN NA WEB www.carreirasgalegas.com
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para o Trail Popular coma para o Campionato de Galicia poderanse recoller a partir
das 08.45 horas no lugar de SAÍDA das probas.
Artigo 7. PREMIOS e AGASALLOS
Estabeleceranse ademais os seguintes premios e agasallos para os TRAIL POPULAR, Trail Curto e Trail
Longo:
▪ premios ós/ás 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría estabelecida neste
regulamento
▪ premios ós/ás 3 primeiros clubs da clasificación do Trail Curto e Trail
▪ AGASALLO TÉCNICO para tódolos/as participantes (Poderano recoller xunto co dorsal de
competición antes da saída das probas.)
Premios e agasallos para o CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL:
▪ medallas no Campionato de Galicia Segundo Circular ( https://atletismo.gal/circulares/ )
A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas no lugar da saída / meta das probas.
• PREMIOS ESPECIAIS A CLUBS NA DISTANCIA DE TRAIL: Daráselle-lo trofeo ós 3 primeiros
equipos tanto federados coma populares (deberanse inscribir coa mesma denominación e
igual indumentaria) da clasificación do Trail.
Para iso tomarase como referencia os/as 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma
dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6.º/6.ª mellor clasificado/a
do equipo). Na confección deses/desas 6 primeiros/as clasificados/as deberán puntuar
obrigatoriamente 2 mulleres como mínimo e os equipos deberán ser MIXTOS.
OS/AS ATLETAS QUE PARTICIPAREN NO CAMPIONATO DE GALICIA NON PODERÁN OPTAR A
NINGÚN TIPO DE PREMIO, NIN SUMAR POSTOS PARA A CLASIFICACIÓN DOS SEUS EQUIPOS
DO TRAIL POPULAR, SE NON FAN O ABOAMENTO DA COTA DE INSCRICIÓN.
Artigo 8. TRACK DAS RUTAS:
- TRAIL CURTO: PROXIMAMENTE
- TRAIL LONGO: PROXIMAMENTE
Artigo 9. TEMPOS DE CORTE NO TRAIL DE 25 KM
Estabelecerase un punto intermedio (km 11.4 aprox. punto de avituallamento 2) . Tódolos/as atletas
que non pasaren por ese punto antes das 12.15 h serán retirados/as da competición e terán que
voltar á meta polo percorrido do Trail Curto.
O tempo de peche da carreira será de 4 h dende o inicio da proba (14.00 h).
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS e LOCALIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS
Polideportivo da Tomada: a ligazón coa situación é https://goo.gl/maps/whYEbue58u92
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 3 puntos de avituallamento no Trail Curto e 4 no Trail. Os/as atletas deberanse avituallar
eles/elas. Será OBRIGATORIO levar un envase de avituallamento persoal ou unha mochila de
hidratación:
- AVITUALLAMENTO 1: (común) só líquido – punto no km 8.5 aprox.
- AVITUALLAMENTO 2: (común) líquido e sólido – punto no km 11.5 aprox.
- AVITUALLAMENTO 3: (só Trail) líquido e sólido – punto no km 23.4 aprox.
- AVITUALLAMENTO META: (común) líquido e sólido - punto no km 14.00 aprox.
- punto no km 25.00 aprox.
Artigo 12. MATERIAL OBRIGATORIO
A lista de material obrigatorio que se poderá controlar total ou parcialmente na saída, no percorrido
e na meta é o seguinte:
- Un dorsal co chip na súa parte traseira (Non se debe manipular);
- Un teléfono móbil operativo e coa batería cargada;
- Un sistema de hidratación (mínimo 0.5 litros na saída);
- Un sistema impermeábel (só no caso de choiva).
Artigo 13. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ó calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamacións ós resultados oficiais realizaránselle ó xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30
minutos despois da súa publicación.
Todo o non recollido neste regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas do
trail running.